Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 1 de noviembre de 2019

Actualidade da SCD Malpica-Última hora:

   Unha xogada fortuita para evitar salvar unha ocasión de perigo, propicia á expulsión do futbolista malpicán Souto, m. 14. Logo por dobre amarela á SCD Malpica perde a Ramos, deste xeito os malpicáns quedaron con nove e quedando coma un "xoguete" a pes das E.D. Os Miúdos, o cal acabou cunha exhibición de goles ante a desesperación e impotencia dos futbolistas da SCD Malpica que quedaban no terreo de xogo.

   Pola SCD Malpica formaron: Iker; David Abelenda, (Iván Vidal, m. 60), Cristian Varela, Juan Abelenda, Souto, Ramos, Renzo, (Edu Mato, m.54), Amarelle, Costi, Orgueira, Álex.

   Goleadores: Jesús, (3). Ismael, (3). Santiago, (3). Alonso, (2). Francisco, (1, p). Lucas (1). Raúl, (1). Pablo, (1).


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

 
   MUXÍA CF 2 - 2 SCD MALPICA

   Á SCD Malpica saca un valioso empate no campo da "Arliña" fronte ao Muxía CF, no partido aprazado no seu día polas festas da Barca.

   Os malpicáns que, lograron adiantarse por dúas veces no marcador viron como os muxiáns nevelaron a contenda na segunda parte. O forte vento que azoutaba esta tarde Muxía, causante do deslucido do fútbol, aínda así, ambos os dous conxuntos pelexaron intensamente pola vitoria.

   Aliñación da SCD Malpica:  Damián; Juan Abelenda, Kevin, Cristian Villar, Belar; Migueliño, Andy, (Marcos Núñez, 85), Juan Fuentes, Michi Castro, Aitor, (Laik, 87), Pace, (Orgueira, 75).

   Goleadores: 0-1, m. 6: Aitor. 0-2, m. 17: Michi Castro. 1-2, m. 54: Manu Nogueira. 2-2, m. 80: Cayetano.

   Con este resultado, non sofre alteración de postos a clasificación xeral, quedando o Muxía CF no posto 7º con 13 puntos e á SCD Malpica con 11 no posto 8º.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!