Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 25 de febrero de 2018

REsultados e clasificacións da "liga da costa e Cadetes::

  Non puideron conseguir a vitoria os Cadetes de "Esmorís" na mañá de hoxe na "Pedra Queimada" ante un correoso Camariñas, que non demostrou para nada o posto que ocupa de colísta na táboa. O seu goleador Anxo Méndez, autor dos tres tantos volveu tolos aos defensores malpicáns. Menos mal que Raúl, puido conseguir o empate nos minutos finais e salvar un punto.
  Resultado e goleadores: SCD MALPICA 3 - 3  CAMARIÑAS FC.

  1 - 0, Min. 33: Luisito. 2 - 0, Min. 35: Luisito. 2-1, Min. 39: Anxo. 2 - 2, Min. 49: Anxo. 2 - 3, Min. 65: Anxo. 3 - 3, Min. 75: Raúl.  

  Terceira derrota consecutiva da SCD Malpica e mal se poñen as cousas na clasificación xa que se lle van aproximando os rivais implicados no descenso.
    Saíron durmidos os malpicáns, pois aos 21 minutos, xa tiñan tres goles encaixados.
 Reultado Lira CF 3 - 2  SCd Malpica.

Goleadores: 1-0, m. 5: Martínez Piñeiro. 2-0, min. 18: Martínez Piñeiro. 3-0, m. 21: Bruno. 3-1, m. 24: Ures. 3-2, m. 89: Dimitri.
Resultado de veteranos:

Poniente 0 - 0  Malpica.-













AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 22 de febrero de 2018

Partidos da SCD Malpica para esta semana:



Rende visita a SCD Malpica nesta 22ª xornada de tempada, ao campo de Lombáns en Carnota, onde disputa o Lira CF, os seus partidos.

Os malpicáns logo de dúas xornadas sen puntuar, esperan que a terceira vaia a vencida e regresen cos tres puntos no seu casilleiro, falta lles fai, para achegarse matematicamente a postos de fora de perigo. Nesta xornada os de "Repi" non poden contar con Gonzalo, por sanción, pero xa poderá facelo Manteca, cumprido xa a súa sanción.

Os Cadetes de "Esmoris" reciben na "Pedra Queimada" ao "colista" Camariñas, na que poderán resarcirse das últimas derrotas, esperemos que os Luisito, Hugo, Raúl e compañía, saiban estar a altura e logren os tres puntos.

Os Veteranos tras dúas derrotas consecutivas na casa, desprázanse a Laracha, sendo o Poniente o seu contrincante, haber si tamén poden relaizar o dito que, a terceira vai a vencida.

2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 22ª:

Campo            :           “Lombáns”        (Carnota,  98 x 57,70, herba artificial)              
Equipos           :           LIRA CF    SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 25-02-18, 16:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. David Vázquez Lema, (2ª Aut. Colexio de Coruña)
           
            1ª Autonómica Cadete Grupo II – 2ª volta – Xornada 18ª:
Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           SCD MALPICA    CAMARIÑAS FC
Data e hora     :           Domingo: 25-02-18, 11:00 horas
Árbitro            :           Sr. Óscar Santos Rodríguez, (Colexio da Costa da Morte)

XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 22ª:

Campo            :           “Municipal Laracha ”     (Laracha, 102 x 61, herba artificial)
Equipos           :           PONIENTE   MALPICA
Datas e hora    :           Domingo: 25-02-18, 12:00 horas.-
Árbitro            :           Sr. España  Andrade.-

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 17 de febrero de 2018

Liga da Costa e Cadetes da costa:


       Mala segunda parte da SCD Malpica ante o CD Baiñas, o cal con dous homes que sobresaen na súa dianteira (Javi e Pablo Muiño) e o bregador centrocampísta Cristian Álvarez, bastaron para imporse a unha defensa local algo blanda. 
      Non bastou a constante  loita que mantivo o todo terreo Santi, moi abandoado esta tarde por Dani Casal e Gonzalo, que non tiveron á altura para frear nesta segunda parte o bo facer de Cristian álvarez.

      Goleadores: 0 - 1, m. 60: Cristian Álvarez. 0 - 2, m. 73: Javi. 1 - 2, m. 88: Vituco. 1 - 3, min. 95: Pablo Muiño.

      A pesar do estupendo partido disputado, facendolle fronte a todo un "lider" destacado, os Cadetes da SCD Malpica caeron esta mañá en campo propio ante o Outes CF, o gol local foi obra de Joel Morales, futbolista que comezou de porteiro, pero que o adestrador "Esmoris" sacou na segunda parte para tratar de mellorar o resultado, cousa que non dou froito, por que os visitantes meteronse atras e defenderonse con gato panza enriba. 

