IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 20ª Xornada:
Resultado: SD
PILOÑO 7 – 2 SCD
MALPICA
SD PILOÑO: Cheroke; (Iván Gómez, 62), Ferreiro, Dani, Vilariño,
Otero, (Tuco, 55), Terriño, (Jano, 53), Marcos, Juan, © (Víctor, 58), Romero, (Iván
Fdez.,75), Imanol, Bruno.
SCD MALPICA: Ángel; Dímaga, Carlos Mallo, Kike, Moscoso, Eme, Víctor, Sergio,
Roi Carril, Cololo, Petís, ©.
Árbitro: Sr. Castro Curras.-(1ª Aut.-Lalín). Sen
complicacións, axudado polo bo comportamento dos futbolistas de ambos bandos.
Asistentes: Sres. Pérez Mindeguía e Iglesias Penela.-(2ª Aut.- Lalín). Ben.
Goleadores: 1-0, m. 4: Marcos. 2-0, m. 8: Juan. 3-0, m. 18:
Marcos. 3-1, m. 35: Cololo,
de falta directa. 4-1, m. 37: Romero. 5-1, m. 39: Imanol. 6-1, m. 53:
Romero. 7-1, m. 73: Víctor. 7-2, m. 80: Petís,
de penalti.
Ambiente e incidencias: Pouco atractivo resultou para os seareiros locais a visita en cadro da SCD
Malpica, pois tan só asistiron ao partido uns 50. Tarde-noite agradable con 16º
de temperatura. Non houbo expulsados
nin mancados de consideración.
Comentario: Unha SD Piloño a
medio gas, con falta ademais de dous titulares indiscutibles por sanción, varreu
do campo en tan só 45 min. a unha combativa SCD Malpica, que acudiu con 11
xustos, ao “Carballón” e que se bateu con moita dignidade, tendo que aliñar ao
porteiro titular Víctor como medio centro.
Fora xa do comentario do partido, cabe destacar negativamente a caída en picado da SCD Malpica
na táboa clasificatoria, ata o punto de ocupar, despois desta xornada, o faroliño vermello, e, se non se toman “urxentemente” decisións xa, a caída é
inminente.
A directiva esta traballando para evitalo, de feito xa
fixo tres fichaxes e esta en trámites para facer outra, pero as fichaxes son as
idóneas?. De momento non deron os resultados que se buscaban, pero tamén é
certo que só actuaron xuntos no partido fronte ao Outes e a melloría no xogo do
equipo notouse, hoxe faltou Jaco,
por enfermidade, pero sobre todo faltaron…
os malpicáns, aqueles, que a
principio da tempada, querían retornar e
xogar xuntos na SCD Malpica para demostrar que o sabían facer coma os de fora
do pobo, pero a medida que avanza a tempada desaparecen por arte de maxia, sobre todo, cando hai que desprazarse a xogar como visitante.
Demostran deste xeito que senten as cores Azul e Branco
da SCD Malpica? . A falta de compromiso é evidente. Faltan aos adestramentos
alegando que están mancados e logo acoden ao pavillón xogar ao fútbol sala.
Viaxan a ver partidos os domingos a campos próximos en vez de acudir a ver actuar
e animar aos seus compañeiros, etc. etc. etc.
A falta de compromiso en total. Pero, se algúns ou todos eles creen que o comportamento da directiva non é
a que desexan, con valentía que dean a cara expoñendo as súas queixas, para
intentar arranxar a debacle antes de que sexa tarde, pois o equipo leva o nome
de Malpica, que, ao mesmo tempo é o pobo
de todos eles. AÍNDA
HAI TEMPO, pero cada vez queda menos. TOMAR CONCIENCIA.
XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(2ª Volta)- 17ª Xornada:
Resultado: MALPICA
2 – 1 LEILOIO
Aliñación do Malpica: Juan; Chaves, Alb. Carballo, Alfredo, Alb.
Coruña; J.L. Arcay, Alb. Barizo, Leo, Luís Naya; Marcelino, Ban Ban. Tamén
xogaron: Chucho, Wasi, Bugallo.
Árbitro: Sr. Isidro, (por ausencia do Sr. Rives).- Boa actuación.
Goleadores: 1-0, m. 37: internada por banda dereita do lateral Chucho, centro por alto, non chega
no seu salto un defensor e, Luís Naya,
remata impecable ao fondo da portería defendida por Chiño nesta primeira parte. 1-1, m. 50: saque de curruncho que
saca Ángel, chega tarde na súa saída o porteiro local Juan e o visitante Marco de testarazo manda o “coiro” as redes. 2-1, m. 62: formidable xogada do
dianteiro local Ban Ban, coleando a todos que lle saen ao paso, chega ao borde
da área e o “coiro” váiselle un pouco, o porteiro visitante coa inercia da súa
rápida saída, non atalla o balón que queda solto dentro da área, Bugallo, que seguía a xogada empalma un tiro que
se cola na portería entre as pernas dos defensores que se habían colocado baixo
os paus.
Comentario: Mal se lle puñan as cousas aos veteranos malpicáns, cando, aos 25 minutos,
eran castigados cunha pena máxima, ben sinalada polo colexiado, por derrubo do Juan
a un dianteiro. O lanzamento de Víctor Novo, detivo o porteiro local en áxil
estirada.
A partir de aquí, os malpicáns asentáronse moi ben no campo gardando o
sitio e cumprindo fielmente as ordes do “míster” Dourado”. Froito delo,
chegaría o primeiro gol no min. 37. Logo na segunda parte a pesar de que os
visitantes conseguiron empatar, debido a unha errónea saída por alto do
porteiro, continuaron co seu sistema que lles levou a unha merecida vitoria.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!