Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 31 de marzo de 2019

Liga da Costa, resultados da xornada::


   Xerro de auga fría para toda familia da SCD Malpica ao perder ante o UC Cee, un partido importantísimo para manterse na categoría. Deste xeito, á táboa clasificatoria apértase de tal forma, que,  á diferenza dende o noveno e o décimo cuarto posto só hai catro puntos, isto  loxicamente temendo os arrastres de Esteirana e Soneira, caso contrario, Ameixenda e Monte Louro, serían os descendidos, aínda que este último matematicamente ten opcións.
   Esta tarde na "Pedra Queimada" o U.C. Cee, coa lei do mínimo esforzo, en con catro xuvenís na formación, acadou os tres puntos, chegoulle a veteranía do seu futbolista Leo para conseguir dous tantos de faltas directas, aproveitándose da bisoñez da colocación das barreiras por parte dos defensas e porteiro local. (Acaso non se practican nos adestramentos ?). De pouco serviron as numerosas oportunidades clarísimas de Martín (tres veces), Jairo (dúas veces) e Gonzalo, (unha), nas que os seus tiros saíron lambendo os postes.
   Corren ventos malos polo conxunto malpicán a falta de catro xornadas, con partidos ante, Muxía e Ponteceso na casa e Baiñas e Corme fora.

Pola SCD Malpica formaron: Ángel; Mante, Andy, (Brais Ceán, 81), Capelán, J. Fuentes; Roberto, (Jorge, 54), Aitor, Laik, Martín, (Marcos, 81), Gonzalo, Jairo, (José, 65).

Goleadores: 0-1, 6: Leo, de falta directa. 0-2, m. 33: Esteban. 1-2, Mante, de cabeza a saque de curruncho. 1-3, Leo, de falta directa. 
     
     
   Empate dos Veteranos da SCD Malpica en campo propio ante o Buño SCD de Veteranos, o goleador Palermo, suma e segue. Os veteranos malpicáns, están xa clasificados para disputar a promoción de ascenso, xa que ascenden os dous primeiros e promocionan do 3ª ao 6º.
   Aliñación: Carlos; Chaves, Luís Naya, Javi Mato, Leo, Miguel, Washi, Alb. Seaia, Nando Couto, José Regueira, Palermo. 
   Tamém xogaron: Alb. Barizo, Arcay, Joshua, Abel, Fdo. Couto.
    
   Goleadores: 0-1, m. 27 Víctor. 1-1, m. 37 Palermo. 

    Resultados e clasificacións da xornada:




AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 30 de marzo de 2019

Partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:


Partido moi importante para o devenir dos dous equipos na categoría, o que se vai disputar este vindeiro domingo na "Pedra Queimada" de Malpica, quizais sexa mais vital para o UC Cee, historico clube da "costa" que tan só conta con 23 puntos a falta de cinco xornadas, pero tamén para á SCD Malpica, (30 puntos), que, caso de perder, complicaria bastante a súa permanencia na 2ª Galicia a vindeira tempada.

Así as cousas, espérase un partido moi emocionante, onde os hormes de Adrián Bardanca (Gurita), e, tras cinco xornadas sen gañar, comecen a sumar de tres en tres, se non queren pasar apuros, pois dada a situación da SCRD Esteirana na 1ª Galicia, pode ocasionar algún arrastre.

O UC Cee. que, como queda dito mais enriba, é un histórico grande da "costa" un dos oito equipos coofundadores, aló pola Tempada 1.963/64, leva participado nas competicións 55 tempadas, repartidas en: DEZ en Preferente, ONCE, en Primeira e 34 en Segunda, só deixou de competir Unha e foi na Tempada 1975/76, por obras no seu campo de "Raices".

É o clube mais laureado o que a títulos se refiere, nada mais e nada menos ca SEIS ligas e SETE copas, e, iso que nestas últimas deixou de participar durante doce tempadas.

Actualmente, atópase nunha situación delicada na táboa con tan só 23 puntos no posto 14º, con 6 partidos gañados, 5 empatados e 14 perdidos, materializou 24 goles e encaixou 38.

