Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

martes, 30 de julio de 2019

XIX TROFEO DA OLERÍA:




  
"XIX TROFEO DA OLERÍA"

  
   Tras unha tempada sen participar por discrepancias entre Directiva e Concello; á nova xunta da SCD Malpica, acorda acudir a cita do prestixioso "Trofeo da Olería" que este ano cumpre á dezanoveava edición.

  Os equipos contendentes son os catro conxuntos pertencentes ao Concello de Malpica, por orde de antiguedade e, que é o seguinte:
   Buño SCD, SCD Malpica, UD Cerqueda e Sp. Seaia.
   Celebrado, nas dependencias municipais do Concello Malpicán o correspondente sorteo, este, emparellou aos equipos e, en horarios do seguinte xeito:

   Domingo 04-08-19: 
   Buño SCD - Sp. Seaia, 18:00 horas.
   UD Cerqueda - SCD Malpica, 19:00 horas.

   3º e 4º Posto: 
           Equipos perdedores, 20:00 horas

FINAL: 
Equipos gañadores, 21 horas

Noutro orde de cousas e, para información a todos socios e seguidores da SCD Malpica, hai que resaltar o traballo físico que están a realizar os novos compoñentes da Xunta Directiva malpicana, os cales por iniciativa propia e coa axuda desinteresada de algunha empresa (non local), que lles facilitou material, están dándolle un grande lavado de cara con pintura ás paredes do recinto e dos retretes, así como, nestes, instalándolle pezas novas de inodoros ademais de repasar e prender con parafusos as butacas de asientos das gradas. Esta obra de remodelación poderán comprobala os asistentes ao primeiro partido que se celebre na "Pedra Queimada".
Noraboa!
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!