Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 30 de noviembre de 2019

Resultados, clasificacións dos partidos da SCD Malpica:

AFECCIONADOS:
   Nun partido tremendamente disputado, á SD Coristanco e á SCD Malpica, asinaron un empate (1-1) no campo da "Rocheira".
   Durante a primeira parte o conxunto malpicán levou a iniciativa con relativa facilicidade, creando catro ocasións claras de gol, dús delas acabaron repelidas polos postes tras testarazos de Belar, (m.13) e Mante, (m. 23) as outras dúas sacadas milagorsamente polo porteiro local.
  A segunda parte trocou totalmente de coor, se antes foran as azuis da SCD Malpica, agora pasaron a ser as verdes do Coristanco.
  Xa comezaron os locais no m. 47, coa súa primeira ocasión, tras errar un rigoroso penalti sinalado polo árbitro suplente, e digo suplente, por que o Sr. Óscar Santos, non era o colexiado sinalado para o partido senón que era o Sr. Baña Tajes, (?). 
   Toda esta parte dominouna con intensidade á SD Coristanco e comezou o festival de paradas do porteiro malpicán Damián, que estivo incomensurable, especialmente nos últimos 15 ou 20 minutos, cando á SCD Malpica se quedou con 9 futbolistas, por expulsión de Juan Fuentes e Alberto Hombre, ambas por " meras protestas", deixando aos seus compañeiros en inferioridade numérica, "as veces hai que pensar antes de falar".
   En resumo, partido que prometía para os malpicáns pero que acabou en agonía.
   Aliñación da SCD Malpica: Damián; Juan Abelenda, (Dimitri, 46), Kevin, Belar, Juan Fuentes; Laik, (Marcos Núñez, 63), Orgueira, (Pace, 71), Andy, Alberto H. Jairo, Mante.
   Goleadores:  0-1, m. 41: derrubo da defensa local a Jairo, que éste mesmo transforma. 1-1, m. 84: Jóse Pazos, culmina cun tiro cruzado un gran xogada de toda dianteira.
   Ambiente:   Preto de 125 seareiros nas bancadas da "Rocheira".
   Incidencias:  Tarxetas para os malpicáns: (A) Kevin, (A) Mante. (A) Jairo, (A) Marcos Núñez. (DA) Juan Fuentes. (DA) Alberto Hombre.




 
 

   VETERANOS:

  Tras o tropezo da xornada pasada, os Veteranos da SCD Malpica volven a senda dos triunfos ao vencer esta mañá no Municipal da Laracha, ao Soandres CF, (1-2).
  Os locais, que fixeron un moi boa primeira parte, lograron adiantarse no marcador no m. 44. Pero os Veteranos malpicáns, nunha segunda parte efectiva, o dianteiro e goleador Palermo, doulle a volta ao marcador, logrando unha xusta vitoria.

  Pola SCD Malpica formaron:  Suso; Chaves, Nando Couto, Albert. Seaia, Albert. Barizo; Leo, Mutio, Javi Bermejo, Palermo, Suso Zas, Richard.
   Tamén xogaron: Abel, Luís Naya, Arcay, Nacho, Washi, Fdo. Couto, Carlos.

  Goleadores: 1-0, m. 44: Duarte. 1-1, m. 57: Palermo. 1-2, m. 69: Palermo.

                                                       Resultados e clasificación da xornada: 

XUVENÍS:

  Cando parecía que os xuvenís da SCD Malpica comezaban a súa escalada, tralo triunfo a pasada xornada en Camariñas e á incorporación de dous futbolistas; é aquí, que os rapaces do conxunto malpicán deron á de area de novo na "Pedra Queimada" ante un rival bastante asequible, pero que á falta de compromiso de algúns deles, (só se presentaron,12) permitíulle aos sofanístas carrexar os tres puntos para o seu feudo (0-4).

Aliñación da SCD Malpica: Javi Núñez; David Abelenda, Villar, Souto, Bello, Ramos,(Martín Villar, 67), Renzo, Amarelle, Álex, Costi, Iván Vidal, (Juan Abelenda, 79).

 Goleadores: 0-1, m. 26: Kevin. 0-2, m. 43: Raul. 0-3, m. 80: Alejandro. 0-4, m. 82: Cristian.

