Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 3 de julio de 2022

AÍNDA QUE, CON APUROS, Á SD FISTERRA CAMPIOA DA "LVII COPA DA COSTA"

    Pola mínima pero suficiente,á SD Fisterra, logra súa cuarta "copa da costa".

   A diferencia de dúas categorías entre ambos equipos, non se traducíu no campo, pola intensidade que lle puxo ao partido á SCRD Esteirana, pero...


 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 26 de junio de 2022

FINAL "COPA COSTA" VETERANOS E SEMIFINAIS DE AFECCIONADOS:

   PECHOUSE A TEMPADA 2021/22, DOS VETERANOS DA "COSTA" E PECHOUSE COA FINAL DA "COPA DA COSTA" DISPUTADA NO CAMPO DA XAVIÑA DE BUÑO ÁS 11 HORAS, COA DISPUTA DA FINAL, ENFRONTÁNDOSE OS EQUIPOS DE SD S. LOUREZNO DE BERDILLO E ACD S. ROMÁN DE CABO VILANO, RESULTOU BRILLANTE VENCEDOR Á SD S. LOURENZO:

 Cadro explicativo:

 

 Non houbo sorpresas nas semifinais da "Copa da Costa" de afeccionados celebradas esta tarde nos campos da "Arliña" (Muxía) e Xosé Luís Vara (Esteiro-Muros), tanto a SCRD Esteirana como á SD Fisterra, eran favoritos e así o demostraron no campo, aínda que os rivais puxéronllo difícil, especialmente o Muxía CF que logrou adiantarse no marcador.

Estes foron os resultados:



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 19 de junio de 2022

COPAS DA COSTA: AFECCIONADOS E VETERANOS:

        Sen sorpresas nos resultados da "Copa da Costa" de afeccionados. Salientar a suspensión do partido UD Monte Louro-SCRD Esteirana, por causa dunha lesión entre dous futbolistas.

      Polo demais nos resultados que se deron nestes cuartos de final destaca o triunfo da SD Castriz en Berdillo e a goleada do Muxía ante o Outes FC, considerase normal o triunfo da SCD Fisterra ante o Volantes de Baño, pola diferencia de categoría.

     Nos resultados da "copa" dos veteranos, sorprende a derrota no seu campo, aínda que sexa por penaltis, do Arasolis FC ante ACD San Román e considerase normal o pase a semis da SD San Lourenzo (un primeira) ante o Buños SCD.

     A continuación detallanse as táboas dos resultados e os clasificados para as seguintes fases:


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 12 de junio de 2022

AVANCE INFORMATIVO: "COPAS DA COSTA":

   Esta mañá disputáronse os cuartos de final da "copa da costa" de veteranos, dándo os resultados que mais abaixo se detallan; nesta eliminatoria, quedou apeado á SCD Malpica, ante o "lider" e campión da liga regular o Arasolis FC de Fisterra, (4-0).

   Goleadores:  1-0, m. 10: Antonio Canosa. 2-0, m. 16: Alberto Marcote. 3-0, m. 48: Luís Velay. 4-0, m. 51: Juanjo Martínez.

   Este resultado non empaña para nada á excelente tempada dos veteranos malpicáns, os cales tras clasificarse para a promoción de ascenso, caeron na copa, ante o campión.

  

      Ao longo da tarde, celebráronse os partidos de Oitavos de Final da "copa da costa" de afeccionados, na que houbo grandes sorpresas, como son, as eliminacións dos equipos de 1ª Galicia: CF Corme, CF Dumbría, Ponteceso SD, Mazaricos, CF e o CD Baio a cargo de equipos da 2ª Galicia.

      Os resultados foron os seguintes:

 


 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

   

domingo, 5 de junio de 2022

RESULTADOS DA COPA DA COSTA-AFECCIONADOS E VETERANOS:

   Disputáronse este domingo as eliminatorias da "copa da costa". No que atañe aos veteranos foron os oitavos de final en canto ao afeccionados foron os dezaseisavos.

  En veteranos, os compoñentes da SCD Malpica, lograron o seu pase a cuartos, nada menso que derrotando a todo un ADC Veteranos de Ponteceso, na tanda de penaltis (0-3), o partido acabou con empate a ceros.

