IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 21ª Xornada:
Resultado: SCD
MALPICA 4 – 4 LESENDE CF
SCD MALPICA: Víctor; Álex Marquez, Casais, Kike, Moscoso, Eme, (Dímaga,
65), Petís, (Sergio, 73), Roi Carril, M. Mara, Jaco, Charro.
LESENDE CF: Veni; Julio Sueiro,
Toni, Carlos, Liñares, Adán, (Beto, 51), Fran ©, (César, 61), Berbe, Óliver,
Cacho, Borja, (Adrián Sueiro, 69).
Asistentes: Sres. Juncal García e Ballester Matez.-(Axres. base- A Coruña). Correctos.
Ambiente e incidencias: Escaso público só
acudiron 65 seareiros. Tarde cuberta
sen chuvia, 14º. Non houbo mancados
de consideración. Expulsados por protestar dende o banco o futbolista, Pana (m. 43) e o adestrador Sil, m. 90.
Xogadas de perigo da Lesende
CF: M. 62: xogada por banda esquerda de Cacho, o seu centro raso
atrás, empálmao cun gran tiro Óliver, realizando Víctor unha espléndida parada.
M. 90: saque longo de porta de Veni,
o “coiro” chega botando a dentro da área malpicán, prodúcese unha indecisión
entre defensa e porteiro, que aproveita o visitante Adrián Sueiro, cabeceando
fora por moi pouco.
Comentario: A delicada
situación da SCD Malpica na táboa xunto coa falta por indisposición do
dianteiro Cololo, auguraba unha saída ao campo do equipo local en estado de
moito nerviosismo, non obstante, o equipo, coas novas incorporacións (hoxe
debutou Álex Marquez), demostrou que sabe responder as adversidades, e, nos
primeiros 15 minutos lograba adiantarse no marcador con dous goles. O Lesende CF, conxunto de pouco
fútbol, pero moi práctico, nunca se deu por vencido, e, conseguiu remontar por
dúas veces, ata igualar nun par de minutos na segunda parte, o marcador.
Unha mágoa, por que, aínda
na actual circunstancia na que esta o equipo, este demostrou que comeza a
coller ritmo e sobre todo a abandonar a sequía goleadora que atravesaba.
XIII Edición
da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(2ª Volta)- 18ª Xornada:
Resultado: NANTÓN
2 – 1 MALPICA
Aliñación do Malpica: Juan; Luazas, Alb. Carballo, Chucho, Alb. Coruña;
Chaves, Alb. Barizo, Luís Naya, Leo; Ban Ban. J.L. Arcay, Tamén xogaron:, Wasi,
Bugallo, Marco, Carlos Pose, Mútiu.
Árbitro: Sr. Castro.- Bastante ben. Aínda que hai
que destacar á anécdota do partido, cando sinalou un penalti favorable ao
Nantón por suposta entrada dun malpicán a un contrario, o xogador do Nantón moi
deportivamente, ergueuse da suposta caída e corrixiu ao árbitro dicíndolle que se deixara caer, o sr. Castro, ante tal
declaración, volveuse atrás da súa primeira decisión.

Comentario: Primeira parte de superioridade do equipo de Nantón, que entraban como “periquiño
pola súa casa” achegándose sempre con perigo a portería de Juan.
Cambiou a decoración na segunda parte, pero os veteranos do Malpica, a
pesar de crear moitas ocasións de gol, con varios tiros aos postes e ao traveseiro,
non conseguiron perforar a meta de Manolito Millet, que ademais tivo unha
soberbia actuación.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!