  Tarxetas: Amarela, m, 79: David Abelenda (SCD Malpica)

Resultados da xornada e clasificación:

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 28 de noviembre de 2019

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:


   Logo de tres derrotas consecutivas, tócalle endereitar o rumbo á SCD Malpica, coa visita a Coristanco, conxunto éste recén ascendido tras un paso meteórico pola 3ª Galicia categoría na que acabou imbatido.
   Á SD Coristanco leva competindo na "Liga da Costa", dende a tempada 1980/81 (39 tempadas), acadando un título de 3ª Rexional na pasada tempada (2018/19) e outro da "Copa da Costa" na T. 1986/87, ante o Camariñas (2-1 e 5-5). 
   Nesta tempada figura actualmente no posto 7º da táboa, con 20 puntos: 6 partidos gañados, 2 empatados e 4 perdidos, marcou 29 goles e encaixou 22.
   Á SCD Malpica que, como mais enriba se indica leva tres xornadas consecutivas sen rascar ningún punto, ten a obriga de puntuar se non quere verse arrastrado aos último postos no que despois é moi dificil saír.
XUVENIS: 
    Despois dos valiosos puntos conseguidos en Camariñas, os rapaces malpicáns reciben esta semana ao CSD Sofán, conxunto que aspira aos postos altos da táboa.
   Non cabe dúbida que os malpicáns, trala fichaxe a semana pasada de Javier Núñez, notable porteiro, melloraron moito e, esperan facerlle fronte con éxito aos sofanístas.
VETERANOS:
   Os veteranos da SCD Malpica, tralo tropezo non esperado da xornada anterior, viaxan esta semna ao campo Municipal da Laracha, campo onde o Soandres CF desputa os seus partidos, nin que dicir ten que os malpicáns agardan recuperar os puntos perdidos ante os fisterráns para non alonxarse moito cos postos da cabeza.

Campos, horarios e árbitros da xornada:


2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 13ª :

Campo            :           “A Rocheira”                (Coristanco, 93,10 x 54, herba artificial)                      
Equipos           :           SD CORISTANCO   SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 01-12-19, 16:30 horas   
Árbitro             :          Sr. Alberto Baña Tajes, (1ª Galicia, Colexio da Coruña)
                                   - - - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 11ª:
Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)      
Equipos           :           SCD MALPICA   CSD SOFÁN 
Data e hora     :           Sábado: 30-11-19,  16:00 horas         
Árbitro            :           Sr. Christian Sendón Villar, ()
                                    - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 10ª :

Campo            :           “Municipal da Laracha”             (Laracha, 102 x 61, herba artificial)
Equipos           :           SOANDRES CF   VETERANOS SCD MALPICA 
Datas e hora    :           Domingo: 01-12-19, 10:00 horas.- 
Árbitro             :           Sr. Diego Echevarría Fiaño, ()
                                     - - - - - - - - - - - - - - - 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


 

sábado, 23 de noviembre de 2019

Crónicas dos equipos da SCD Malpica, Resultados e clasificacións:


  Deron a de cal os xuvenís da SCD Malpica, ao vencer no campo "Irmás Patiño" ao conxunto local do Camariñas FC. (1-2).
  Un gol madrugador de Orgueira, dou tranquilidade aos malpicáns os cales incrementaron o tanteo antes do tempo de lecer, tras un aceptable primeiro tempo.
   Na segunda parte os camariñáns acurtaron distancias debido a relaxación dos rapaces malpicáns que puideron incrementar o marcador no último minuto tras un penalti errado por Álex.

  Formación da SCD Malpica: Núñez; David Abelenda, Bello, Souto, Villa; Iker, Renzo, (Iván Vidal, 62), Amarelle, Costi, Orgueira, Álex.

  Goleadores: 0-1, m. 14: Orgueira. 0-2, m. 40: Renzo. 1-2, m. 69: Lucas.

Resultados e clasificacións da xornada: 


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!





















  VETERANOS: 
  Sorpresa na "Pedra Queimada" o semicolista SD Fisterra de Veteranos, vence aos malpicáns nas protimerías do partido ante a desesperación dos locais. 
   Os veteranos malpicáns que dominaron todo partido, foron incapaces de perforar o sistema defensivo fisterrán, que trouxeron 11 futbolistas xustos, pero que ao final víronse compensados no seu traballo de contención.
   Aliñación dos V. SCD Malpica: Suso; Chaves, Alberto Seaia, Alberto Barizo, Nando Couto; Suso Zas, Arcay, Leo, Palermo, Richard, Nacho
    Tamén perticiparon;  Luís Naya, Carlos, Washi, Abel, Fdo. Couto.
   Goleadores: 0-1, m. 81: Salvador García.
                                 
