AFECCIONADOS:
Nun partido tremendamente disputado, á SD Coristanco e á SCD Malpica, asinaron un empate (1-1) no campo da "Rocheira".
Durante a primeira parte o conxunto malpicán levou a iniciativa con relativa facilicidade, creando catro ocasións claras de gol, dús delas acabaron repelidas polos postes tras testarazos de Belar, (m.13) e Mante, (m. 23) as outras dúas sacadas milagorsamente polo porteiro local.
A segunda parte trocou totalmente de coor, se antes foran as azuis da SCD Malpica, agora pasaron a ser as verdes do Coristanco.
Xa comezaron os locais no m. 47, coa súa primeira ocasión, tras errar un rigoroso penalti sinalado polo árbitro suplente, e digo suplente, por que o Sr. Óscar Santos, non era o colexiado sinalado para o partido senón que era o Sr. Baña Tajes, (?).
Toda esta parte dominouna con intensidade á SD Coristanco e comezou o festival de paradas do porteiro malpicán Damián, que estivo incomensurable, especialmente nos últimos 15 ou 20 minutos, cando á SCD Malpica se quedou con 9 futbolistas, por expulsión de Juan Fuentes e Alberto Hombre, ambas por " meras protestas", deixando aos seus compañeiros en inferioridade numérica, "as veces hai que pensar antes de falar".
En resumo, partido que prometía para os malpicáns pero que acabou en agonía.
Aliñación da SCD Malpica: Damián; Juan Abelenda, (Dimitri, 46), Kevin, Belar, Juan Fuentes; Laik, (Marcos Núñez, 63), Orgueira, (Pace, 71), Andy, Alberto H. Jairo, Mante.
Goleadores: 0-1, m. 41: derrubo da defensa local a Jairo, que éste mesmo transforma. 1-1, m. 84: Jóse Pazos, culmina cun tiro cruzado un gran xogada de toda dianteira.
Ambiente: Preto de 125 seareiros nas bancadas da "Rocheira".
Incidencias: Tarxetas para os malpicáns: (A) Kevin, (A) Mante. (A) Jairo, (A) Marcos Núñez. (DA) Juan Fuentes. (DA) Alberto Hombre.

VETERANOS:
Tras o tropezo da xornada pasada, os Veteranos da SCD Malpica volven a senda dos triunfos ao vencer esta mañá no Municipal da Laracha, ao Soandres CF, (1-2).
Os locais, que fixeron un moi boa primeira parte, lograron adiantarse no marcador no m. 44. Pero os Veteranos malpicáns, nunha segunda parte efectiva, o dianteiro e goleador Palermo, doulle a volta ao marcador, logrando unha xusta vitoria.
Pola SCD Malpica formaron: Suso; Chaves, Nando Couto, Albert. Seaia, Albert. Barizo; Leo, Mutio, Javi Bermejo, Palermo, Suso Zas, Richard.
Tamén xogaron: Abel, Luís Naya, Arcay, Nacho, Washi, Fdo. Couto, Carlos.
Goleadores: 1-0, m. 44: Duarte. 1-1, m. 57: Palermo. 1-2, m. 69: Palermo.
Resultados e clasificación da xornada:
XUVENÍS:
Cando parecía que os xuvenís da SCD Malpica comezaban a súa escalada, tralo triunfo a pasada xornada en Camariñas e á incorporación de dous futbolistas; é aquí, que os rapaces do conxunto malpicán deron á de area de novo na "Pedra Queimada" ante un rival bastante asequible, pero que á falta de compromiso de algúns deles, (só se presentaron,12) permitíulle aos sofanístas carrexar os tres puntos para o seu feudo (0-4).
Aliñación da SCD Malpica: Javi Núñez; David Abelenda, Villar, Souto, Bello, Ramos,(Martín Villar, 67), Renzo, Amarelle, Álex, Costi, Iván Vidal, (Juan Abelenda, 79).
Goleadores: 0-1, m. 26: Kevin. 0-2, m. 43: Raul. 0-3, m. 80: Alejandro. 0-4, m. 82: Cristian.
Tarxetas: Amarela, m, 79: David Abelenda (SCD Malpica)
Resultados da xornada e clasificación:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!