Os malpicáns, que non erraron nos tres penaltis que lanzaron por mediación de: Carlos, Mútiu e Gurita, conseguiron o pase, ao errar os tres lanzamentos seguidos de José Rei, Fº García e Ángel Suárez, por parte dos pontecesáns.

   Vexan a continuación os marcadores de ambas categorías nas táboas que se detallan:



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 29 de mayo de 2022

O CF CORME XUVENIL, BRILLANTE CAMPIÓN DA "COPA DA COSTA"

    Esta tarde no campo de "Xaviña", os xuvenís do CF Corme, proclamáronse brillantamente campións da "copa da costa" Tampada 2021/22, ao derrotar aos xuvenís do Xallas FC.

  O Gol do triunfo fi marcado por Rubén no m. 38 de partido.

      A SCD Malpica de Veteranos, perdeu á oportunidade de ascendes a División de Honra de Veteranos, ao perder na tanda de penaltis ante á SD Fisterra Veteranos, logo de que, ao final dos noventa minutos o resultado foi de empate a un gol.

   Goleadores: 1-0, m. 62: Palermo. 1-1, m. 63: Fº del Río.

 



   Penaltis: SCD Malpica: Nacho: Fallo        SD Fisterra: Manuel Caamaño: Fallo

          "                  "       Gurita:  Gol                    "        Roberto Lado     : Gol

          "                  "Alb. Carballo: Gol                  "        Alejandro Canosa: Gol

          "                      Luís Naya :  Gol                  "        Salvador García:  Gol

          "                          Palermo:  Gol                  "       Fº Riveiro          :  Gol

          "                      Diego Mato: Fallo                "       Miguel Ángel      : Gol

                                                               Final 4-5


   Igualmente, dou comezo a "Copa da Costa" de veteranos, na súa primeira eliminatoria, os partidos disputaránse todos a partido único.

    Os resultados e clasificados da eliminatoria previa foron os que se detallan en táboa aparte:

 

      Tamén comezou a "Copa da Costa" de afeccionados, celebrándose unha eliminatoria previa, entre o Cabana SD e o CF Corme, o resultado do partido é o que se inserta a continuación:


 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 21 de mayo de 2022

"COPA DA COSTA" XUVENIL-RESULTADOS VETERANOS E "LIGA DA COSTA"

 Novo fracaso da SCD Malpica na súa vista a Louro na que regresa cunha dolorosa derrota que o emborca iremisiblemente na 3ª Galicia. (3-0).

  Goleadores: 1-0, m. 21 Xian. 2-0, m. 59: Xian. 3-0, m. 76: Raúl Olveira. 




  Pola súa banda e, con moito sufrimento, pois tivo que percurrir a tanda de penaltis, os Veteranos da SCD Malpica clasifíncase para a final de ascenso a División de Honra, fronte aos veteranmos do Fisterra.

  Goleadores: 1-0, m. 18: Mútiu. 1-1, m. 46: Fº Álvarez.

  Tanda de penaltis: Gurita Gol. Mútiu Gol. Leo, fallou. Nacho, fallou. Joshua    Gol. Palermo Gol.

  Luís Giance, fallou. Gerardo, Gol. Juan Carlos, fallou. Fº.Álvarez, fallou. Néstor, Gol. José Muiño, Gol.


 

   XALLAS CF -CF CORME,  final da XV "Copa da Costa" xuvenil.

   Na tarde de hoxe, disputáronse as semifinais da "Copa da Costa" xuvenil, proclamándose brillantemente finalistas O CF Corme e o Xallas CF ao eliminar respectivamente ao CSD Sofán e Cabana SD, os resultados foron os que se detallan:


 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 14 de mayo de 2022

COPA COSTA XUVENIS-ASCENSO LIGA GALEGA XUVENIS, RESULTADOS VETERANOS E LIGA DA COSTA:

    A semana pasada disputouse a eliminatoria de ascenso a "Liga Galega" de xuvenis, sendo o representante de "costa" o subcampión Cabana SD. 

