Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 30 de enero de 2020

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:

AFECCIONADOS:
   Desprazamento da SCD Malpica a Esteiro o vindeiro domingo para enfrontarse á SCRD Esteirana, conxunto que ocupa o 3º posto na táboa clasificatoria, e que, tralo descenso da 1ª Galicia a tempada pasada, esta loitando xunto co Corme e o Ponteceso, para retornar a ela.
  Á SCRD Esteirana, foi fundada na tempada 1971/72, acreditando até a tempada 2018/19, 48 tempadas na "costa" repartidas en: 7 en 1ª, 27 en 2ª e 14 en 3ª, acredita 3 títulos de liga e dúas "copas da costa".
 Tamén conseguiu, na tempada 1976/77, o subcampionato de Galicia de afeccionados, enfrontándose na final ao Alondras de Cangas (3-1 e 1-2).
   Os malpicáns de Adrián Bardanca "Gurita", trala racha de vitorias do comezo desta segunda volta, cortadas polo Ponteceso o pasado domingo, pretenden sorprender á poderosa Esteirana no seu feudo, empresa moi difícil, dado o número de baixas coa que contan para o citado partido, así, o "mister" non poderá contar con: Michi, Alberto H. e Marcos Nuñez por lesión, Aitor e Jairo por sanción e por último, Pace, Juan Fuentes e Brais Ceán por traballo.
  Así as cousas, á SCD Malpica, a pesares de presentar un equipo de circunstancias, loitará para volver cun bo resultado, para que, en partidos sucesivos volver a contar co plantel ao completo seguir coa boa racha do comezo desta 2ª volta.

Veteranos:
Pola súa banda os Veteranos da SCD Malpica, reciben na "Pedra Queimada" ao resucitado Buño de Veteranos SCD, equipo que tras un mal comezo de tempada, conseguiu reforzos e está a facer unha boa segunda pare do campionato.
 Campos, árbitros e horarios dos partidos: 


2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 20ª :


Campo            :           “Xosé Luís Vara”                      (Esteiro, 101 x 60, herba artificial)                   
Equipos           :           SCRD ESTEIRANA – SCD MALPICA 
Data e hora     :           Domingo: 02-02-20, 16:45 horas   
Árbitro             :          Sr. José Ml. Sánchez Noya, (, colexio de Santiago)
                                   - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 17ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”                    (Malpica, 100 x 60, herba natural)
Equipos           :           VETERANOS SCD MALPICA – BUÑO VETERANOS SCD
Datas e hora    :           Domingo: 02-02-20, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Pablo Rama Cotelo, (Preferente Galicia, Colexio da Coruña)
                                       - - - - - - - - - - - - - - -
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

sábado, 25 de enero de 2020

Resultados e clasificacións fútbol da "costa":


   XUVENÍS: Celebrouse na tarde de hoxe a 17ª xornada da "Liga da Costa" de xuvenís, onde, nesta segunda volta non participa á SCD Malpica, tras haberse retirado ao final da primeira volta, os resultados que se deron nesta xornada foron os seguintes e, a clasificación esta asi:
  
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!




VETERANOS:


 Nun partido moi disputado ante o A.C.D. S. Ramón de Veteranos, terceiro clasificado, os Veteranos da SCD Malpica lograron un meritorio empate a dous goles, (segundo consecutivo desta segunda volta), que lle mantén intactas ás aspiracións de clasificarse para a promoción de ascenso.
   Aliñación dos malpicáns: Suso; Chaves, Alberto Seaia, Alberto Carballo, Suso Zas; Mútio, Arcay, Leo, Palermo, Nacho, Richard.
    Tamén xogaron: Luís Naya, Washi, Javi Bermejo, Nando Couto, Abel, Fdo. Couto.     
   Goleadores: 0-1, m. 34: Palermo (p). 1-1, m. 52: Juan Carlos. 1-2, m. 68: Arcay. 2-2, m. 70: Rubén.
    Resultados e clasificacións da xornada:

     AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


 "LIGA D A COSTA":

