COMEZO DOS ADESTRAMENTOS:
Baixo a dirección
técnica de Alberto Felipez Ventureira (Repi)
e de José R. Esmoris Carracedo (Esmoris),
adestradores dos equipos de Afeccionados
e Cadetes respectivamente, a SCD Malpica dou comezo os adestramentos para vindeira
tempada 2017/2018.
O acto, que contou
coa presencia da xunta directiva do clube encabezada polo seu presidente Manuel
Suárez Cotelo, celebrouse no campo da “Pedra Queimada” o venres día 04-08-17.
O plantel de
futbolistas Afeccionados, aínda algo reducido e que se irá incrementando en
cuestión de días en ambas categorías, presenta varias caras novas con respecto
a tempada pasada e outras que xa proceden da anterior.
CAPTACIÓN DE SOCIOS: (UN SOCIO UNHA CAMISETA DO CLUBE)
Dende o primeiro
de Agosto, a xunta directiva da SCD Malpica, comezou a captación de socios para a nova tempada, que este ano, ten ademais
un aliciente engadido y é, agasallar a
cada socio que colla o carné cunha camiseta do clube, que poderá lucir nos partidos ou onde
estime conveniente.
Unha boa
iniciativa da directiva da SCD Malpica que seguramente dará resultados
apetecibles logrando sensibilizar aos afeccionados para aumentar o número de socios.
CATRO SON AS MODALIDADES DE SOCIOS PARA ESTA CAMPAÑA:
Socios de Honra: (PREZO
SUPERIOR A 100 EUROS)
Socios Especiais: (PREZO
100 EUROS)
Socios Protectores: (PREZO
75 EUROS)
Socios de Número: (PREZO
40 EUROS)
XVI TROFEO DA OLERÍA:
O vindeiro sábado
día 12-08-17, como ben sendo habitual todos os anos, celebrarase no campo de “Xaviña”
de Buño, (99 x 60) a XVI edición do “Trofeo da Olería” no que participarán os
catro equipos federados do Concello de Malpica, nomeados por orde de antigüidade: Buño SCD, SCD Malpica, UD Cerqueda, Sp.
Seaia.
1º partido - Sábado 12-08-17, 17:00 horas: SCD Malpica – UD Cerqueda
2º partido – Sábado 12-08-17, 18:00 horas:
Buño SCD – Sp. Seaia
3º partido - Sábado 12-08-17, 19:00
horas: 3º e 4º
posto, entre os perdedores
4º partido - Sábado 12-08-17, 20:00
horas: Gran Final.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!