Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

miércoles, 30 de septiembre de 2015

Goleadores 2ª Autonómica (Costa) 1ª Autómica (Costa):

Continúa a loita dos goleadores moi apertada entre os "costeiros" David Blanco (SP. Zas), Javi Suárez (CD Baiñas) e Yuyo (Camariñas FC),  na "liga da costa" e Basti e Alejo na 1-º Autonómica: todos eles empatados a 5 goles.

VER TÁBOAS:



AGORA E SEMPRE C0A SCD MALPICA!     

domingo, 27 de septiembre de 2015

Crónicas dos partidos da xornada da SCD Malpica:



IV edición da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 4ª Xornada:
Resultado:                   LESENDE CF    1 – 2   SCD MALPICA   
LESENDE CF:     Pedro; Carlos, Toni, Kubala, Teo, Beto, (Liñares, 79), Brais, (Berbe, 61), Fran, © Adrián, (Cacho, 51), Borja, César, (Óliver, 51).
SCD MALPICA:  Asier; Casais, Rubén, (Carlos Mallo,79), Kike, Eme, Eloi Vilas, © Martín Uru, Adrián Rei, (Sergio,86), Martín Mara, Charro. Almeida, (Víctor, 90+3).   
Árbitro:                 Sr. Míguens Santiago, Sergio.-(1ª Aut.-Boiro). Estivo acertado, cun criterio serio en todas as súas accións, a pesar das moitas protestas que recibiu do equipo e parte do público local, sobre todo a raíz do m. 62, cando sinalou penalti nun salto entre Fran e Almeida que ademais supuxo a expulsión de Kubala, polas reiteradas protestas deste último.
Asistentes:       Sres. Romero Núñez e Castro Carbia.-(2ª Aut. e F. Base.- Boiro.-). Regulares.
Goleadores:     1-0, m. 3: tras un ataque dos malpicáns, os defensores locais rexeitan un “coiro” en longo, chegando as inmediacións do extremo esquerdo César o cal colle a defensa adiantada e encara a Asier, o seu perigoso tiro cruzado, rexéitao o porteiro cara a media lúa, alí o dianteiro centro Adrián, empalma un tiro a media altura ao que Asier non chega por moi pouco.       1-1, m. 62: Eme, efectúa un lanzamento de falta dende a liña de medios, bombeando sobre o punto de penalti, saltan ao “coiro” o capitán Fran xunto con Almeida, caendo este derrubado, o árbitro sinala penalti, o cal lanza Charro, a dereita de Pedro. 1-2, m. 90+1: extraordinaria xogada combinada dos malpicáns iniciada en defensa por Carlos Mallo, M. Uru, Eme, Charro, este intérnase ata a liña de fondo, centra atrás e, Eme que viña lanzado remate raso a ras do poste esquerdo de Pedro.
Ambiente e incidencias:          Tarde soleada con 25º de temperatura. 40 seareiros nas bancadas.Saíu mancado o visitante Rubén (m.79). Expulsado con dobre amarela o local Kubala.
Xogadas de perigo da Lesende CF: M. 28:  Fran, vaise por velocidade da defensa encara a Asier, gran parada este. M. 44:  internada pola dereita de Brais, entra na área e o seu perigos tiro cruzado rexéitao Asier cos pes. M. 53: o escurridizo Óliver, substituto de César, cólase pola dereita e lanza un trallazo a escuadra ao que responde Asier enviando a saque de curruncho. M. 56: coa defensa malpicán algo despistada, saque de banda rápido de Teo sobre Óliver, este encara so a Asier e, sobre a súa saída envía de vaselina, o “coiro” sae lambendo o poste.  M. 66: outra escapada de Óliver, permítelle plantarse ante Asier pero cruza demasiado a ras do poste.             
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   M. 21: primeiro tiro a porta nítido dos malpicáns obra de Adrián Rei, que detén moi ben Pedro. M. 46: xogada pola dereita entre Casais e M. Mara, o seu centro medido, cabeceao Almeida, desviado. M. 82: falta directa dende o vértice da área grande, que saca raso directamente a gol, Eme, o porteiro local Pedro, fai un gran parada, pero non atalla o “coiro” que sae un metro rexeitado, Almeida moi oportuno manda as mallas, o colexiado, a estancia do asistente anula o gol.
Comentario:     Traballada vitoria da SCD Malpica en Lesende, equipo moi ben dirixido polo adestrador local “Sil” que basea todo o seu potencial no bloque defensivo e lanza perigosos contraataques con pases longos que intenta aproveitar o seu home en punta. Esta tarde puido darlle o resultado que o adestrador busca, pero atopouse cun gran porteiro Asier.
            Pola súa banda o equipo malpicán, que saíu bastante durmido na primeira parte, na segunda, dou un recital de “xogo bonito” e, a pesar de descoidar algo a defensa, o seu fútbol dou o resultado apetecido, remontando un madrugador gol local. 




