   O campión CSD Sofán, ao ser filial do Bergantiños CF, a RFGF non lle permitiu participar por estar o conxunto de Carballo xa nesa categoría.

   O Cabana SD, foi eliminado polo Amio SD de Santiago, cuxo resultado se detalla na táboa adxunta.

    En canto as seminfinais da "copa da costa" xuvenil, partidos de ida, os resultados foron os que a continuación se detallan:



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

 

 

Penúltima xornada das fases de ascenso e permanencia da "Liga da Costa" os resultados acaecidos nesta xornada, deixan unha decepcionante e negativa noticia para á SCD Malpica, sellando o descenso de categoría dos malpicáns.

En canto ao ascenso a Primeira Galicia haberá que esperar á última xornada para decidir o título entre o Muxía CF e á SCDR Esteirana, actualmente igualados a puntos.

Celebrouse tamén a última xornada da 1ª Galicia da liga de Veteranos, onde os Veteranos da SCD Malpica, romperon a boa racha de resultados ante os veteranos da SD Fisterra, isto levounos a descender dun meritorio 3º posto a un discreto 5º.

A continuación reflexanse os resltados e as clasificacións da xornada:






 

sábado, 7 de mayo de 2022

"LIGA DA COSTA", "COPA COSTA" XUVENIL E 1ª GALICIA VETERANOS:

   Celebráronse hoxe, os partidos de volta dos cuartos de final da "copa da costa" xuvenil, dándose os resultados que se publican no recadro que se detalla:

  PERIGOSA DERROTA DA SCD MALPICA NA "PEDRA QUEIMADA", QUE O FUNDE NO ÚLTIMO POSTO DA CLASIFICACIÓN DO SEU GRUPO E QUEDA COMO CANDIDATO AO DESCENSO A TERCEIRA GALICIA, OS MALPICÁNS MALOGRARON UN RENDA DE DOUS GOLES DEIXÁNDOSE REMONTAR POLOS DE VERDILLO:

  SCD MALPICA 2 - 3 SD SAN LOURENZO.

 Goleadores: 1-0, m. 9: Adai. 2-0, m. 12: Iván Rodríguez. 2-1, m. 15: Diego. 2-2. m. 55: Álex Taibo. 2-3, m. 90: Pablo Díaz.

 




 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

Pola súa banda os veteranos da SCD Malpica, continúan realizando unha formidable tempada os cales, logo de comezar titubeando nas primeiras xornadas, están acabando imbatibles, o que os está aupando a 3ª posición na táboa con moitas posibilidades de alcanzar o subcampionato, si patinan os de Leiloio na última xornada e os malpicáns derrotan as de Fisterra.

Esta mañá na Laracha ante o Soandres CF, lograron un escandalosa vitoria por 0-8.

Goleadores: 0-1, m. 1: Palermo. 0-2, m. 9 Mútiu. 0-3, m. 17: Palermo. 0-4, m. 20: Palermo. 0-5, m. 47: Abel. 0-6, m. 68: Palermo. 0-7, m. 70: Palermo. 0-8, m. 75: Gurita.  


 

sábado, 30 de abril de 2022

FUTBOL: VETERANOS SCD MALPICA , "COPA DA COSTA" XUVENIL E "LIGA DA COSTA":

   En partido aprazado da xornada 15ª, os veteranos da SCD Malpica superaron con autoridade ao CD Nantón por 3 -1 na "Pedra Queimada" na tarde noite de onte venres, con este resultado, os veteranos malpicáns aúpanse á segunda praza da clasificación:

   Goleadores: 0-1, m. 14: Luís Giance. 1-1, m. 15: Joshua. 2-1, m. 66: Palermo. 3-1, m. 76: Gurita.


   Resultados da "copa da costa" xuvenil disputados este sábado:

    A SCD Malpica, fúndese na "Pedra Queimada" ante a UD Monte Louro, o conxunto muradán fulminou cunha tremenda goleada aos malpicáns, os cales con esta derrota e, a falta de tres xornadas quedan tocados para permanecer na categoría: 1-6.

