Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

martes, 30 de julio de 2019

XIX TROFEO DA OLERÍA:




  
"XIX TROFEO DA OLERÍA"

  
   Tras unha tempada sen participar por discrepancias entre Directiva e Concello; á nova xunta da SCD Malpica, acorda acudir a cita do prestixioso "Trofeo da Olería" que este ano cumpre á dezanoveava edición.

  Os equipos contendentes son os catro conxuntos pertencentes ao Concello de Malpica, por orde de antiguedade e, que é o seguinte:
   Buño SCD, SCD Malpica, UD Cerqueda e Sp. Seaia.
   Celebrado, nas dependencias municipais do Concello Malpicán o correspondente sorteo, este, emparellou aos equipos e, en horarios do seguinte xeito:

   Domingo 04-08-19: 
   Buño SCD - Sp. Seaia, 18:00 horas.
   UD Cerqueda - SCD Malpica, 19:00 horas.

   3º e 4º Posto: 
           Equipos perdedores, 20:00 horas

FINAL: 
Equipos gañadores, 21 horas

Noutro orde de cousas e, para información a todos socios e seguidores da SCD Malpica, hai que resaltar o traballo físico que están a realizar os novos compoñentes da Xunta Directiva malpicana, os cales por iniciativa propia e coa axuda desinteresada de algunha empresa (non local), que lles facilitou material, están dándolle un grande lavado de cara con pintura ás paredes do recinto e dos retretes, así como, nestes, instalándolle pezas novas de inodoros ademais de repasar e prender con parafusos as butacas de asientos das gradas. Esta obra de remodelación poderán comprobala os asistentes ao primeiro partido que se celebre na "Pedra Queimada".
Noraboa!
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

 
  
    

lunes, 22 de julio de 2019

Completada a directiva da SCD Malpica:


  A data de hoxe, o clube SCD MALPICA, xa ten ao completo a listaxe da Xunta Directiva, tras días de diversos contactos polo pobo malpicán, no que houbo de todo, até o caso de que algún dos, de primeiro comprometidos, ás poucas horas decidiron borrarse, finalmente, e, sen pecharse definitivamente a listaxe para algunha nova incorporación se aparece con gañas de unirse ao traballo, os compoñentes son os seguintes:

1.-Presidente:            Jesús Vila Varela.
2.-Vicepresidente 1º : Adrián Bardanca Martínez
3.-Vicepresidente 2º : Manuel Lema Vidal
4.-Secretaria           : Mónica Martínez Castro
5.-Tesoureiro           : José Luís Bardanca Rojo
6.-Vogal                  : Federico Blanco charlín
7.-Vogal                  : Manuel Vilas Varela
8.-Vogal                  : Ramón Gundín González
9.-Vogal                  : Manuel Verdes Lista
10.-Vogal                : José Luís Rodríguez Horsburch
11.-Vogal                 : María Ordoñez Abelenda

  En total once membros directivos, que van relanzar á SCD Malpica a categoría que se merece, participando en CATRO COMPETICIÓNS: Afeccionados, Xuvenis, Prebenxamíns e Biberóns.
  Damoslle a benvida aos valentes e novos directivos e dexesámoslle toda clase de éxitos.

  Para comezar e, co ánimo de emprender os retos de crear as categorías enriba relacionadas, solicitaronlle a es informador, que, poña o seguinte anuncio neste blogue:


A V I S O:

  TODOS NENOS E NENAS PERTENCENTES AO CONCELLO DE MALPICA  OU

CONCELLOS LIMÍTROFES, EN IDADES COMPRENDIDAS ENTRE, CATRO, CINCO, 

SEIS, SETE, CATORCE, QUINCE, DEZASEIS, DEZASETE, DEZAOITO E DEZANOVE 

ANOS, PODEN ACUDIR AO CAMPO DE "PEDRA QUEIMADA" O  VINDEIRO MÉRCORES 

A PARTIR DAS 20:OO HORAS, OU PORSE, OS PAIS DAS NENAS E NENOS EN CONTACTO CON 

ALGÚN DOS DIRECTIVOS ENRIBA RELACIONADOS, PARA PODER FACERLLE FICHA 

E PARTICIPAR NAS COMPETICIÓNS NAS QUE FIGURA INSCRITA Á SCD MALPICA.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


