IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 27ª:
Campo : “O Coto” (100
x 55, herba artificial, Vedra- Santa Cruz de Rivadulla)
Equipos : VAL DO ULLA UD – SCD
MALPICA
Data e
hora : Sábado: 12--03-16, 18:15 horas.-
Árbitro : Sr. Daniel Val Castro.-(1ª Aut.- Santiago).
Asistentes : Sres. Miguelez Granja e Iglesias Penela.- (2ª e 3ª Aut..-Santiago).
Desprazamento da SCD Malpica, por primeira vez na súa
longa historia a Santa Cruz de Rivadulla, localidade do concello de Vedra, a
onde pertence o clube Val do Ulla UD. Para chegar ata alí, a todos que queiran
desprazarse en vehículo propio dende Malpica, deberá achegarse, primeiro a
Santiago e logo adentrarse na estrada nacional 525, dirección a Lalín -
Ourense. Santa Cruz de Rivadulla esta a uns 20 Kms. de Santiago.
O equipo
de Val do Ulla UD, é un conxunto novel na categoría, pois participa na 1ª
Autonómica por primeira vez, estando a facer unha grande tempada, actualmente
figura na táboa no posto 7º con 42 puntos, logo de gañar 12 partidos, empatar 6
e perder 7. Conseguiu 39 goles e encaixou 36. Non ten homes moi realizadores,
xa que os 36 goles están moi espallados, destaca nesta faceta, Jacobo Porto,
con 7 tantos, seguido Jordan, con 6. Gonzalo, Cristian e Bragaña, con 4 goles
cada un.
Ten a
SCD Malpica, un temible rival para conseguir algo positivo, pero, coas novas
fichaxes e co compromiso aceptado polos malpicáns esta semana, os homes de
Esmorís, non queren retornar de baleiro.
Resultado
da Primeira Volta:
08-11-15: SCD
MALPICA 3–1 VAL DO ULLA UD (Goles: 0-1, m. 7: Jacobo. 1-1, m. 45:
Charro (p). 2-1, m. 62: Eme. 3-1, m. 68: Charro (p).
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!