    Goleadores: 0-1, m. 7: Xian. 0-2, m. 19: Xian. 0-3, m. 29: Juan Lóis. 0-4, m. 45: Juan Lóis. 1-4, m. 58: Jairo, de penalti. 1-5, m. 65: Xian. 1-6, m. 82: Juan Lado.

     Todos os resultados da xornada, así como as clasficacións actuais detallanse a continuación:





AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 23 de abril de 2022

AVANCE INFORMATIVO: "COPA DA COSTA" XUVENIL Y FINAL (VOLTA) TÍTULO DE LIGA XUVENIL:

    Primeira eliminatoria da "Copa da Costa" xuvenil, partidos de volta, estes foron os resultados, clasificándose para a seguinte rolda os equipos que figuran no recadro que máis abaixo se indica, e, que figuran coloreados en "verde":

 Por outra banda celebrouse na tarde de hoxe o partido de volta para decidir o título de campión da liga xuvenil da "costa" da tempada 2021/2022. O resultado foi o que a continuación se detalla:

   CSD Sofán 0 - 1  Cabana SD. Dado que, no resultado da ida déuse o resultado de SD Cabana 0 - 1 CSD Sofán, o título houbo que decidilo na tanda de penaltis, vencendo o CSD Sofán por 3-2.

 Por tanto o CSD SOFÁN, DISPUTARÁ A FASE DE ASCENSO A LIGA GALEGA, XUNTO COS DOUS CLUBES DE SANTIAGO.
 

   Resultados da xornada de hoxe da 1ª Galicia de Veteranos e das fases de ascenso e permanencia da "Liga da Costa", grupos onde compite á SCD Malpica:

 Afeccionados: Lira CF  2 - 1  SCD Malpica

Goleadores: 0-1, m. 7: Laik. 1-1, m. 54: Raúl Añón. 2-1, m. 70: Diego Iglesias.

Veteranos:  SCD Malpica  4 - 1  CF Corme. 

Goleadores: 1-0, m. 24: José L Arcay. 2-0, m. 62: Palermo. 2-1. m. 87: Juan Torrado. 3-1, m. 88: Gurita. 4-1, m. 90: José L. Arcay.

  Os demais resultados e as clasificacións, detallanse a continuación:


 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!




sábado, 9 de abril de 2022

X U V E N I S : FASE DE CAMPIÓNS- E "COPA DA COSTA ". FÚTBOL VETERANO, "LIGA DA COSTA" FASES DE CAMPIÓNS E PERMANENCIA: A

    Logo de finalizada a "Liga da Costa" xuvenil, e despois de disputarse as eliminatorias polo título entre os dous primeiros clasificados de cada grupo. Clasificaronse para xogar polo título de Campión, a SD Cabana e CSD Sofán. 

     O partido de ida disputado esta tarde en Cabana acabou co resultado que se detalla en cadro adxunto:

     O resto dos doce equipos (Os Miúdos retirouse), participan na "copa da costa" cuxa primeira xornada celebrouse hoxe, previo sorteo na RFGF, os emparellamentos r resultados dos partidos de ida, forn os que a continuación se detallan:

Resultados e clasificacións da xornada de hoxe, correspondente a Fase de Ascenso e Fase de Permanencia da "Liga da Costa" así como, do campionato de liga de Veteranos da 1ª Galicia:

Esta tarde en Verdillo, meritoria victoria da SCD Malpica o cal comeza a liguiña de Permanencia con moi bo pe:

SD S. Lourenzo 0 - 2 SCD Malpica

Goleadores: 0-1, m. 58: Laik. 0-2, m. 62: Mateo.

Pola súa banda, os veteranos da SCD Malpica, conseguiron un excelente triunfo ante os segundos clasificados, Clube Veteranos de Leiloio que os aproxima aos postos de loitar polo ascenso de categoría:

Clube Veteranos de Leiloio 0 - 1 Veteranos SCD Malpica.

Gol: m. 40: Palermo.




AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 2 de abril de 2022

AVANCE DEPORTIVO: FASE ASCENSO XUVENIS-PARTIDOS DE VOLTA-LIGA VETERANOS:

   Fase de clasificación para dilucidar o campión de grupo, partidos de volta:

   CSD Sofán  4 - 0 UC Cee

   SCRD Esteirana  1 - 2  Cabana SD.

