Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 16 de mayo de 2014

Axenda de partidos da SCD Malpica para fin de semana e variación táboa goleadores "costa"



“LI” Edición da “Copa da Costa” afeccionados, Oitavos de Final (ida):
Campo             :           “Arasolis, 95 x 54”         (Fisterra)
Equipos           :           SD FISTERRA     SCD MALPICA 
Data e hora      :           Sábado: 17-05-14, 16:00 horas
Árbitro :           :           Sr. José Luis Vázquez Zas.(1ª Aut.- A Coruña).
Asistentes        :           Sres. .-
Ambos equipos de común acordo, adiantan o partido dos Oitavos de Final da “copa” ao sábado ás 16:00 horas, horario que os fisterráns creron oportuno debido ao partido de liga Barça-Atl.Madrid.
Os dous equipos pasaron os dezaseisavos con certas dificultades, ante a UD Cerqueda, (0-0, 0-0 e penaltis) e a UD. Carnota, (0-1 e 0-0) respectivamente, dous resultados curtos, debido a diferenza de categoría dos rivais.
Así as cousas, toca agora facer valer tamén a diferenza de categoría por parte da SCD Malpica, pero a cousa non será nada doada, pois os fisterráns motívanse ante equipos de superior categoría como teñen demostrado ao longo da súa historia.
A SD Fisterra, acabou a liga no 4º posto, pero baixou a 5ª praza, debido a unha aliñación indebida denunciada polo Cabana SD, no penúltimo partido da liga. Ao longo da tempada, fixo 61 puntos, con 19 partidos gañados, 4 empatados e 11 perdidos (un deles nos despachos), materializou 74 goles (2,18 de media) e encaixou 47 (1,38 de media). O se us máximos goleadores foron: Aitor, 17, Bruno e Mané 13, cada un.
Pola súa banda a SCD Malpica, que realizou unha sensacional campaña, pretende agora na “copa”, continuar con igual racha e, a pesar de ter numerosas baixas por lesións, están decididos, directivos, adestradores e futbolistas, intentar igualar a competición da pasada “copa”, chegando ao menos ata a final. Por tal motivo, ambos pactaron que, as recadacións que se obteñan nas eliminatorias, serán integras para o corpo técnico e futbolistas.
O último enfrontamento de “copa” ante a SD Fisterra data da T. 07/08, eliminatoria previa:
13-04-08: SD FISTERRA  3 - 2  SCD MALPICA         (Goles: 1-0: Rivas. 2-0: Rodri. 2-1: F. Martuxa. 3-1: Cartamil. 3-2: Diego (p). ).
20-04-08: SCD MALPICA 1 - 0   SD FISTERRA       (Gol:  1-0, m. 88: Diego de falta directa).



Unha formación da SCD Malpica da tempada 07/08.-










XI edición da “Copa da Costa” de Fútbol Veterano–Oitavos de Final-(Ida):
Campo             :           “O Conco, 105 x 59”     (Dumbría)
Equipos           :           DUMBRÍA  -  MALPICA     
Data e Hora      :           Domingo: 18-05-14, 11:00 horas.
Árbitro             :           Sr. Casti.-

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!







Nova táboa dos goleadores da "liga da costa"
logo da sanción ao Fisterra por aliñación   indebida.