Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

martes, 22 de agosto de 2017

Terceiro partido amigable:

Con algo de retraso debido a causas alleas ao informador deste blogue, comunicamos aos seguidores da SCD Malpica e a todos os afeccionados da "costa" en xeral que, o pasado sábado 19-08-17, celebrouse na "Pedra Queimada" o terceiro partido amigable desta tempada entre a SCD Malpica e o Orillamar SD, (A Coruña) da primeira Galicia.

Resultado: SCD Malpica   0 - 5  Orillamar SD
Goles: 0-1, m. 7, Lava. 0-2, m. 25: Pastur. o-3, m. 52: Santi. 0-4, m. 60: Quillo. 0-5, m. 86: Quillo.

A SCD Malpica que non puido contar para este encontro con varios futbolistas que van a defender ao clube durante esta tempada, por causas imprevistas de ultísima hora, e,  que non deron tempo a suspendelo partido por estar xa en camiño o equipo coruñés, sifriu unha lóxica derrota, ante un equipo mais conxuntado e con varios amigables de pretempada xa disputados.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 17 de agosto de 2017

Amigable na "Pedra Queimada":


Trala disputa do trofeo da "Olería" en Buño, a SCD Malpica, disputará pasado mañá sábado: 19-08-17, as 19:00 o terceiro amigable da tempada fronte ao equipo coruñés recentemente ascendido á Primeira Autonómica, ORILLAMAR SD.

Nin que dicir ten, que o equipo coruñés é un difícil adversario para os malpicáns por ser un conxunto punteiro do fútbol modesto da capital, e, será unha boa pedra de toque para comprobar a posta a punto dos discipulos de Repi e Esmorís (o seu segundo).

Hai moitas caras novas na SCD Malpica e os afeccionados terán a ocasión de comprobalo se acuden o sábado a presenciar o partido e facerse unha composición de lugar de cara a nova tempada que se presenta moi reñida e con tres descensos directos, pois este ano a "liga da costa"  estará constituida por 16 equipos e comezará o 17-09-17.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 12 de agosto de 2017

XVII Trofeo da Olería

Tal como se informara neste blogue, celebrouse na data de hoxe, sábado, no campo de "Xaviña" de Buño, o "XVII Trofeo da Olería", trofeo que ven a pechar a famosa mostra da olería de Buño todos os anos, este ano como novidade chamada a MOST-B.

Participaron os equipos do Concello: BuñoSCD, SCd Malpica, UD Cerqueda e Sp. Seaia.

1º partido:  SCD Malpica 2 - 2 UD Cerqueda
Goles: 1-0, m. 27: Dariel. 2-0, m. 32: Dariel. 2-1, m. 34: Iván Mato. 2-2, m. 42: Iván Mato (p). Para dilucidar o 1º finalista, houbo que lanzar unha tanda de penaltis, vencendo  a SCd Malpica, 4-3.

2º partido: Buño SCD 2 - 0  Sp. Seaia.
Goles: 1-0, m. 15: Gurita. 2-0, m. 26: Manuel.

Partido para 3º e 4º posto:  UD Cerqueda 6 - 1 Sp. Seaia.
Goles: 1-0, m. 7: Adrián. 2-0, m. 15: Adrián (p). 2-1, m. 26: David. 3-1, m. 27: Méndez. 4-1, m. 38: Iván Mato. 5-1, m. 39: Adrián. 6-1, m. 40: Adrián.

GRAN FINAL:  Buño SCD  1- 1 SCD Malpica.
Goles: 1-0, m. 32: Gurita. 1-1, m. 35: Alberto.
Vencedor do Trofeo, Buño SCD, por penaltis. (5-4)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

martes, 8 de agosto de 2017

Actualidade da SCD Malpica:




COMEZO DOS ADESTRAMENTOS:

Baixo a dirección técnica de Alberto Felipez Ventureira (Repi) e de José R. Esmoris Carracedo (Esmoris), adestradores dos equipos  de Afeccionados e Cadetes respectivamente, a SCD Malpica dou comezo os adestramentos para vindeira tempada 2017/2018.

O acto, que contou coa presencia da xunta directiva do clube encabezada polo seu presidente Manuel Suárez Cotelo, celebrouse no campo da “Pedra Queimada” o venres día 04-08-17.

O plantel de futbolistas Afeccionados, aínda algo reducido e que se irá incrementando en cuestión de días en ambas categorías, presenta varias caras novas con respecto a tempada pasada e outras que xa proceden da anterior.

CAPTACIÓN DE SOCIOS: (UN SOCIO UNHA CAMISETA DO CLUBE)

Dende o primeiro de Agosto, a xunta directiva da SCD Malpica, comezou a captación de socios para a nova tempada, que este ano, ten ademais un aliciente engadido y é, agasallar a cada socio que colla o carné cunha camiseta  do clube, que poderá lucir nos partidos ou onde estime conveniente.
Unha boa iniciativa da directiva da SCD Malpica que seguramente dará resultados apetecibles logrando sensibilizar aos afeccionados para aumentar o número de socios.

CATRO SON AS MODALIDADES DE SOCIOS PARA ESTA CAMPAÑA:

Socios de Honra:      (PREZO SUPERIOR A 100 EUROS)
Socios Especiais:      (PREZO 100 EUROS)
Socios Protectores:  (PREZO 75 EUROS)
Socios de Número:   (PREZO 40 EUROS)

XVI TROFEO DA OLERÍA:

O vindeiro sábado día 12-08-17, como ben sendo habitual todos os anos, celebrarase no campo de “Xaviña” de Buño, (99 x 60) a XVI edición do “Trofeo da Olería” no que participarán os catro equipos federados do Concello de Malpica, nomeados por orde de antigüidade: Buño SCD, SCD Malpica, UD Cerqueda, Sp. Seaia.

1º partido - Sábado 12-08-17, 17:00 horas:   SCD Malpica – UD Cerqueda
2º partido – Sábado 12-08-17, 18:00 horas:  Buño SCD – Sp. Seaia
3º partido -  Sábado 12-08-17, 19:00 horas:    e  4º posto, entre os perdedores
4º partido -  Sábado 12-08-17, 20:00 horas:  Gran Final.


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!