   Disputarán a final para o título de liga e posteriormente o campión xogará a fase de ascenso a Liga Galega.

   CSD Sofán - Cabana SD 


   AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

 

 

17ª Xornada da liga de veteranos e segunda derrota consecutiva dos malpicáns que os alonxan na táboa dos postos de loitar polo ascenso a falta de cinco xornadas para o término da liga regular, na data de hoxe na "Pedra Queimada, sorpresa da SD Oza que se quedou cos tres puntos contra todo pronóstico:

Vete S.C.D. Malpica  0 - 1  SD Oza. Gol no min. 70 de Daniel Romay.


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 26 de marzo de 2022

AVANCE DE INFORMACIÓN: XUVENIS DA "COSTA". LIGA DA COSTA E VETERANOS:

    Primeira eliminatoria da fase de campións de xuvenis da "costa", enfrontáronse na tarde de hoxe o primeiro do Grupo A contra o segundo do Grupo B: CSD Sofán-UC Cee e, o primeiro do Grupo B contra o segundo de Grupo A: SCRD Esteirana-Cabana SD.

   Os partidos serán a dobre volta e os vencedores disputarán a final que posteriormente proclamará ao campión de ambos grupos, éste, diputará, xunto cos dous conxuntos da zona de Santiago, a fase de ascenso a Liga Galega.

  Os resultados desta primeira eliminatoria foron os que a continuación se detallan:


 A
GORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

 

 

ESTA TARDE ACABOU A PRIMEIRA FASE DA "LIGA DA COSTA"  E ADEMAIS CELEBROUSE A 16ª XORNADA DE VETERANOS (1ª GALICIA). OS RESULTADOS ACADADOS POLOS EQUIPOS DA SCD MALPICA FORON OS SEGUINTES:

AFECCIONADOS: SCD MALPICA 2 - 2  SD CASTRIZ. GOLES: 0-1, M. 44: ÁLVAREZ. 0-2, M. 51: ÁLVAREZ. 1-2, M. 74: ADAY. 2-2, M. 86: ANDI REI. FOI EXPULSADO O FUTBOLISTA LOCAL JORDAN, M. 88.

VETERANOS: SP. BÉRTOA  2 - 1  SCD MALPICA. GOLES: 1-0, M. 24: MIGUEL COTELO (PENALTI). 2-0, M. 49: CLAUDIO PAVEZ. 2-1, M. 52: JOSÉ LUÍS ARCAY.


 


domingo, 20 de marzo de 2022

ÚLTIMA XORNADA DA COMPETICIÓN DA "COSTA XUVENIL": RESULTADOS DA "LIGA DA COSTA"

  Na tarde deste sábado disputouse á última xornada da campionato da liga regular de fútbol da "costa" xuvenil, os resultados desta última xornada, así como, a clasificación final quedou establecida como a continuación se detalla:

 

  Están clasificados para desputar á fase final do campionato, e, posteriormente a fase de ascenso a Liga Gallega" os seguintes conxuntos que quedarán emparellados da seguinte forma:

CSD Sofán  -  UC Cee

SCRD Esteirana  -  Cabana SD.

Os clubes vencedores, xogarán á final  que dará ao vencedor do campionato da liga xuvenil "Costa". Éste VENCEDOR, desputará o ascenso a Liga Galega" xunto cos clubes dos Grupos 4º e 5º da zona de Santiago.

O resto de clubes, desputarán a "copa da costa" xuvenil, cuxo emparellamento efectuará a RFGF.

     RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS DA "LIGA DA COSTA" E DA PRIMEIRA GALICIA DE VETERANOS, DESPUTADOS ESTE DOMINGO:

Os Veteranos Malpicáns, adiaron o seu partido fronte ao CD Nantón. Pola súa banda a SCD Malpica de afeccionados volveu a caer derrotado, esta vez en Corristanco por 2-1.

Goleadores: 0-1, m. 4: Manteca. 1-1, m. 30: Dani Castiñeiras. 2-1, m. 70: Dani Castiñeiras.




AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!