Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 30 de septiembre de 2018

Fútbol da Costa Marcadores 3ª Xornada::

    Á terceira foi a vencida... logo de tres xornadas disputadas á SCD Malpica consegue a sua primeira vitoria a costa dun intensivo pero tamén inocente Lira CF.
    O equipo Lirés, presentouse na "Pedra Queimada" con once futbolistas, e, segundo o seu preparador Diego Lobelos, das dezaseis fichas das que dispón, seis futbolistas están mancados.
     En canto ao partido, dicir, que o triunfo malpicán non foi nada fácil, pois aínda que se conseguiu adiantar pronto no marcador non se matou o partido ata o min. 86. Ata ese momento o Lira CF, tremou sen moitos agobios dos futbolistas da SCD Malpica que, abusaron en exceso de individualistas.
    Aliñación da SCD Malpica: 
Toni; Mante, Belar, J. Fuentes, Jorge, Gonzalo, Andy, (Brais Lado, 46), Aitor, (Roberto, 71), Martín, (Brais Ceán, 76), Dani Casal, Marcos, (Dimitri, 85). 
    Goleadores: 1-0, m. 16: Gonzalo Vilariño. 2-0, m. 84: Brais Lado.
 









 











 


 Veteranos:
   Primeira derrota da Asociación de Veteranos da SCD Malpica. Na terceira xornada patinou o clube malpicán, e foron os correosos e intensos veteráns de Fisterra os que lle infrinxiron esta merecida derrota; tras unha primeira parte de iniciativa malpicán na que fallaron boas ocasións, acabaron cedendo ante o mellor fondo físico local nos últimos vinte minutos.

   Goleadores:  1-0, m. 63: Rubén Pazos. 2-0, m. 76: Dani Pose. 3-0, m. 90: Rivas.

Marcadores da xornada e clasificacións: 
















AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 27 de septiembre de 2018

Axenda de partidos da SCD Malpica desta semana:


    Recibe á SCD Malpica na "Pedra Queimada", na terceira xornada de competición, ao Lira CF equipo este, fundado na Tempada 1979/80. Leva por tanto competindo na "costa" 40 tempadas coa actual; repartidas da segunte maneira: Oito, en 1ª Aut., 23 na 2ª e 9 na 3ª.
       Non tivo moi vo comezo na liga esta tempada, pois, tras perder en Zas n 1ª xornada pola mínima (3-2), caeu derrotado no seu campo (0-5) ante o Mazaricos CF, (actualmente xoga en "Lombáns"-Carnota). Ten 0 puntos, 2 goles a favor e 8 en contra.
      Polo que atañe á SCD Malpica, trala contundente derrota da 1ª xornada ante o Muros, puido emendar algo ante a UD Cerqueda, senón o resultado, sí o xogo despregado. 

       En canto aos veteranos, estes, tras dúas xornadas, ocupan unha meritoria 3ª praza na clasificación.

        A continuación achégase cadro de horarios e arbitros para á xornada.

 

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 3ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :         SCD MALPICA   LIRA CF
Data e hora     :           Domingo: 30-09-18, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Juan Marcos Rios Suárez, (2ª Aut. Colexio da Costa da Morte)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 3ª:

Campo            :           “Ara Solís”       (Fisterra, 95 x 54, herba artificial)
Equipos           :           SD FISTERRA DE VETERANOS    A.V. SCD MALPICA   
Datas e hora    :           Domingo: 30-09-18, 11:00 Horas.-
Árbitro            :           Sr. José Ageitos Pasantes. (2ª Aut. Colexio da Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


      

domingo, 23 de septiembre de 2018

Resultados "costa" Afeccionados e Veteranos:

  O partido de rivalidade local entre á UD Cerqueda e á SCD Malpica disputado no campo de "Xaviña" de Buño, acaba nun xusto reparto de puntos, os locais a pesares de xogar con dez homes durante media hora, souberon aguantar moi ben a mellor calidade técnica dos da Vila, pero con exceso de individualismo, a base de intensidade e pundonor.
   Aliñación da SCD Malpica:  Toni; Mante, Belar, (Brais Cean, m. 71), Jorge, (Jorge, m. 86), Juan Fuentes; Gonzalo, Andy, Aitor, (Roberto, m. 82), Marcos; Dani Casal, Martín, (Pedro, m. 76).
   Goleadores: 01, Min. 2: Dani Casal. 1-1, min. 46: Dani, (penalty).
 
  Empate dos Veteranos da SCD Malpica na mañá de hoxe na "Pedra Queimada" ante o potente Mazaricos CF. Es malpicáns aúpanse ao 3º posto na táboa.

  Goleadores: 1-0, m. 21: Mútio 1-1, m. 76: Juan Cabarcos.








AGORA E SEMPRE CA SCD MALPICA!

viernes, 21 de septiembre de 2018

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta semana:


    Primeiro  enfrontamento de rivalidade local desta tempada en "Xaviña" entre  á UD Cerqueda e á SCD Malpica.

