
É verdade, que, os de Baiñas tamén acusaban as baixas por sanción de tres titulares dos seus habituais, pero a diferencia neste tipo de campos, os seus recambios, todos eles seniors, superaron aos tres xuvenís que tivo que aliñar á SCD Malpica.


Ambiente e incidencias: Uns 50 seareiros nas bancadas, nunha tarde de insistente chúvia e campo totalmente encharcado.

VETERANOS:
Negra xornada para o equipo de Veteranos da SCD Malpica o cal foi incapaz de dobregar a un Corme que se adatou mellor á forte choiva do campo da "Pedra Queimada. De pouco lle valeron os trocos de sistema prantexados polo "mister" Dourado ao longo do partido, incluso trocando de dianteiro ao porteiro Nacho, autor de gol.
Aliñación: Nacho; Chaves, Nando Chouciño, Alberto Seaia, Luís Naya; Alberto Barizo, Arcay, Richard, Palermo, Alberto Carballo, Javi Bermejo.
Tamén xogaron: Whasi, Abel, Suso Zas, Fdo.Couto.
Goleadores: 0-1, m. 20: Walter. 0-2, m. 40: José Jesús. 1-2, m. 57: Nacho. 1-3: m. 90: Carabel.
XUVENIS:
Parece cunha "meiga" (habelas ainas), mirou con mal ollo aos rapaces xuvenis da SCD Malpica, pois cun plantel de 20 futbolistas o adestrador Adrián Martínez "Gurita", esta tarde só puido presentar once e, tres dos aliñados estaban tocados e tiveron que abandoar o campo nos mins. 26, 57 e 70. Delo douse conta o equipo rival, o Xallas CF, o cal na figura do seu adestrador, moi deportivamente, retirou tamén tres rapaces do teereio de xogo no min. 70.
Formación da SCD Malpica: Eric; David Abelenda, Cristian Varela, Bello, Villa, Edu, Iván Vidal, Amarelle, Costi, Orgueira, Álex. (Sen trocos non había rapaces).
Resultado: SCD Malpica 0 - 7 Xallas CF.
Goleadores: 0-1, m. 2: Pablo Facal. 0-2, m. 30: Sande. 0-3, m. 40: Piedrafita. 0-4, m. 61: Pensado. 0-5, m. 65: Piedrafita. 0-6, m. 67: Pensado. 0-7, m. 73: Piedrafita.
Resultados e clasificación;
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!