Información sobre a historia da SCD Malpica. Resultados e crónicas de tódalas xornadas.
Libros
miércoles, 26 de febrero de 2014
Táboas dos goleadores despois da última xornada disputada:
Continúan materializando goles os principais dianteiros dos equipos da segunda da "costa", ninguén quere quedar descolgado, se un non consegue marcar na xornada, achéganselle os outros, así as cousas e, coa cabeza da táboa mais emparellada ca nunca, pois son 3 os que agora empatan a 16 tantos, seguidos a curta distancia polos outros sete, xa que a distancia entre os primeiros dez clasificados, só é de 3 goles, a competencia esta tempada esta moito mais reñida ca noutras anteriores, a falta de dez xornadas para a finalización do campionato.
Na 1ª Autonómica Grupo 2º, tamén a falta de dez xornadas, o "pichichi" é cousa de tres, salvo reacción ampla dos perseguidores, ou lesión dos tres primeiros clasificados, cousa pouco improbable, debido a distancia que atesouran. En canto aos goleadores malpicáns, Óscar Suárez, practicamente inazcanzabel, Kevin, en xuvenís lixeiramente destacado e, en veteranos, Richard, marcha destacado.
Dende que colaborei na creación do club e se formou o primeiro equipo, sigo á SCD Malpica durante cada xornada ata tódolos campos nos que xoga. Luis E. Porto Varela
Contador de Visitantes
Tras 200.000 visitas recibidas, seguimos sumando...
Contador web