    Ambos equipos, veñen de acadar sendas derrotas na primeira xornada e pretenden contentar aos seus seguidores cos primeiros tres puntos, será un partido de poder a poder, pero o que pretenden os dous contendentes é que o mesmo, discurra coa máxima deportividade.



2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 2ª:

Campo            :           “Xaviña”           (Buño, 99 x 60, herba artificial)            
Equipos           :           UD CERQUEDA   SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 23-09-18, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Adrián Pérez Rellán, (1ª Aut. Colexio da Coruña)

       Pola súa banda o conxunto da Asociación de Veteranos da SCD Malpica, trala meritoria vitoria na primeira xornada ante o Soandres CF, pretende continuar a racha ante o Mazaricos CF; á empresa non será doada, pero os malpicáns esta tempada, cunha plantilla moi ampla e coordinada, esperan acadar os tres puntos.- 

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 2ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           A.V. SCD MALPICA    MAZARICOS CF
Datas e hora    :           Domingo: 23-09-18, 11:00 Horas.-
Árbitro            :           Sr. David Cancela García . (Colexio da Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA

domingo, 16 de septiembre de 2018

Liga da Costa-SCD Malpica:


    Debut negativo da SCD Malpica na "liga da costa" na tempada 2018/19.Unha desafortunada autoexpulsión do formidable futbolista malpicán ALBERTO HOMBRE, que ata ese momento (min. 43) estaba a facer unha extraordinaria laboura, propiciou que na segunda parte un escaso de recursos futbolisticos CD MUROS,remontara un gol do futbolista local Martín.
   Non mereceu á SCD Malpica, tanto castigo, pero a expulsión e tres detalles puntuais en defensa e portería, ocasionaron que os tres puntos voaran cara Muros.

   RESULTADO:   SCD MALPICA 1-3  CD MUROS.
   
   Goleadores: 1-0, min. 30: Martín. 1-1, min.54: Javi García. 1-2, min. 72: Bruno. 1-3, min. 82: Álex Siaba.

Aliñación da SCD Malpica: Toni; Mante, Belar, (m.53,Fabio)Juan Fuentes, Jorge, (m.56,Roberto) Gonzalo, Andy, (m.57,Pedro)Marcos, Alberto Hombre,Dani Casal, Martín.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!    



 

jueves, 13 de septiembre de 2018

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:


Comeza unha tempada mais á competición da "Liga da Costa", á 2018 / 2019; cunha SCD Malpica, con dez caras novas con respecto a pasada tempada 2017/18, incluído novo adestrador.

 O primeiro visitante na "Pedra Queimada", e, o recen ascendido CD Muros, disputándose o partido, na data e hora que mais abaixo se indica, baixo á dirección arbitral do colexiado que tamén se relaciona.

 A falta aínda de algunha incorporación mais, a plantilla actual consta dos 19 futbolistas seguintes:

 Porteiros: Toni e Ángel Lamas.

 Defensas: Brais Cean, Juan Fuentes, Dimitri Bolón, Fabio Cancela, Belarmino, Carlos Loureiro, Jorge Martínez, Pedro J. Ramos, Manteca.

 Medios: Migueliño, Gonzalo Vilariño, Aitor Vilas, Laik, Alberto Hombre.

 Dianteiros: Dani Casal, Brais Lado, Martín Villar. 

 Adestrador:   Adrián Bardanca Martínez (Gurita).

 

  Pola súa banda á Asociación de Veteranos SCD Malpica, participa por primeira vez nos seus quince anos de historia, como equipo federado na Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), entidade que a partir desta tempada 2018/2019, engloba aos equipos de fútbol veterano.

  O primeiro partido desta nova era, dispútao fronte ao Soandres CF, no campo da "Porta Santa" de Paiosaco, tal como mais abaixo se sinala.

O plantel de futbolistas para esta tempada, son os seguintes:

Porteiro: Suso Anido.

Defensas: Chaves, Pedro, Tono Alfeirán, Alberto Carballo, Alberto Sseaia, Nando, Suso Zas, José Regueira.

Medios: Luía Naya, Alberto Barizo, Joshuam Mútiu, Bugallo, Leo, Miguel, Wash, Abel, F. Couto.

Dianteiros: Arcay, Palermo, Javi Mato e Carlos.

 

2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 1ª:

Campo            :           “Pedra Queimada””       (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA   CD MUROS
Data e hora     :           Domingo: 16-09-18, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Rey Sánchez, Óscar, (Colexio da Coruña)


1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 1ª:

Campo            :           “A Porta Santa”            (Paiosaco: herba artificial)
Equipos           :           SOANDRES CF   A.V. SCD MALPICA 
Datas e hora    :           Domingo: 16-09-18, 10:00 Horas.-
Árbitro            :           Sr. Pérez Fdez. Luís E. (Colexio da Coruña)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!