IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 20ª:
Campo : “O Camballón” (Piloño
– Vila de Cruces - Pontevedra)
Equipos : SD PILOÑO – SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo: 24-01-16, 18:15 horas.-
Árbitro : Sr. Castro Curras.-(1ª Aut.- Lalín).
Asistentes : Sres. Pérez Mindeguía e Iglesias Penela.- (2ª e 3ª Aut.-Lalín).
Complicado
desprazamento da SCD Malpica a Vila de Cruces, (un dos mais longos da tempada
xunto con Palmeira) alí, espéranos a SD Piloño, equipo ao que se derrotou na “Pedra
Queimada” na 3ª xornada da liga, pero ¡ollo!
eran outros tempos, o equipo malpicán estaba con ritmo e os de Piloño moi baixos.
Pouco a pouco a competición foi poñendo a ambos en distinto lugar, así, mentres
os malpicáns foron aboándose as derrotas os piloñenses reforzáronse e escalaron
posicións, ata o punto de figurar nun meritorio 9º posto. Este posto, é froito
de 7 partidos gañados, 7 empatados e tan só 5 perdidos, con elo alcanza a cifra
de 28 puntos. O seus principais goleadores, dos 33 goles que levan marcado, son
por este orde: Jairo, 7. Romero e Víctor, 6 e Marcos, 5. E atención a este
dato, tan só recibiron en todo que levamos de campionato: 18 goles, a menos dun por partido.
A SCD Malpica, que, cos tres novos reforzos debutantes na
pasada xornada experimentou unha melloría en todo o colectivo en canto a xogo e
actitude, afrontan este partido con moita ilusión e confían que sexa o do
comezo da senda de vitorias ou polo menos de puntuar, xa que o conxunto
malpicán, é o único equipo do grupo, que aínda non conseguiu ningún empate nas
19 xornadas disputadas.
Resultado da Primeira volta:
13-09-15: SCD
MALPICA 2 – 1 SD PILOÑO (Goles: 0-1, m. 13: Jairo, 1-1, m. 43: Otero
p.p. 2-1, m. 75: Almeida).
XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta – Xornada 17ª:
Campo : “Pedra Queimada” (100
x 60, herba artificial, Malpica)
Equipos : MALPICA - LEILOIO
Árbitro : Sr. RIVES.-
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!