“LIII” edición da “Copa da Costa”- Oitavos de final - Ida:
Resultado: MAZARICOS
CF 3 - 2 SCD MALPICA
MAZARICOS CF: Miguel; Miguel Riveiro,
Estefano, Ricardo, Matías, Ferreiro, (Martín, 80), David García, Esteban
Pereiro, Chenel, Molinos, Brais, (Ángel, 78).
SCD MALPICA: Víctor; Alejandro Marquez, Casais, O. Moscoso,
Rubén, Eloi Vilas, Roi Carril, Petís, Cololo, (Carlos Mallo, 28), Jaco, Charro,
(Migueliño, 64).
Árbitro: Sr. Daniel Fraga Viñuelas.- (1ª Aut.- A Coruña).- Magnífica labor.
Goleadores: 1-0, m. 8: David García efectúa un saque de curruncho moi pasado, a esquerda de Víctor, o
“coiro” recólleo Brais, que pugna con Alejandro Marquez, antes de que se lle
vaia pola liña de fondo consegue pasarlle a Chenel, o cal a reviravolta, sorprende
cun tiro raso que se cola entre as pernas de Moscoso e penetra na portería. 2-0, m. 20: mentres os malpicáns
protestan ao colexiado unha falta en contra, o lateral Estefano, moi pillamente,
saca rápido en longo sobre David García, completamente só por banda dereita,
este encara a Víctor e báteo cun tiro raso. 3-0, m. 54: o local Ricardo
dende o círculo central envía un pase en profundidade sobre Chenel, que, o malpicán Rubén non acerta a cortar, o rápido dianteiro,
no man a man con Víctor, báteo na súa saída. 3-1, m. 75: saque de banda longo de Alejandro Marquez sobre a testa
de Roi Carril, que peitea o “coiro” cara atrás, recibe Petís na área pequena e fusila ao
fondo da rede a media volta. 3-2, m. 85:
xogada de Jaco na liña de medios, caracoleando co “coiro” a varios rivais,
pasa sobre Roi Carril, desmarcado dentro da área que dispara a porta, o balón
toca nun defensor e sae rexeitado con moito efecto cara un vértice da área
pequena, Eloi
Vilas que chega lanzado fusila con rabia a rede.
Ambiente e incidencias: Só uns 70 seareiros nas bancadas ao comezo do
partido que foron aumentando ao termino do fútbol televisado ata a pasar dun
cento de persoas. Tarde desapacible con lixeira chuvia e brétema que por veces
impedía a visibilidade, 12º de temperatura. No min. 27 tivo que retirarse mancado
o dianteiro malpicán Cololo cun tirón muscular. Non houbo expulsados.
Xogadas perigosas do Mazaricos CF: m. 35: escapada de David García en pugna con Rubén, este logra desviar o “coiro”
cando o dianteiro local procedía a bater a Víctor. M. 46: internada de Chenel por banda dereita, marcha por velocidade
de Mocoso e centra medido aos pes de David García, o cal só dende o punto de
penalti, tira alto. M. 51: formidable
parada de Víctor, tras combinada xogada entre David García e Chenel con tiro
deste último.
Xogadas perigosas SCD Malpica: m. 7: chupinazo de Jaco dende 30 metros que sae lambendo o traveseiro. M. 60: gran xogada combinada de
todo equipo malpicán dende a defensa, tocando e tocando o “coiro”, por último
Eloi Vilas, mete sobre Roi Carril dentro da área, este lanza un tiro moi colocado
pero algo suave que lle da tempo ao porteiro Miguel, atallalo brillantemente.
Comentario: Mal se puña o
partido para o homes de Esmorís, cando
xa aos 20 min. os de Mazaricos se adiantaban con dous goles, e,
para colmo de males, tiña Cololo que abandonar mancado o terreo de xogo.
Aguantouse como se puido toda a primeira parte sen alteración do marcador, pero
cos locais sempre roldando a portería malpicán.
Ao comezo da segunda parte, as cousas empeoraron co terceiro gol dun
acertado, perigoso e veloz Chenel, un goleador nato, que cos seus desmarques
facía sufrir e moito a defensa da SCD Malpica, incapaz de frealo.
Todo cambiou para os
malpicáns , coa entrada de Migueliño - non puido chegar ao comezo – por un
desacertado hoxe Charro, o equipo comezou a funcionar e froito delo chegaron os
dous goles que, aínda fan salvable a eliminatoria de cara ao partido de volta.
XIII Edición
da “Copa da Costa” de fútbol Veterano, (Dezaseisavos de final (volta):
Resultado: MALPICA 1 – 4 CASTRIZ
Aliñación: Juan; Luís Naya, Chucho, Alb. Carballo, Luazas; Abel,
Leo, Mútiu, Whasi; Bugallo, Bambán.
Árbitro: Sr. Gonzalo.- Estivo ben.
Goleadores: 0-1, m. 25: Capelo. 1-1, m. 27: saque de curruncho
executado por Mútiu, o visitante Daniel Pazos, de impecable testarazo,
introduce o esférico na súa propia porta.1-2,
m. 50: Guillín de xogada individual. 1-3, m. 70: man a man de Guillín co
porteiro local Juan, rexeita este en gran saída tapando moi ben a portería, o
rexeite cáelle a Capelo, que non ten mais que empurrar a rede de tiro a
media altura. 1-4, m. 84: Alfonso, nunha xogada similar as anterior.
Incidencias: Mañá nubrada na “Pedra Queimada” con temperatura agradable. Non houbo
mancados nin expulsados.
Comentario: Tiñan moitas
esperanzas postas os veteranos malpicáns nesta eliminatoria que os clasificaría
para Oitavos, tralo empate colleitado en Castriz. Pero infortunio cebouse na
maioría de efectivos que, por causas que non contaban, tiveron viaxes, (J.L.
Arcay), ocupacións, (Alb. Coruña, Alb. Barizo, Alb. Seaia,) e lesións,
(Alfredo, Marco, Marcelino), non
puideron acudir a cita.
Así as cousas e, tan só con 11 futbolistas xustos, plantaron cara na
primeira parte a todo un 1ª División, logo na continuación, as pernas pesáronlle
moito aso locais, e os goles do Castriz, foron caendo un tras outro ata
conseguir o triunfo que os planta nos Oitavos de final.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!