IV edición
da 1ª Autonómica, Grupo II – (1ª volta) – 3ª Xornada:
Resultado: SCD
MALPICA 2 – 1 SD PILOÑO
SCD MALPICA: Asier; Juny, Carlos
Mallo, Rubén, (Almeida, 25), Martín Uru, Eloi Vilas,© Adrián Rei, Sergio, (Víctor,
67), Martín Mara, Vitalie, (Petís, 16), Charro.
SD PILOÑO: Dumbo; Santi, Dani,
Vilariño, Otero, Terriño, (Víctor, 35), Jairo, © Imanol, Sánchez, Caramés, (Jano,
81), Romero, (Michu, 67).
Árbitro: Sr. Represas Rodríguez.-(1ª
Aut.-A Coruña). Tirando a caseiro.
Asistentes: Sres. Gesto Moral e Seoane Sánchez.-(2ª Aut. A Coruña.-). Algo
protagonistas.
Goleadores: 0-1, m. 13: falta lateral efectuada por Jairo moi bombeada que entra na portería de Asier polo
pau longo. 1-1, m. 43: internada con
velocidade de Charro por banda esquerda ao chegar ao vértice da área pequena
tira a gol polo pau curto, o “coiro” rexéitao con apuros o porteiro Dumbo, que
vai ao peito de Sergio na boca de gol onde se atopa tamén cubrindo a liña o
defensa Otero, no que finalmente rebota o balón
e se introduce na portería. 1-2, m. 75: Martín
Uru, recolle na liña de medios, un rexeite da defensa visitante, internase ata
a media lúa, dende aí envía a dereita sobre Petís cuxo centro raso paséase por
diante da portería ata o segundo pau, Almeida erra
o remate en primeira estancia, pero revólvese e a media volta introduce o “coiro”
na meta de Dumbo, pegadiño ao poste. Nesta
xogada, os visitantes protestaron iradamente o gol, ao estimar que o árbitro
debía parar o xogo por que se atopaba un futbolista do seu equipo tombado no
campo a consecuencia dun golpe.
Ambiente e incidencias: Tan só 75 seareiros nas bancadas, nunha tarde espléndida de sol e 24º.
Tiveron que retirarse mancados os locais: Vitalie, m. 16 (escordadura de
nocello) e Rubén, m. 25 (problemas estomacais) e o visitante Terriño, m. 35, cun
forte golpe. Expulsado con dobre amarela Santi, SD Piloño.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: M. 22: saque longo de portería de Asier, Charro, gáñalle a espalda á defensa e,
ante a saída do porteiro tira a porta baleira, o “coiro” sae lambendo o poste. M.
50: Charro recibe entre liñas e, no man a man con Dumbo, tira suave e colocado,
pero o porteiro con hábiles reflexos atalla o “coiro”. M. 70: unha bonita combinación da dianteira local, acaba cun centro
de Charro aos pes de Martín Mara, o seu remate en moi boa posición, sae a
dereita de Dumbo.
Xogadas de perigo da SD
Piloño: M. 5: centro de Jairo, remate alto de Sánchez. M. 42: disparo cruzado con moita intención de Víctor, gran parada
de Asier. M. 45: logo dun pase entre
liñas, Imanol, cólase polo centro encarando a Asier, ante a saída deste opta
por tirar e o “coiro” vai ao poste esquerdo, logo Juny, rexeita o perigo. M. 78: saque de curruncho botado por
Jairo, o remate a boca xerro de Otero responde Asier cunha gran parada evitando
o gol.
Comentario: Mal partido en liñas
xerais con mais peloteo ca fútbol. As baixas no equipo malpicán notáronse e
para colmo de males tiveron que retirarse mancados, Rubén e Vitalie. De todos
os xeitos, o equipo local nunca lle virou a cara ao partido, logrando, a base
de ardor e coraxe, darlle a volta ao marcador ante un equipo con pouca técnica
pero moi peleón.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!
XIII Edición
da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–(1ª Volta)- 1ª Xornada:
Resultado: MALPICA
2 –2 PONIENTE (Carballo)
Árbitro: Sr. Casti. Ben en liñas xerais, sinalou dous penaltis xustos favorables
aos malpicáns.
Goleadores: 0-1, m. 2: Rama Rama. 1-1, m. 10: Arcay, de
tiro bombeado que se lle escapa ao porteiro. 1-2, m. 14: Costoia. 2-2, m. 80: Arcay.
Incidencias: Mañá soleada e
boa temperatura para a practica de fútbol. Mútiu e Marcelino erraron sendos
penaltis, lanzándoos fora (minutos. 38 e 63).
Comentario:
Regular comezo da tempada dos veteranos malpicáns, os cales, a pesar das baixas de efectivos, dominaron
todo partido creando numerosas ocasións de perigo pero os tiros mal dirixidos
non acabaron en gol por verdadeira milagre, e, para colmo de males, aínda
desperdiciaron dous penaltis.
Esta foi a 1ª aliñación da tempada: Chaves; J. Luazas, A. Carballo,
Chucho, A. Coruña; L. Naya, Mútiu, Leo, A. Barizo; J.L. Arcay, Marcelino. Tamén
xogaron, Abel e Bugallo.
Arcay, autor dos dous goles