Un dato moi interesante do que debe tomar boa nota o adestrador e futbolistas da SCD Malpica, ven de vencer ao "lider" Mazaricos CF na xornada anterior.


Pola súa banda, os veteranos da SCD Malpica que están a facer unha brillante tempada, reciben en Malpica, aos veteranos do Buño SCD, que, tralo patinazo da xornada anterior fronte ao D. Carballo, esperan resarcirse fronte aos oleiros, para continuar aspirando a disputar a promoción de ascenso.

Campos, datas, horarios e árbitros da xornada:

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 26ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                      
Equipos           :           SCD MALPICA     U.C CEE 
Data e hora     :           Domingo: 31-03-19, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Alberto Baña Tajes, (1ª Galicia, Colexio da Coruña)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 25ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           A.V. SCD MALPICA   BUÑO VETERANOS SCD
Datas e hora    :           Domingo: 31-03-19, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Iván Ferreiro Santos, (3ª Galicia, Colexio da Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 24 de marzo de 2019

Información deportiva da SCD Malpica:


   Punto a punto á SCD Malpica vai sumando para alonxarse dos postos de descenso, esta tarde en "Xaviña" fixo táboas co Buño SCD (1-1) nun partido que puido acabar goleando, debido a unha sensacional segunda parte na que pechou aos "oleiros" no seu campo. Dous tiros ao longueiro, oportunidades claras de Martín, Aitor, Gonzalo e Mante, con mans a mans ante o porteiro local Brais que hoxe fixo o partido da súa vida.

   Así formou o conxunto malpicán: Eusebio; (Ángel, 46); Jorge, (Brais Ceán, 58), Andy, J. Fuentes, Cristian; Capelán, Aitor, (Dimitri, 81), Laik, (José, 73), Martín, (David, 85), Gonzalo, Mante.
 
   Goleadores: 0-1, m. 26: saque de curruncho botado por Gonzalo e remate de Mante na área pequena. 1-1, m. 28: saque de curruncho rexeitado ao lateral da área pola defensa malpicán e Moja, empalma unha bolea fora do alcance de Eusebio.

   Os veteranos da S.V. da SCD Malpica, frean cun empate, a súa boa racha de catro vitorias cosecutivas dos últimos partidos. O gol de Palermo, que adiantaba aos malpicáns no marcador, foi nivelado a dous minutos do final polos carballeses, truncando deste xeito a boa xeira de resultados.
   Formación: Suso; Chaves, Nando Couto, Alb. Carballo, Alb. Seaia, Mútiu, Javi Mato, Leo, Palermo, Suso Zas.
Tamém xogaron: Pedro, Washi, Abel, Fdo. Couto.
Goleadores: 0-1, m. 30: Palermo. 1-1, m. 88: Eloy Martínez.

Marcadores e clasificacións, despois de disputada a xornada de hoxe:






AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 21 de marzo de 2019

Partidos da SCD Malpica para o fin de semana:


   No se conseguiron os tres puntos contra o Volantes de Baño e, faise un pouco mais lenta do debido a permanencia para os seguidores da SCD Malpica, aínda que, tanto o adestrador coma os futbolistas locais, son optimistas para chegar pronto aos 35 puntos que se supoñen chegan para salvar a categoría esta tempada.
   
   Así as cousas, o optimismo de adestrador e futbolistas da SCD Malpica, pode verse cumprido, e así o queren demostrar o vindeiro domingo coa visita ao campo de Xaviña para enfrontarse ao Buño SCD, e lograr arrevatarlle os tres puntos que os oleiros nos levaron de Malpica na primeira volta.

   O conxunto do Buño SCD, foi fundado 0 10-10-64, é dicir, ao final da primeira "liga da costa", pero dentro da T. 63/64, permitíndolles a FGF e os demais equipos participar na "copa da costa" que se disputou ao acabar a "liga".
   O Buño SCD, un dois oito equipos mais veteranos da competición (pola antiguedade da súa fundación), non polas tempadas disputadas, pois só participou en 47 (38 en 2ª e 9 en 3ª), xa que tivo ás altas e baixas ao longo da "liga da costa" que se indican:

  Alta 10-10-64, baixa: 1970/71. Alta: 1975/76, baixa: 1987/88. Alta: 1992/93, continúa...
  Conseguiu, tres ligas: T. 68/69 e 78/79, na 2ª categoría. T. 2009/2010, na 3ª Autonómica. Tamén logrou dous títulos da "copa da costa": T. 67/68 e T. 69/70.

