Tralo descanso do nadal, retómase a competición "costeira" para os tres equipos da SCD Malpica.
Os afeccionados, loitarán pola vitoria este domingo na "Pedra Queimada" recibíndo ao Muxía CF. Este clube, que foi fundado o 13.05.64, foi un dos primeiros coofundadores da "liga da costa", habendo disputado ata de agora 41 tempadas, distribuidas nas seguintes categorías: 2 en 1ª Rexional, 21 en 2ª e 18 en 3ª.
Ten conseguidos 4 títulos de liga, dous en 2ª ( T.65/66 e 88/89) e dous en 3ª (T. 2003/04 e 2016/17).
Na actualidade figura no posto 5º da táboa con 29 puntos.
Os malpicáns de "Gurita", que contan cunha nova incorporación (Lucio, procedente do Tordoia CF), terán que centrarse moito no partido para poder quedarse cos tres puntos.
Os xuvenís, reciben á SCRD Esteirana, partido que se presenta moi disputado.
É por último os Veteranos da SCD Malpica. vistan Fisterra, para enfrontarse ao "lider" da competición, o "Arasolis" fisterrán.
Campos, horarios, e árbitros da xornada:
2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 17ª :
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica,
100 x 60, herba artificial)
Equipos : SCD MALPICA – MUXÍA CF
Data e
hora : Domingo: 12-01-20, 16:00 horas
Árbitro : Sr. Adrián Pérez Rellán, (Preferente Galicia, colexio da
Coruña)
-
- - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 15ª:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos : SCD
MALPICA – SCDR ESTEIRANA
Data e
hora : Sábado:
11-01-20, 16:15 horas
Árbitro : Sr. Manuel Espasandín Romar, (2ª Galicia, colexio C. da
Morte)
-
- - - - - - - - - - - - -
1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 14ª :
Campo : “Arasolís” (Fisterra, 95 x 54, herba artificial)
Equipos : VETERANOS
SCD MALPICA – ARASOLIS FC
Datas e
hora : Domingo:
12-01-20, 11:00 horas.-
Árbitro : Sr. Manuel Rodríguez Rojo, (Colexio Santiago)
- - - - - - - - - - - - - - -