 

domingo, 21 de julio de 2019

Novidades da SCD Malpica:


  O Secretario accidental da actual xunta directiva da SCD Malpica D. Federico Blanco Charlín, comunicoulle a este historiador do clube, que, para a vindeira tempada 2019/2010, á SCD Malpica, participará nas competicións de: 

SEGUNDA GALICIA, afeccionados. (Liga da Costa).
PRIMEIRA GALICIA, xuvenis, (Grupo da costa)

 Ademais, inscribíu na RFGF (Real Federación Galega de Fútbol) a participación de equipo de BIBERÓNS, (F.8), (NENOS/NAS DE 4, 5, anos).

 Igualmente, esta a tratar xuntar nenos/nas, para Prebenxamíns (F. 8) (6 e 7 anos). No caso de que se xunte, tamén se inscribirán para participar federados na categoría.

  Tamén se lle solicitou ao historiador, que publique neste blogue, que en cuestión de días, comezarase a repartir os carnets de SOCIOS, para nova tempada 2019/2020, fixándose, por acordo da xunta directiva, as seguintes modalidades e prezos:

  SOCIO PROTECTOR..................    60 EUROS.
  SOCIO DE EMPRESA.................    50    "
  SOCIO DE NÚMERO..................    40    "

Continuaremos informando...
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

domingo, 14 de julio de 2019

Á SCD MALPICA XA TEN NOVO PRESIDENTE:


  AO FINAL HOUBO "FUMATA BRANCA" E, Á SCD MALPICA XA CONTA DENDE ESTA MAÑÁ CON NOVO PRESIDENTE E NOVA XUNTA DIRECTIVA:

    DON JESÚS VILA VARELA, é dende esta maña novo Presidente do clube SCD Malpica, trala segunda reunión seral ordinaria celebrada nas oficinas do clube na "Pedra Queimada" esta mañá ás once horas.

   O até agora Presidente, D. Manuel Suárez Cotelo, o cal acabou catro anos de mandato e cesou por iniciativa propia, entregou o "bastón de mando" ao Sr. Vila, quen a súa vez, era Vicepresidente co cesado Presidente.

   O Sr. Vila Varela, agora xubilado e antes profesional da construción e edificación, xa tivo a presidencia da SCD Malpica, nas tempadas: 1990/91 até 1991/92, 1993/94 até 1994/95, 2003/04 até 2005/06, en total sete tempadas.

   É polo tanto, un veterano en saber levar ao "barco a vo porto". Comezará maña mesmo (luns) a reunir e nomear a listaxe dos demais compoñentes da xunta directiva, na que xa ten varios candidatos en carteira, pero non quere citar a ningún até que teña definitivamente a lista completa.

   Logo de reunir a todos compñentes da directiva, segundo se me informa, designará cargo a cada un deles para que cada cal se adapte a traballar na faceta designada; tamén e,  segundo puido saber este informador, comezará a tomar contacto co adestrador qué, ao parecer, vai ser o da tempada pasada, Sr. Adrián Bardanca "Gurita" o cal comezará tamén a tomar contacto cos mebros da plantilla de futbolistas para súa renovación, pois casi todos queren continuar no clube. Tampouco se descarta á posibilida de impulsar de novo o fútbol base con categorías, xuvenil, cadetes e infantil. Polo menos esas son ás primeiras ideas do novo Presidente na toma de posesión do mando, aínda que, debido ao avanzado das datas, e moi dificil xuntar rapaces, pero intentar vaise intentar.

   Seguiremos informando...

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!