XUVENIS-FASE DE ASCENSO A "LIGA GALEGA" (ida):
CF Dumbría 0 - 0 SDC Polvorín (Lugo)
SCRD Esteirana 2 - 2 CD Boiro
CADETES-FASE DE ASCENSO A "LIGA GALEGA" (IDA):
Cabana SD 1 - 1 CD Dorneda
Conxuntos do CD Dorneda e Cabana SD
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
Libros
sábado, 31 de mayo de 2014
jueves, 29 de mayo de 2014
Axenda da fin de semana da SCD Malpica:
“LI”
Edición da “Copa da Costa” afeccionados, Cuartos de Final (Ida):
Campo : “San Paio de Refoxos ” (104
x 68) (Cee)
Equipos : UC CEE – SCD MALPICA
Data e hora : Domingo: 01-06-14, 17:00 horas
Árbitro : : Sr. Álvaro Gil Soriano.(1ª Aut.- A Coruña).
Asistentes : Sres. Taboada Dafonte e Vilariño Hidalgo.-(Asistente 3ª división e 2ª Aut.)
Por circunstancias do sorteo e por haberse desfeito dos seus rivais en
dezaseisavos e oitavos, a SCD Malpica e o UC Cee, volverán a enfrontarse nunha
eliminatoria da “copa da costa” por terceira
vez.
O REI DE COPAS DA COSTA”,
como así e coñecido o UC Cee, no mundiño “costeiro”, xa
que foron SETE, os trofeos
conquistados; será un durísimo rival para o conxunto malpicán, pois se a súa
experiencia como conxunto “copeiro”, lle engadimos a notable tempada na “liga
da costa” que acaba de finalizar na que estivo loitando polo título ata as
últimas xornadas e que ao final acadou un honroso 6º posto, con 16 vitorias, 7
empates e 11 derrotas, materializou 78 goles e encaixou 59. Os seus principais goleadores
foron: o veterano José Carlos (Llanero), 13 goles e Diego Cespón, 11 goles.
O UC Cee, logrou o seu último título de copa, na T. 06 / 07, fronte á SD
Soneira (0-0 e 2-1), conseguindo disputar a final nas Tempadas: 07 / 08 e 09 /
10, fronte ao Ponteceso SD (1-1 e 1-2) e o CF Dumbría (1-1 e 0-3).
Así as cousas, ao o equipo da SCD Malpica, preséntaselle unha eliminatoria complicadísima,
onde a diferenza de categoría neste caso vai a servir de pouco, dada a
categoría do UC Cee, terán que loitar moito os discípulos de D. Baña, se queren
pasar a semis, a cousa non vai estar moi doada, pero os malpicáns, que saben do
perigoso que é o rival nesta competición, están moi concentrados e, axudados
pola súa afección, desexan conseguilo o pase.
As dúas ocasións que, ao
longo das 51ª edicións da “copa da costa”, se enfrontaron os conxuntos do UC
Cee e SCD Malpica, foron nas tempadas, resultados e goleadores malpicáns seguintes:
Tempada 1974 / 75: SCD MALPICA 1 -
0 U C CEE (Ida - Semifinais) (Gol: Moraca).
Tempada 1974 / 75: U C CEE
1-1 SCD MALPICA (Volta
- Semifinais) (Gol: Souto)
Tempada 1998 / 99: U C CEE
1-0 SCD MALPICA (Ida – 1/8 final)
Tempada 1998 / 99: SCD MALPICA
1-0 U C CEE (Volta – 1/8 de final) (Gol:
Mino) (Clasificado UC Cee, penaltis)
Formación do U.C. Cee, da T. 2007 / 08.-
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
David Castro, o lanza penaltis da SCD Malpica da T. 2013/14,
6 lanzados 6 goles.
domingo, 25 de mayo de 2014
Crónicas dos partidos da SCD Malpica desta fin de semana:
“LI” edición da “Copa da Costa” Oitavos de final - Volta:
Resultado: SCD MALPICA 1–1 SD FISTERRA
SCD MALPICA: Abraham; (Pombo, 46), Mario Casal, Adrián, David Castro, Fernando Varela, Martín
Maradona, (Ismael, 75), Juan Carlos, Cheo, (C) Abel, (Petís, 46, xuvenil), Eloy, xuvenil,
(David, 62, xuvenil) Óscar Suárez.
SD FISTERRA: Joselu; (C) Dani, Munitis, Breixo, xuvenil, (Asier, 58, cadete), Robertín, Julito,
Adrián, xuvenil, Noé, xuvenil, Huete, Josema, xuvenil, (Gabi, 54), Mario,
Árbitro: Sr. Pablo Rama Cotelo.- (1ª Aut.- A Coruña). Sobresaínte.