 LIGA DA COSTA:

      Á SCD MALPICA CAE NA "PEDRA QUEIMADA" ANTE Á SD SAN LOURENZO DE VERDILLO, FROITO DOS SEUS PROPIOS ERROS. TRAS ADIANTARSE POR TRES VECES NO MARCADOR, AO FINAL FOI SUPERADO NO MINUTO 90 POR UN "BOLEÓN" DE PADÍN DENDE FORA DA ÁREA, QUE, A FALTA DE LUZ E FREADO POLO VENTO, INCRUSTOUSE NA PORTERÍA DUN SORPRENDIDO DAMIÁN.
     ANTES, Á "AUTOEXPULSIÓN" DE AITOR DEIXANDO AO EQUIPO CON DEZ E OS TROCOS DE DOUS RAPACES XUVENÍS A FALTA DE 15 MINUTOS PARA A FINZALIZACIÓN, ADEMAIS XOGANDO EN CURTO ENTRE PORTEIRO E DEFENSAS, TENDO O VENTO A FAVOR, PERMITIRON A PRESIÓN DOS FUTBOLISTAS VISITANTES QUE CREABAN PERIGO CONSTANTE NA PROTERÍA LOCAL.
    POLA SCD MALPICA XOGARON: DAMIÁN; BRAIS CEÁN, (MANTE, M. 55), BELAR, CRISTIAN VILLAR, JUAN FUENTES; MIGUELIÑO, ORGUEIRA, ( AMARELLE, M. 75), ESMORIS, ( COSTI, M. 78), ALBERTO HOMBRE,  AITOR, KEVIN.
     GOLEADORES: 1-0, M. 21: CENTRO DE AITOR DENDE A ESQUERDA, E, TRAS DOUS REMATES DE ALBERT H. E KEVIN CON REXEITES FELINOS DO PORTEIRO O "COIRO" CHÉGALLE A BRAIS CEÁN QUE, A TERCEIRA, FUSILA DENTRO DA PORTERÍA. 
1-1, M. 26: BRAIS CANCELA, REMATA DENDE CERCA. 2-1, M. 37: FALTA LATERAL BOTADA POR AITOR, E FORMIDABLE TESTARAZO DE JUAN FUENTES. 2-2, M. 50: NUN SAQUE DE FALTA, BRAIS CANCELA, LIBRE DE MARCA REMATA COA CABEZA BATENDO A DAMIÁN. 3-2, M. 72: ESMORÍS, NUNHA XOGADA INDIVIDUAL DE TIRO CRUZADO BATE A PORTERÍA VISITANTE. 3-3, M. 73, NADA MAIS SACAR DE CENTRO O DIANTEIRO BRAIS CANCELA, SEN OPOSICIÓN, REMATA A MEDIA VOLTA UN CENTRO DUN COMPAÑEIRO. 3-4, M. 90: SAQUE DE CORRUNCHO SOBRE A PORTERÍA DE DAMIÁN, REXEITA COA TESTA JUAN FUENTES E, PADÍN DENDE FORA DA ÁREA, EMPALMA UN "BOLEÓN"  QUE DAMIÁN NIN SE ENTERA.
     AMBIENTE: 125 SEAREIROS NAS BANCADAS.


 

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 21 de noviembre de 2019

Partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:


   Visita a "Pedra Queimada", trala debacle de Corme, á SD S. Lourenzo de Verdillo, 4º clasificado da táboa con 21 puntos. O equipo de Verdillo, causou alta na "liga da costa" na T. 1979/80, conseguindo un título de liga da 3ª Rexional na T. 93/94 (única tempada na que estivo nesta categoría), por descenso na 92/93. Foi tres veces subcampión de liga e outras tres subcampión da "copa".

  Á SCD Malpica, que leva dúas xornadas consecutivas con derrotas (Baiñas e Corme), pretende nesta duodécima xornada, comezar á ser un equipo estable e mais regular e, aínda que conta previsiblemente coa baixa de Michi Castro por lesión, ademais da segura por sanción de Andy, espera quedarse cos tres puntos diante dos seus seguidores, para verse libre dos postos baixos da táboa.

   Os xuvenís, desprázanse esta xornada a Camariñas, conxunto que aínda non gañou ningún partido nas nove xornadas disputadas e que só marcou tres goles.
   Os malpicáns que tan só conseguiron dúas vitorias, tampouco andan finos neste retorno a categoría, tras catro anos sen competir nela, espérase un partido igualado e que os tres puntos veñan para Malpica.

