Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 22 de mayo de 2014

Axenda de partidos da SCD Malpica desta fin de semana:





Táboa goleadores na "Copa" da SCD Malpica.









“LI” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, Oitavos de Final (Volta):
Campo             :          “Pedra Queimada” (100 x 60)     (Malpica)
Equipos           :           SCD MALPICA      SD FISTERRA
Data e hora      :           Sábado: 24-05-14, 16:30 horas
Árbitro :           :           Sr. Pérez Rellán, Adrián.(1ª Aut.- A Coruña).
Asistentes        :           Sres. .------
Recibe a SCD Malpica, na Pedra Queimada” ao noutro tempo temible SD Fisterra. Agora o equipo fisterrán esta pasando por horas baixas, debido ao pouco compromiso da súa plantilla e iso que realizou unha mais que aceptable tempada facendo 4º na táboa, na “liga da costa”, posto que tivo que deixarlle ao Outes CF, debido a unha aliñación indebida por denuncia do Cabana SD.
Así as cousas, é, aínda que a SCD Malpica ten ben encamiñada a eliminatoria, grazas a vitoria colleitada no “Arasolis”, farían ben os futbolistas de David Baña, de non fiarse o mais mínimo, pois o equipo fisterrán, que non da nunca un partido por perdido, loitará coa xente que traia a Malpica, para pórlle as cousas difíciles ao conxunto malpicán que recupera para este partido aos mancados Cheo e Ismael.
Resultado da ida:
17-05-14: SD FISTERRA  0 - 2  SCD MALPICA         (Goles: 0-1, m. 4: Óscar Suárez. 0-2, m. 86: Eloy Cabeza).













                                           Ismael, notable futbolista da SCD Malpica, recuperado para o partido de "copa"

XI edición da “Copa da Costa” de Fútbol Veterano, Oitavos de Final (Volta):
Campo             :           “Pedra Queimada”  (100 x 60)   (Malpica)
Equipos           :           MALPICA  -  DUMBRÍA
Data e Hora      :          Domingo: 25-05-14, 11:00 horas.
Árbitro             :           Sr. PICHU.-
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!