Asistentes: Sres.-----
Goleadores: 1-0, m. 48: xogada individual de Juan Carlos, constituído en interior dereito, xa
dentro da área e, dende a liña de fondo envía un centro que é cortado co brazo
por Robertín, o Sr. colexiado sinala penalti que, lanzado por David Castro bate a Joselu pola súa dereita. 1-1, m. 52: saque de banda efectuado
por Dani, peitea para atrás un defensor malpicán, o coiro a media altura chega
aos dominios de Mario, o cal da espaldas a
portería toca suavemente ao lado contrario de onde se atopaba Pombo, que non
chega ao balón a pesar da súa estirada.
Ambiente e incidencias: Escasos seareiros nas bancadas tan só 70. Tarde con nubes e claros con 16º
de temperatura. Non houbo expulsados nin mancados dado o bo comportamento dos
futbolistas. O partido demorouse no seu comezo, 70 minutos, debido ao non
presentarse o árbitro asinado, o Sr. Pérez Rellán. Logo de algunhas xestións
telefónicas co designador do colexio de árbitros e co Secretario Xeral da FGF,
logrouse que mandaran un substituto.
Xogadas perigosas SCD Malpica: Numerosas foron
as claras ocasións de gol orixinadas p0olo conxunto malpica,
destacando as seguintes: M. 8: Pase
entre liñas de Juan Carlos sobre Abel, pero o seu disparo atállao moi ben
Joselu. M. 24: un pase en
profundidade de Abel sobre o xuvenil Eloy, que este estraga, cruzando en
demasía. M. 28: saque de curruncho
rápido de Juan Carlos sobre Abel, este devólvelle o “coiro” e tira a porta
saído a ras do poste esquerdo. M. 30: rápido
contraataque malpicán con pase de Fernando Varela sobre o desmarque do xuvenil
Eloy, pero este tíralle ao corpo a Joselu. M.
31: combinación entre M. Maradona,
F. Varela, Óscar S. a saída de Joselu aborta a clara ocasión. M. 34 e 35: ataque en tromba da SCD
Malpica, con sendos tiros a bocaxarro 1º de Abel e logo de F. Varela, ambos
rexeitados por Joselu. M. 67: arrincada
de Cheo pola banda dereita por velocidade, plántase ante Joselu, que rexeita, o
“coiro” chégalle a Óscar S. que empalma un potente tiro que salva baixo paus
Munitis. M. 82: rexeite defensivo
visitante que recolle na media lúa Fernando V. o tiro deste sen oposición sae
lambendo o poste. M. 83: xogada
individual de Juan Carlos, que cede a esquerda sobre o desmarque de Óscar S.
este, con toda a portería para el tira alto.
Xogadas perigosas da SD Fisterra: M.
19: xogada de estratexia nun saque de falta dende a liña de
fondo botada por Huete, que abre a media lúa sobre Noé, o remate a media volta
deste moi achegado ao pai dereito de Abraham, o cal milagrosamente, chega a
desviar coa punta da lúa, hacha o dianteiro Adrián, que tira alto. M. 29: tras un rexeite en curto da
defensa local o “coiro” chégalle aos dominios de Huete no punto de penalti, o
seu lanzamento sae fora por moi pouco. M.
74: bonita xogada da dianteira visitante pola banda dereita o centro de
Adrián, remátao con sutil toque Mario, que sae a ras do pau esquerdo de Pombo.
Comentario: Coa eliminatoria
practicamente resolta no partido de ida, o conxunto malpicán, dedicouse a
capear o temporal sen apenas expoñer para que, a SD Fisterra, planada de xuvenís
e con algún cadete nas ringleiras lle puidera facer dano, intentouno si este “baby”
equipo fisterrán e conseguiu o premio de acadar un empate que, de pouco lle
serve pero que lles debe dar moral para futuros compromisos.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
XI edición da
“Copa da Costa” de fútbol Veterano Oitavos de Final (Volta):
Resultado: MALPICA 0 – 3 DUMBRÍA
Árbitro: Sr. Pichu.- Ben en liñas xerais
Goleadores: 0-1, m. 55. 0-2,
m. 61. 0-3, m. 76.
Comentario: Aínda que
con falta de efectivos: Marco, Manu Pardo, e algún outro… aguantaron os
primeiros 45 minutos moi ben os veteranos do Malpica, incluso con algunha
ocasión de desnivelar o marcador. Na continuación, imperou a clase dun primeira
división sobre un cansado Malpica e os goles caeron un tras outro deixando
xustamente apeado aos malpicáns en oitavos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)