Resultados e clasficacions da xornada:
Veteranos:  Malpica 0 - 2  Hosgrán.-



  

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 16 de febrero de 2018

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta semana:


    Interesante xornada a deste fin de semana para os equipos malpicáns, así, mentres os Afeccionados de "Repi" disputarán un interesante partido fronte ao CD Baiñas, coas baixas ambos os dous por sanción de Manteca (por parte local) e de Jesús (por parte visitante), os Cadetes de "Esmoris", enfróntanse ao "lider" Outes CF, unha boa pedra de toque para os malpicáns, para iniciar un recuperación de resultados.
    Pola súa banda os Veteranos de "Dourado e Wasi", teñen un complicado partido fronte ao Hosgrán, 2º clasificado.

     Este é o calendario de partidos, con datas, horarios e árbitros:
   

2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 21ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA    CD BAIÑAS
Data e hora     :           Domingo: 18-02-18, 16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Óscar Rei Sánchez, (2ª Aut. Colexio de Coruña)
           
            1ª Autonómica Cadete Grupo II – 2ª volta – Xornada 17ª:
Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           SCD MALPICA    OUTES CF
Data e hora     :           Sábado: 17-02-18, 10:45 horas
Árbitro            :           Sr. Carlos Cotelo Lafuente. ( )

XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 21ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           MALPICA – CD HOSGRÁN  
Datas e hora    :           Domingo: 18-02-18, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Gerardo.-

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 11 de febrero de 2018

Marcadores e clasificacións Liga da Costa" e Cadetes Costa:

  
    Dous tiros ao longueiro, e claras ocasións de gol desperdiciadas, non permitiron á SCD Malpica, arrincar algún punto da súa visita a Zas.

    O SP. Zas que, tras disputar unha aceptable primeira parte, víuse superado totalmente polo conxunto malpicán na segunda, a pesar de non poder contar con Juan Fuentes nin con Gonzalo, o cal ambos mancados, non puideron saír nesta parte.

    Os locais na única contra a falta de 7 min. lograron desnivelar o marcador por medio de Rubio nun tiro cruzado que fixo inutil a estirada de Anxo. Antes empatara para á SCD Malpica o dianteiro Vituco de testarazo, ao recoller un rexeite do longueiro a tiro d Dani Casal.

     Boa actuación dos Cadetes da SCD Malpica, ante os Miudos, (2º clasificado) que lograron por en apertos a todo un poderoso equipo muradán.

      Veteranos:  MALPICA  2 - 4  SAN ISIDRO

      Marcadores e clasificacións:

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 9 de febrero de 2018

Axenda de partidos da SCD Malpica desta semana:

   
      Trala exitosa segunda volta que esta a facer o conxunto da SCD Malpica de "Repi", toca neste quinto partido da mesma, desprazarse a Zas, para enfrontarse ao SP. Zas, conxunto que tan sabiamente dirixe o home da "pipa", "mister" Corredoira.
      Espérase un partido difícil e moi competido, pois ambos equipos están sacando o mellor que teñen para saír definitivamente dos postos perigosos da táboa, pois, aínda que, nas últimas xornadas ambos os dous lograron escapar momentaneamente, os de baixo tamén veñen apertando.
      Os Cadetes de "Esmoris", que están pagando a "novatada" do primeiro ano de partidipación, viaxan tamén, desta vez a Muros, a enfrontarse aos Miudos, equipo que marcha na 2ª posición da táboa e que  na súa dianteira aos seus mellores homes, todos eles de máximos goleadores da categoría con 25, 15 e 13 goles cada un.
          Os veteranos enfróntanse na "Pedra Queimada" ao San Isidro, e esperan continuar coa súa boa xeira de resultados.     
       
  

2ª Autonómica Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 20ª:

Campo            :           “San Andrés”    (Zas, 92 x 57, herba artificial)              
Equipos           :           SP ZAS    SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 11-02-18, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Bruno Méndez Castro (1ª Aut. Colexio de Coruña)
           
            1ª Autonómica Cadete Grupo II – 2ª volta – Xornada 16ª:

Campo            :           “Eleuterio Balayo”         (Muros, 94 x 53, herba artificial)
Equipos           :           E.D. OS MIUDOS    SCD MALPICA 
Data e hora     :           Domingo: 11-02-18, 11:30 horas
Árbitro            :           Sr. D. Thiaw, Mar(2ª Aut. Colexio da Santiago)

XV Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – Xornada 20ª:


Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           MALPICA – S. ISIDRO  
Datas e hora    :           Domingo: 11-02-18, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Juan Alberto.-
(nota: este partido xógase en Malpica, por permuta  de campos na primeira volta)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!