Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 16 de enero de 2020

Partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:


ÚLTIMA HORA:
          Os xuvenís da SCD Malpica, abandonan a competición na Primeira Autonómica de Xuvenís.
         Así o decidiu a Xunta Directiva do clube, previo informe do adestrador e delegado do equipo xuvenil.
        A pesar de contar con vinte e unha licenzas federativas, no adquiriron o compromiso por parte dos futbolistas de presentarse a xogar, polo menos un número entre doce e dezaseis despois dunha entrevista en grupo de todos os xogadores, só aceptaron competir sete os demais non se comprometeron a continuar até fin de tempada.
       Deste xeito non houbo mais remedio que solicitar a baixa federativa, aínda que conleve unha sanción, pois esta, caso de seguir competindo será moi inferior ao que custaría en caso de presentarse con menos de once futbolistas en cada partido.
AFECCIONADOS:


Desprazamento do equipo afeccionado da SCD Malpica 

a Cee, a enfrontarse a un historico, o U.C. Cee, equipo  

fundado no ano 1945, pero que no actuou federado até 

a tempada 1963/64, ano da instauración da "liga da cos-

ta. U.C. Cee leva competindo 55 tempadas reapartidas 

do seguinte xeito: 10 en Preferente, 11 en 1ª Galicia e 

34 en Segunda Galicia. Conseguiu 6 ligas e 7 copas da 

costa.

  Actualmente ten 24 puntos os mesmos ca SCD Malpi-

ca. Partido complicado para puntuar pero os malpicáns

tralas incorporacións de Jairo e Lucio, parece que mello-

raron os resultados.

 

Pola sua banda os Veteranos, reciben na "Pedra Quei-

mada ao D. Carballo co fin de ir escalando postos na -

táboa. 

  

Así quedan campos, horarios e árbitros da xorna do domingo:


2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 18ª :

Campo            :           “San Paio de Refoxos”             (Cee, 104 x 68, herba artificial)            
Equipos           :           U.C. CEE    SCD MALPICA 
Data e hora     :           Domingo: 19-01-20, 17:00 horas   
Árbitro             :          Sr. Iván Vilanova Antelo, (2ª Galicia, colexio da Costa da Morte)
                                   - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 15ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”                    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           VETERANOS SCD MALPICA –  DEPORTIVO CARBALLO
Datas e hora    :           Domingo: 19-01-20, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Luís M. Insua Lago, (1ª Galicia, Colexio da Coruña)
                                       - - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!