Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 31 de marzo de 2016

Axenda de partidos da SCD Malpica desta fin de semana:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 29ª:

Campo             :           “Municipal de Bertamiráns”        (Herba artificial, Bertamiráns)               
Equipos           :           BERTAMIRANS CF “B”      SCD MALPICA  
Data e hora      :           Domingo: 03-04-16, 17:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Rubén Rodríguez Vaamonde.-(1ª Aut.- Santiago).
Asistentes        :           Sres. Vidal Balsa e García Paniagua.- (2ª Aut..-Santiago).
            Viaxa a Bertamiráns a SCD Malpica o vindeiro domingo, un campo asequible para comezar a senda das vitorias nesta segunda parte da liga, xa que o conxunto local non atravesa o mellor momento, pois marcha clasificado no posto 15º con 27 puntos, tras 28 xornadas disputadas. Gañou 7 partidos, empatou 6 e perdeu 15, marcou 38 goles e recibiu 56. Non destaca ningún dos seus dianteiros coma grandes artilleiros, pois os goles repártense entre case todos, destaca: Mateo, con 6 goles, Siaba con 5, Seoane, con 4 e Alexandre con 3.
            A pesar das cinco baixas por sanción federativa, (Moscoso, Eloi Vilas, Cololo, Alberto Marquez e Lolo) os malpicáns, que acaban de incorporar a súa plantilla a Migueliño, procedente do CD Baiñas, antes do Silva e Ponteceso, recuperan a Rubén, Charro e Roi Carril, mancados.         
Resultado da Primeira Volta:
22-11-15:  SCD MALPICA   1–0  BERTAMIRÁNS CF “B”                (Goles: 1-0, m. 27: Charro).

XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta – Xornada 26ª:

Campo             :           “Pedra Queimada”   (100 x 60, Herba artificial, Malpica)
Equipos           :           MALPICA   -   D. CARBALLO  
Datas e hora    :           Domingo: 03-04-16, 11:00 horas.-
Árbitro             :           Sr. Castro.-
Resultado da 1ª volta:
D. CARBALLO   4 – 5   MALPICA

             AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

Funeral de aniversario de Álex Pombo:



OBITUARIO, PRIMEIRO ANIVERSARIO:

       O vindeiro sábado 02-04-2016, ás 11:00 horas, na Igrexa Parroquial de Cesullas, vaise celebrar funeral do primeiro aniversario do finamento do que foi sobresaínte porteiro da “liga da costa” DON JOSÉ ALEJANDRO POMBO IMIA, (Pombo).

       O que se lle comunica a toda familia deportiva do fútbol costeiro e de outros deportes que poidan e queiran asistir para lembrar a tan meritorio deportista e mellor persoa.
 


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 27 de marzo de 2016

Actualización da clasificación da 1ª Autonómica Gº II:

Marcadores dos partidos aplazados da Primeira Autonómica Grupo II, disputados nas datas que se detallan e clasificación actualizada na táboa que se publica:

24-03-16:  S.H. Palmeira 0-5 Val do Ulla, UD
27-03-16:  S.H. Palmeira 0- 3 Cordeiro CF

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 24 de marzo de 2016

LIII edición da "copa da costa" dezaseisavos de final. XI Edición da "copa da costa" xuvenil:

Celebraronse no día de hoxe (Festividade de Xoves Santo), os partidos de volta dos dezaseisavos  de final da "LIII Edición da Copa da Costa", dándose os marcadores que se refliten no cadro que a continuación se detalla e clasificándose para Oitavos de final todos os sinalados en coor verde.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


martes, 22 de marzo de 2016

Goleadores, 1ª Aut. G2º e "Liga da Costa":



Tres, son os competidores do soneirán Basti, a falta de seis xornadas para que finalice a liga na 1ª Autonómica Grupo 2º, na táboa dos goleadores, trátase de Lucas (Corme CF), Raúl e Javi Doldán (SD Sofán).
       Na “liga da costa”, Segunda Autonómica G.3º, David Blanco, (Sp. Zas) continúa sumando xornada tras xornada e, aínda que os seus perseguidores tamén suman, Álex Flores (SD Castriz) e Adrián Makaay (SD Fisterra), ambos están a cinco goles, distancia considerable pero non insalvable, pois aínda quedan seis xornadas e o fisterrán ben apertando moito nestas últimas xornadas.

           Así as cousas, véxanse as táboas da clasificación que se reflexan a continuación modificadas despois da 28ª xornada:




AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 20 de marzo de 2016

Crónicas dos partidos da SCD Malpica desta semana:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (2ª volta) – 28ª Xornada:
Resultado:                   SCD MALPICA   2–3   CORDEIRO CF    
SCD MALPICA: Ángel; Alejandro Marquez, Alberto Marquez, Casais, (Roi Carril, 58), Lolo, Eme, Eloy Vilas,©  Petís, (Dímaga, 68), Jaco, Carlos Mallo, (Martín Mara, 52), Cololo.            
CORDEIRO CF: Diego; Bodaño, Taibo, Álex, (Martín, 46), Chufe, Juanillo, (Roi, 46), Chiño, (Valero, 52), Manuel Ángel, Juanito, Padín, © Gabriel.  
Árbitro:            Sr. Rubén Vázquez Penas.-(1ª Aut.-A Coruña).  Non estivo á altura da calidade á que nos ten acostumado. Abusou en demasía das tarxetas nun partido que foi bastante limpo.  
Asistentes:       Sres. González Liñares e Ríos Sánchez.-(2ª Aut.-A Coruña). Non estiveron acertados
Goleadores:     0-1, m. 11: saque de curruncho executado po Manuel Ángel ao 2º pau, onde aparece o central Chufe, cabeceando sen oposición á rede. 0-2, m. 27: Chiño, dende o círculo central envía un pase raso en profundidade sobre Juanito, que se atopaba en claro fora de xogo á altura de medios, encara a Ángel e báteo por baixo na súa saída. 1-2, m. 31: saque de curruncho longo botado por Jaco, toca coa testa Alberto Marquez, sobre Eme, o cal a media volta bate a Diego. 1-3, m. 39: saque de curruncho en curto de Chiño sobre Padín, este quebra a un defensor e, dende o vértice da área tira un centro chut a media altura, con tan mala fortuna que, o “coiro” da no peito de Eloi Vilas, desviando a traxectoria batendo a Ángel. 2-3, m. 84: os malpicáns con oito          homes sobre o campo sacan forza de fraqueza e acurralan ao Cordeiro na súa área, así, Jaco atalla un pase na media lúa, combina con Martín Mara, e fusila a Diego dun gran zurdazo.
Ambiente e incidencias:          Escasa concorrencia de seareiros, tan só se achegaron ao campo 40, nunha tarde fría e nubrada con 10º de temperatura, a 2ª parte disputouse con luz artificial. Expulsados, Cololo (m.49), Lolo (m.79), Alberto Marquez (m. 81) e Esmorís (m. 45). Non houbo mancados de consideración.
Xogadas de perigo da SCD Malpica: M. 26: gran xogada de Jaco, cun gran pase en profundidade sobre Petís, este algo escorado encara a Diego e, en vez de centrar opta por tirar dando o “coiro” na lateral da rede. M. 35: Alejandro Marquez, empalma dende 30 metros un rexeite longo da defensa visitante, gran parada de Diego enviando a saque de curruncho. M. 41: novo pase de Jaco sobre Petís, o cal, logo de driblar ao porteiro acaba tropicado e váiselle o “coiro” pola liña de fondo. M. 76: saque de banda longo de Alejandro Marquez, rexeite en curto coa testa Chufe, recolle Eloi Vilas, lanzando raso a ras do poste esquerdo.
Xogadas de perigo do Cordeiro CF: M. 10: Juanito, recibe entre liñas plántase ante Ángel, salvando este con gran acerto. M. 55: pase de Padín sobre Valero, encara a Ángel, pero o tiro é desviado acertadamente polo porteiro local. M. 72. Falta lateral lanzada por Padín, ao 2º pau, que remata Chufe alto por moi pouco. M. 90: Juanito, só ante Ángel, erra unha clara ocasión, rexeitando o perigo en última instancia Eloi Vilas.        
Comentario:     Nunha primeira parte aceptable a pesar do marcador en contra, a SCD Malpica plantou cara a un “galliño” do grupo, que neste parte só o puido vencer, un gol en claro foro de xogo e outro en p. porta.
Logo na segunda, cun Cordeiro CF metido atrás intentando pasar os minutos e, un Malpica mermado polas expulsións pero sacando forzas de fraqueza conseguiu reducir a vantaxe deixando o tanteo na mínima.  Unha mágoa que os malpicáns non saiban ter boca pechada evitando as protestas individuais e colectivas pois se a plantilla esta completa ten equipo para medirse a calquera do grupo.





















XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(2ª Volta)- 25ª Xornada:
Resultado:                     CLUB DO MAR    4 – 1    MALPICA
Aliñación do Malpica:  Juan; Luazas, Alb. Carballo, Alfredo, Alb. Coruña; Chaves, Mútiu, Marco, Luís Naya; Carlos Pose, Leo. Tamén xogaron: Abel, Wasi, Chucho.
Árbitro:            Sr. Duda.- Salvo o penalti sinalado a favor dos locais, estivo ben en liñas xerais.
Goleadores:     1-0, m. 26: xogada clave de cara ao marcador final, o dianteiro local Mino, cae sobre o porteiro malpicán Juan, logo que este rexeitara o “coiro” a saque de curruncho, o árbitro erra na apreciación da veteranía de Mino e sinala penalti, que transforma Richard. 2-0, m. 38: o dianteiro local apedado Malpica, agarra un trallazo dende uns 30 metros, que fai inútil a estirada de Juan. 3-0, m. 63: nun balón solto preto da media lúa, o porteiro malpicán Juan inicia tarde a súa saída, o dianteiro Mino, anticípaselle e marca a porta baleira. 4-0, m. 80: sorprendente tiro de Fernando sen apenas ángulo que pega nun defensor desviándolle a traxectoria do “coiro” a Juan, e penetra na portería. 4-1, m. 86: Carlos Pose, recibe un pase entre liñas, e, ante a saída do porteiro cruza ao fondo da rede.
Comentario:     Primeira parte nivelada, onde a formidable actuación do malpicán Marco servindo balóns aos seus dianteiros, non foron aproveitados por estes ata en tres ocasións claras, primeiro Luís Naya, logo Alb. Coruña de falta e por último Leo, en ambas ocasións luciuse o porteiro local.
            Na segunda, o cansazo e os poucos trocos, acabaron mermando ao equipo dos veteranos malpicáns.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!