A falta dunha xornada pra o final das ligas da tempada 2013/14, as táboas dos goleadores practicamente xa están definidas, logo que os perseguidores, tanto de Óscar Suárez e Raúl, non conseguiran marcar ningún gol, foi sí o sofanista, quen con 4 goles aumentou e afianzouse coma máximo goleador desta tempada.
Salvo catástrofe, serán pois este ano os máximos goleadores da 1ª e 2ª Autonómica, Óscar Suárez, (21 goles), veterano futbolista, que xa logrou este galardón na Tempada 2000/01, na "liga da costa" vestindo as cores do San Lourenzo de Verdillo, con 25 goles e Raúl, enrolado este tampada nas ringleiras da SD Sofán, e que alcanza a estimable cifra de 28 tantos, ambos destacados dos seus perseguidores.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!