  Os Veteranos da SCD Malpica, volven a xogar en campo propio ca SD Fisterra de Veteranos, equipo que ocupa un dos últimos postos, espérase un triunfo malpicán sen apuros, sempre que o "mister" Douri", conte con todos homes da plantilla.

Partidos, árbitros e horarios da xornada:  

2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 12ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA   SD SAN LOURENZO 
Data e hora     :           Domingo: 24-11-19, 16:45 horas   
Árbitro             :          Sr. Óscar Rei Sánchez, (2ª Galicia, Colexio da Coruña)
                                   - - - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 10ª:
Campo            :           “Irmáns Patiño”            (Camariñas, 98 x 58, herba artificial)   
Equipos           :           CAMARIÑAS FC   SCD MALPICA
Data e hora     :           Sábado: 23-11-19,  16:00 horas         
Árbitro            :           Sr. David Cancela García, con asistentes (2ª Galicia, Colexio C. Morte)
                                    - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 9ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”                    (Malpica, 100 x 60, herba natural)
Equipos           :           VETERANOS SCD MALPICA   SD FISTERRA VETERANOS
Datas e hora    :           Domingo: 24-11-19, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Juan Marcos Ríos Suárez, (2ª Galicia, Colexio C. da Morte.)
                                       - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!



 

sábado, 16 de noviembre de 2019

Resultados e clasificacións, crónicas SCD Malpica:

   Unha SCD Malpica, nula en ataque na primeira parte con vento a favor (só tirou unha vez), saíu derrotada con todo merecemento na segunda, ante un Corme CF moito mais efectivo, dadas as facilidades que a defensa malpicán concedíu neste tempo. 
   Pola SCD Malpica xogaron: Damián; Andy, Belar, Cristian Villar, Laik; (Kevin, 68), Migueliño, Esmorís, (Marcos Núñez, 75), Juan Fuentes,  Pace, (Orgueira,62), Aitor, Alberto Hombre.
    Goleadores: 1-0, m. 49: Adrián Doldán, tras unha boa xogada de toda dianteira local. 2-0, m. 53: Dani Casal, de falta directa. 3-0, m. 61: perda do "coiro" por parte da defensa malpicán ante Adrián Doldán, centro e Dani Casal remata a porta valeira. 4-0, m. 74: outra perda do "coiro" defensiva, ocasiona unha internada de Javi Peón que vate a Damián.
Ambiente: 140 seareiros nas bancadas.
 Recibiron tarxetas amarelas pola SCD Malpica: Aitor, (por protestar). Pace, (xogo perigoso). Andy, (protestar). Laik, (xogo perigoso). Belar, (xogo perigoso). Alberto H., (protestar).
   Nota: Deben ter precaución os futbolistas malpicáns, xa que esta tempada a RFGF, cobra a dous euros cada amoestación. E xa se levan gastados mais de 150 euros en once xornadas.
 






  
  VETERANOS:
   Victoria dos Veteranos da SCD Malpica fronte ao Xornes FC, en partido disputado na "Pedra Queimada" a petición do conxunto rival, por non dispoñer estes de campo propio, (1-0).
   O gol foi conseguido en propia porta polo visitante Bruno Pose. 
    Formación malpicán: Suso; Alberto Seaia, Nando Couto, Alberto Carballo, Javi Bermejo, Mutio, Leo, Arcay, Richard, Nacho, Alberto Barizo.
    Tamén Xogaron: Chaves, Palermo, Abel, Fdo. Couto, Dourado.


   Á SCD Malpica xuvenil volve a caer derrotado na "Pedra Queimada" desta vez ante o U.C Cee (0-3).
   Os malpicáns, que realizaron unha primeira parte moi ben xogada (0-0 descanso), acabaron sucumbindo nos último dez minutos, debido ao cansancio acumulado, e, sobre todo a falta de fondo físico.
   Aliñación:  Iker; David Abelenda, Álex, Bello, Souto; Amarelle, Iván Vidal, (Eric, m. 65), Ramos, Costi, Orgueira, Renzo. 
   Goleadores:  0-1, m. 78: Nicolás Toba. 0-2, m. 83: Álex Castro. 0-3, m. 90+2: Iago Muiño.
Resultados e clasificacións da xornada 9ª:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!