 



XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 2ª Xornada:
Resultado:                   LEILOIO   2 –2    MALPICA
Aliñación do Malpica:  Chaves, Luazas, Alfredo, A. Carballo, A. Coruña; L. Naya, Mútiu, Marcelino, J.L. Arcay; Ban Ban, Leo. Tamén xogaron: Chucho, A. Barizo. Bugallo, Washington.
Árbitro:            Sr. Gerardo. Aínda que algo protestado por ambos contendentes  estivo discreto na súa labor, con unha salvedade, prolongou o partido nambos tempos, pretos de dez minutos. (?).
Goleadores:     0-1, m. 45+2: Mútiu, de saque de curruncho directo. 1-1, m. 45+3: falta bombeada dende 40 metros, rexeita en curto Chaves, e o local Marco empurra á rede. 2-1, m. 78: Outra falta bombeada dende lonxe botada por Víctor, que o porteiro malpicán Chaves, non acerta a rexeitar. 2-2, m. 90+3: saque de curruncho efectuado por Mútiu, e impecable remate de cabeza de Alfredo.             
Incidencias: Mañá soleada na “Feira Nova”, que obrigaron aos compoñentes de ambos equipos a baleirar os pozos de auga das cercanías. Non houbo mancados nin expulsados. 
Comentario:  Partido moi competido con algo de maior dominio dos malpicáns que perdoaron varias ocasións de gol por falta de acerto no remate. Ao final,  reparto de puntos que deixa mais contentos aos locais tralo acontecido no campo.   

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 24 de septiembre de 2015

Previas dos partidos da SCD Malpica da vindeira xornada:



IV edición da 1ª Autonómica Grupo II –1ª volta - Xornada 4ª:
Campo             :           “Cabanetán”      (Herba artificial)                       
Equipos           :           LESENDE CF   SCD MALPICA  
Data e hora      :           Domingo: 27-09-15, 17:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Míguens Santiago, Sergio.-(1ª Aut.-A Santiago).
Asistentes        :           Sres. Romero Núñez e Castro Carbia.- (2ª Aut.-Santiago).
            Desprázase a SCD Malpica o vindeiro domingo a Lesende, parroquia do termo municipal de Lousame, moi pretiño de Noia, e, a uns 30 Kms. de Santiago pola AG 56 ou N. 543.
            O conxunto do Lesende CF, magnificamente dirixido polo muradán “SIL”, compite na 1ª Aut. G.II, dende a tempada 2014/15, na que quedou clasificado no posto 14º con 41 puntos. Na actualidade, comparte a primeira praza da táboa coa SD Soneira e a SD Flavia, ambos os tres con 9 puntos. Gañou os tres partidos disputados, marcou 4 goles e tan só encaixou 1. É polo tanto un equipo a ter moi en conta, sobre todo polo seu bloque defensivo, bloque no que o adestrador “SIL” basea toda a súa estratexia.
            A SCD Malpica, que tivo un bo arranque de tempada a pesar de estar mermada polas baixas, por distintos motivos. Non poderá contar aínda con, Dímaga, Adra e Vitalie (lesión), Juny, Eme e Petís (vacacións). En cambio recupera para este compromiso, a Javi Trigo e Rubén xa repostos das súas lesión e a Casais, cumprida a sanción federativa.
            Así as cousas, e, con tan só trece efectivos mais unha probable reincorporación para un posto na defensa que leva uns días adestrando co equipo, Chema Rivadulla, adestrador malpicán, terá que confrontar un conxunto de circunstancias, pero que, si se emprega co tesón e disciplina co que se ven empregando nestas tres primeiras xornadas, vaille por as cousas moi difíciles ao equipo de “SIL “.         
Enfrontamentos coa SCD Malpica na tempada 2014/15:
07-12-14: SCD MALPICA   0 – 3   LESENDE CF      (Goles: 0-1, m. 61: Óliver. 0-2, m. 86: Pana. 0-3, m. 80: Fran).
19-04-15: LESENDE CF    1 – 0   SCD MALPICA    (Goles: 1-0, m. 69: Beto















XIII Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 1ª Volta – Xornada 2ª:
Campo             :           “Feira Nova”      (90 x 51, Leiloio - Malpica)
Equipos           :           LEILOIO  -   MALPICA
Datas e horas   :           Domingo: 27-09-15­, 11:00 horas
Árbitro             :           Sr. Gerardo.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!