Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

miércoles, 13 de enero de 2016

Axenda partidos para fin de semana::



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 19ª:

Campo             :           “Malpica”          (100 x 60, herba artificial -Malpica)                   
Equipos           :           SCD MALPICA     OUTES CF
Data e hora      :           Domingo: 17-01-16, 16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Belmonte Martell.-(1ª Aut.- A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Cabido Suárez e Juncal García.- (2ª Aut.-A Coruña).
            Tras ser derrotados ante o colista na 1ª xornada da 2ª volta, toca recibir ao 6º clasificado,  novo na categoría este ano, o Outes CF, conxunto que esta a facer unha gran tempada, pois, logo de 18 xornadas disputadas, marca na táboa con 29 puntos, froito de 9 partidos gañados, 2 empatados e 7 perdidos, marcou a nada deseñable cifra de 30 goles, ( cunha media de 1,66) recibindo 26 1,44 de media). O seus máximos goleadores son: David Sampedro, con 9 goles, (5 penalti) especialista no lanzamento de faltas e penaltis, Piki, 6, Elías e Mario Roo, 4 e Iago Dosil con 3.
            Ante esta disxuntiva, pois os díxitos do rival asustan, disponse a SCD Malpica, a recibir na “Pedra Queimada” ao equipo da Serra. O conxunto malpicán, que arrastra seis xornadas sen puntuar (Gañouse ao Bertamiráns “B” 1-0, xornada 12), leva encaixado nese núm. de derrotas 24 goles e tan só conseguiu 1 gol (Corme CF).
            Por iso, ante tan malos acontecementos deportivos, e, para intentar emendar os malos resultados, e, evitar unha caída no fondo da táboa que leve ao descenso de categoría, a directiva malpicán, púxose a traballar urxentemente para iniciar a recuperación, para elo, realizou tres fichaxes, os cales debutarán o vindeiro domingo antes os seus seguidores, trátase de, ROI CARRIL, JACOBO e COLOLO, ( Porteño CF, Cidade de Narón, 2ª División Nacional de Fútbol Sala  e Tambre CF) este último consagrado goleador. (17 goles en 26 xornada a tempada pasada.

Resultado da Primeira volta:

13-09-15:  OUTES CF   2 – 0   SCD MALPICA   (Goles: 1-0, m. 2: Piki 2-0, m. 85: Piki)..


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
















O GOLEADOR “COLOLO”, REFORZA Á SCD MALPICA ATA FINAL DE TEMPADA

            Ademais dos xa fichados recentemente, ROI CARRIL (CF Porteño), JACOBO (Clube Cidade de Narón, da 2ª División Nacional de Fútbol Sala), a directiva da SCD Malpica acaba de incorporar ao equipo ao goleador “COLOLO”, coa intención de non perder a categoría da 1ª Autonómica.

         COLOLO, veteranísimo futbolista goleador, retorna á SCD Malpica, tras figurar enrolado no equipo malpicán a tempada pasada, na que anotou 15 goles en liga e 2 en copa en tan só 26 xornadas.

         A Directiva da SCD Malpica, con estas adquisicións, non da por pechadas as incorporacións de futbolistas, senón que esta  a realizar novas xestións para intentar por todos os medios deportivos, iniciar a recuperación do equipo para elevalo aos postos altos da táboa, lugar que lle corresponde ao clube por pobo e tradición.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!