 O Ponteceso SD, cortou a racha de victorias da SCD Malpica nesta segunda volta, cunha segunda parte de presión asfixiante aos individualistas medios centros da SCD Malpica, que, coa súa mentalidade de excesivos regates, acababan perdendo o "coiro" a pes dos pontecesáns e estes aproximavanse con perigo ao meta Damián.
   Na primeira parte o partido estivo moi nivelado, e, salvo os goles, o xogo discurriu no centro de campo pero sin excesivo perigo para ambas as dúas porterías, houbo sí, antes do segundo gol visitante, unha única e clarísima oportunidade do malpicán Alberto Hombre, o cal, moi atento a un clamoroso fallo do porteiro atopouse co "coiro" nos pes a un metro da portería pero o seu tiro inexplicablemente saíu por fora da portería.
  Tal como queda dito anteriormente, aos malpicáns sobroulle a segunda parte, demostrando os da Vila do Pondal, o por que, do segundo posto que ocupan, en fin, qué á SCD Malpica non tivo o seu día.
  Pola SCD Malpica formaron:   Damián; Mante, Belar, Lucio, Cristian  V.; Migueliño, (Ceide, 58), Andy, (Dimitri, 77), Xaco, (Kevin, 72), Jairo, Alberto Hombre, (Ángel Lamas, 83).
  Goleadores: 1-0, m. 8, Mante, remata dende cerca un rexeite do porteiro visitante a un saque de curruncho. 1-1, m. 26: Charro, de tiro cruzado nun man a man con Damián. 1-2, m. 32: xogada individual por banda dereita de Martín Puente, que resolve ante Damián. 1-3, m. 90: penalti por unha tímida man dun defensor malpicán que Xuco transforma.
  Abiente e incidencias:  Preto de 135 seareiros nas bancadas, sendo até o momento a mellor entrada da tempada.
  Debutaron nas rengleiras da SCD Malpica, o veterano exdeportivista Xaco e mais Ceide, ambos procedentes do Laracha CF e UD Cerqueda.
   A nota negativa, causouna o futbolista da SCD Malpica, Alberto Hombre, que, nunha xogada fortuíta, resultou mancado nun xeonllo o cal houbo que trasladalo nunha ambulancia ao hospital Quirón. Segundo á última información facilitada polo  Delegado de clube local, realizáronlle unha R.M. e, ao parecer non ten o menisco danado, agora esta en observación por si tivera algún ligamento mal ou algún cartílago.
  Esperamos e desexamoslle unha pronta recuperación.

Resultados e clasificacións da xronada:  


 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

  

viernes, 24 de enero de 2020

SCD Malpica, paratido para este fin de semana:


   Recibe á SCD Malpica este vindeiro domingo na "Pedra Queimada" a un rival veciño e moi potente esta tempada, xa que é, xunto co Corme CF, o máximo aspirante ao campionato.
   O clube malpicán que, esta a facer unha segunda volta "inmaculada" (tres de tres), a pesar de contar coas baixas de Michi Castro (mancado) e Aitor (sancionado), espera darlle moito que facer ao poderoso Ponteceso SD, e, coa nova incorporación de Ceide esta semana, aspira a quedarse cos tres puntos, a cousa non vai ser doada, pero os homes de Adrián Bardanca (Gurita) queren continuar coa boa racha nesta segunda volta.
    O clube Ponteceso SD, pioneiro da "costa" xunto con outros oito equipos, foi fundado na tempada 19063/64, alcanzando na "costa" ás 52 tempadas de competición, sen contar outras dúas que estivo na "Liga de Arteixo" e outras dúas que estivo de baixa temporal sen competir. Acredita seis títulos de liga e catro de copa.

V E T E R A N O S :

Polo que respecta aos Veteranos da SCD Malpica, desprázanse a Laracha, onde no campo Municipal, enfróntanse ao San Ramón de Veteranos. Esta tempada para os malpicáns esta sendo algo irregular, pero manteñense polo medio da táboa.

Campos, árbitros e horarios dos partidos:
  

2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 19ª :

Campo             :           “Pedra Queimada”                    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                   
Equipos           :           SCD MALPICA – PONTECESO SD
Data e hora     :           Domingo: 26-01-20, 16:30 horas   
Árbitro             :          Sr. David Vázquez Lema, (1ª Galicia, colexio da Coruña)
                                   - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 16ª :

Campo             :           “Municipal da Laracha”              (Laracha, 102 x 61, herba natural)
Equipos           :           ACD S. RAMÓN DE VETERANOS –  VETERANOS SCD MALPICA
Datas e hora    :           Domingo: 26-01-20, 09:30 horas.-
Árbitro             :           Sr. Mella Fernández, (F. Base e Veteranos, Colexio da Coruña)
                                       - - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 18 de enero de 2020

Resultados e clasificacións Xuvenís, Veteranos e Afeccionados da SCD Malpica:


   Xa, sen á SCD Malpica en competición da Primeira Autonómica xuvenil Grupo 2º da "costa", por RETIRADA, este sábado celebrouse á décimo sexta xornada, primeira da segunda volta, os marcadores e clasificación da mesma son os que se sinalan a continuación na táboa que se mostra ao efecto:

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

VETERANOS:

Á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, acada un empate na "Pedra Queimada" ante un Deportivo Carballo, escaso de efectivos pero moi peleón.
Os malpicáns, que lograron remontar un tanteo en contra acadado polos visitantes no min. 5, non souberon ao final tremar da renda mínima que conseguiran coa remontada.
Polos veteranos malpicáns xogaron: 
Chaves; Luís Naya, Alberto Seaia, Leo, Nando Couto; Mutio, Javi Bermejo, Arcay, Palermo, Nacho, Richard.
Goleadores: 0-1, min. 5: José Antonio Rei. 1-1, min. 33: Palermo. 2-1, min. 66: Richard. 2-2, min. 83: Víctor.
RESULTADOS E CLASIFICACIÓN DA XORNADA: 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 


SCD MALPICA AFECCIONADOS:

CON VARIAS BAIXAS POR SANCIÓN, PRESENTOUSE Á SCD MALPICA EN "SAN PAIO DE REFOXOS", E, PARA COLMO DE MALES, MICHI CASTRO NO MINUTO 21 DE PARTIDO,  TIVO QUE ABANDONAR O TERREO DE XOGO MANCADO POR UN GOLPE NA CLAVÍCULA.
  MENOS MAL, QUE SURDIU UN HOME SALVADOR QUE CO SEU HAT-TRICK LEVOU EN VOANDAS AO EQUIPO, ESTE FUTBOLISTA FOI JAIRO, O CAL NA COMPAÑA DE TODO O EQUIPO CONSEGUIRON UNHA MERECIDA VITORIA NUN CAMPO MOI DIFÍCIL ANTE UN ADVERSARIO PIONEIRO DA "COSTA".

POLA SCD MALPICA XOGARON: DAMIÁN, MANTE, BELAR, LUCIO, LAIK; MIGUELIÑO, KEVIN, MICHI CASTRO, (DIMITRI, 25), JAIRO, ALBERTO ESMORIS, (MARCOS NÚÑEZ, 84), ANDY.
GOLEADORES: 0-1, M. 46: JAIRO. 1-1, M. 51: BRUNO ROMERO. 1-2, M. 58: JAIRO. 1-3, M. 83: JAIRO.
NOTA DESTACADA DOS MALPICÁNS, FOI ACABAR O PARTIDO SEN TARXETAS. TODO UN ÉXITO DESPOIS DE 18 XORNADAS.
RESULTADOS E CLASIFICACIÓN: 






AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 16 de enero de 2020

Partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:


ÚLTIMA HORA:
          Os xuvenís da SCD Malpica, abandonan a competición na Primeira Autonómica de Xuvenís.
         Así o decidiu a Xunta Directiva do clube, previo informe do adestrador e delegado do equipo xuvenil.
        A pesar de contar con vinte e unha licenzas federativas, no adquiriron o compromiso por parte dos futbolistas de presentarse a xogar, polo menos un número entre doce e dezaseis despois dunha entrevista en grupo de todos os xogadores, só aceptaron competir sete os demais non se comprometeron a continuar até fin de tempada.
       Deste xeito non houbo mais remedio que solicitar a baixa federativa, aínda que conleve unha sanción, pois esta, caso de seguir competindo será moi inferior ao que custaría en caso de presentarse con menos de once futbolistas en cada partido.
AFECCIONADOS:


Desprazamento do equipo afeccionado da SCD Malpica 

a Cee, a enfrontarse a un historico, o U.C. Cee, equipo  

fundado no ano 1945, pero que no actuou federado até 

a tempada 1963/64, ano da instauración da "liga da cos-

ta. U.C. Cee leva competindo 55 tempadas reapartidas 

do seguinte xeito: 10 en Preferente, 11 en 1ª Galicia e 

34 en Segunda Galicia. Conseguiu 6 ligas e 7 copas da 

costa.

  Actualmente ten 24 puntos os mesmos ca SCD Malpi-

ca. Partido complicado para puntuar pero os malpicáns

tralas incorporacións de Jairo e Lucio, parece que mello-

raron os resultados.

 

Pola sua banda os Veteranos, reciben na "Pedra Quei-

mada ao D. Carballo co fin de ir escalando postos na -

táboa. 

  

Así quedan campos, horarios e árbitros da xorna do domingo:


2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 18ª :

Campo            :           “San Paio de Refoxos”             (Cee, 104 x 68, herba artificial)            
Equipos           :           U.C. CEE    SCD MALPICA 
Data e hora     :           Domingo: 19-01-20, 17:00 horas   
Árbitro             :          Sr. Iván Vilanova Antelo, (2ª Galicia, colexio da Costa da Morte)
                                   - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 15ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”                    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           VETERANOS SCD MALPICA –  DEPORTIVO CARBALLO
Datas e hora    :           Domingo: 19-01-20, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Luís M. Insua Lago, (1ª Galicia, Colexio da Coruña)
                                       - - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!