   Pola súa banda á A.V. da SCD Malpica, enfróntanse ao D. Carballo coa intención de continuar coa súa boa racha de vitorias, que o está  aproximando a os tres primeiro postos, a verdade é que están facendo unha tempada para enmarcar.

Campos, horarios e árbitros para o domingo:

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 25ª:

Campo            :           “Xaviña”    (Buño, 99 x 60, herba artificial)                   
Equipos           :          BUÑO SCD    SCD MALPICA   
Data e hora     :           Domingo: 24-03-19, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Óscar Santos Rodríguez, (2ª Galicia, Colexio da Costa da Morte)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 24ª:

Campo            :           “O Carral”        (Sofán, 94 x 48, herba artificial)
Equipos           :           DEPORTIVO CARBALLO –  A.V. SCD MALPICA 
Datas e hora    :           Domingo: 24-03-19, 12:00 horas.-
Árbitro            :           Sr. Rubén Reborido Rodríguez, (2ª Galicia, Colexio da Coruña)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


  
   

domingo, 17 de marzo de 2019

Liga da costa, cronicas, resultados e clasificacións da xornada::

   Négaselle a vitoria ao conxunto da SCD Malpica, pois dende a vitoria en Zas, hai catro xornadas, os futbolistas de Adrián Bardanca (Gurita), non conseguen saír vitoriosos tras tres partidos na "Pedra Queimada" cuasi seguidos.
   Esta tarde fronte ao Volantes de Baño, novas táboas (3-3), nun partido no que os rivais non demostraron o terceiro posto que ocupan na táboa clasificatoria, os malpicáns, a pesares do irregulares que foron durante algúns minutos do partido mereceron o triunfo, pero a falta de eficacia na dianteira, (por certo onde esta ésta?, xa que creo que o conxunto malpicán non xoga con dianteiros) porque o adestrador gárdaos no banco.
   Formación da SCD Malpica: Eusebio; Jorge, (Brais Ceán,62), Andy, (Marcos, 69), Juan Fuentes, Cristian; Capelán, Laik, Jairo, (Dimitri, 74), Aitor, (David, 62), Mante. 
   
   Goleadores: 0-1, m. 8: Ángel Caamaño. 1-1, m. Thiago Sousa, p.p. 2-1, m. 34: Laik. 2-2, m. 44: Thiago Sousa. 2-3, m. 46: Ángel Caamaño. 3-3, m. 87: Cristian.
   Importante vitoria da Asciación de Veteranos da SCD Malpica, fronte a un rival poderoso, ao que recurta distancias na táboa.
   Con este triunfo, que non resultou nada fácil debido a potencia do C.D. Razo e que dominou boa parte do partido, os goles do máximo goleador da categoría Palermo, resolveron a favor dos da casa o complicado partido. (3-1).

   Aliñación malpicana: Suso; Pedro, Alberto Carballo, Nando Couto; Toné, Luís Naya, Leo, Arcay, Palermo, Sus Zas.
Tamén xogaron: Chaves, Javi Mato, Wahsi, Fdo. Couto, Abel e Dourado.

   Goleadores: 1-0, m. 3: Palermo. 2-0, m. 72: Palermo. 3-0, m. 86: Palermo. 3-1, m. 88: Marcos Blanco.
   Resultados e clasificacións da xornada:





AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 16 de marzo de 2019

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta semana:

   Non lle acaban de cadrar as contas á SCD Malpica, posto que senón se puntúa, non se avanza na táboa da clasificación, así, esta estancado no límite dos 30 puntos, e, para salvarse este ano, seguramente se precisan chegar aos 35 ou 38 puntos, debído aos apuros que esta a pasar a SCRD Esteirana na 1ª Galicia que pode obrigar a algún arrastre.

    Así as cousas, e, tras a última derrota en Verdillo, aos homes de Adrián Bardanca (Gurita), non lles queda outra que vencer ao Volantes de Baño, 3º na táboa e que esta a facer unha enorme tempada, é dicir, difícil rival, pero hai que sumar, a pesares do contratempo da sanción de Gonzalo, expulsado fronte ao S. Lourenzo. Os volanteiros tamén afrontan esta xornada con dous sancionados.

   O Volantes de Baño FC, titular da parroquia de Baño, do Concello de Muros, foi fundado na Tempada 2011/12, leva competindo oito tempadas coa actual, repartidas entre: 5 na 2ª Galicia e 3 na 3ª Galicia. Acredita un título de campión da 3ª Galicia na tempada 2017/18.

   Actualmente, como queda dito, figura na 3ª posición, das 23 xornadas xogadas, acredita, 14 partidos gañados, 3 empatados e 6 perdidos, ten 45 puntos, a dez do Mazaricos e a 7 do Corme.
Campos, Árbitros e horarios da xornada: 

   

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 24ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                      
Equipos           :           SCD MALPICA     VOLANTES DE BAÑO FC
Data e hora     :           Domingo: 17-03-19, 16:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Pablo Rama Cotelo, (Preferente Galicia, Colexio da Coruña)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 23ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60 herba artificial)
Equipos           :           A.V. SCD MALPICA   CLUB DEPORTIVO RAZO
Datas e hora    :           Domingo: 17-03-19, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Juan Marcos Ríos Suárez, (2ª Galicia, Colexio da Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


domingo, 10 de marzo de 2019

"Liga da Costa" resultados e clasificacións::


   Non foi quen á SCD Malpica de arrincar ningún punto na súa visita a Verdillo e volveu de valeiro, nun partido onde, antes da media hora xa perdía por 2-0, debido a un penalti innecesario no primeiro e un fallo de marcaxe no segundo.
   Pero aínda así meteuse no partido ao fio do descanso nun gran gol de Gonzalo a fallo dun saque de porta do meta local, o malpicán aproveitou dende uns corenta metros o erro do defectuoso saque do porteiro.
   Na segunda parte de pouco lle serviu ao conxunto de "Gurita" levar sempre a iniciativa, pois os dianteiros non acertaban coa meta de Rubén. Para colmo de males, Ángel, porteiro da SCD Malpica, non saíu con toda vantaxe a recoller un "coiro" sen perigo que ía saír pola liña de fondo, pero que un dianteiro local, con mais insistencia chegou a el para centralo, e o goleador da tarde Brais Cancela introducía na portería ante a desesperación dos futbolistas visitantes.
   Logo, sería Jairo o cal ao saque de falta directa acurtaba distancias, e, este mesmo futbolista perdía a ocasión do empate, no min. 90, tras xogada combinada entre Mante e Gonzalo que Jairo a porta valeira dende o punto de penalti, lanzou fora.
    Á SCD Malpica formou con: Ángel; Mante, Andy, (Brais Ceán, 90), Juan Fuentes, Cristian; Capelan, Aitor, (Jorge, 86), Laik, (Dimitri, 71), Jairo, Gonzalo, Marcos (Roberto, 57). 
   Goleadores: 1-0, m. 15: Brais Cancela (p). 2-0, m. 27: Brais Cancela. 2-1, m. 37: Gonzalo. 3-1, m. 67: Brais Cancela. 3-2, m. 73: Jairo.
 
   Sensacional vitoria da Asociación de Veteranos da SCD Malpica, na "Porta Santa" de Paiosaco, ante A.C.D. San Ramón de Veteranos, (0-4).
   Este triunfo permítelle aos malpicáns, achegarse ao punto do terceiro posto da táboa.
   Goleadores: 0-1, m. 40: Palermo. 0-2, m. 72: Palermo. 0-3, m. 87: Mútiu. 0-4, m. 88: Arcay.
Resultados e clasificacións:
   



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!