Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

martes, 26 de febrero de 2019

Mais sobre á "Copa da Costa":


   Continuando coa información relativa ao que foi e, o que agora pretenden que sexa a "Copa da Costa", publicamos un artigo sobre o sorteo dela, o pasado sábado no Castelo de Vimianzo. do que non se informou aos clubes participantes:


=O QUE NON SE LLE INFORMOU AOS REPRESENTANTES DOS CLUBES NO SORTEO DA “LVI EDICIÓN DA COPA DA COSTA”=

No excelente, emotivo e ben preparado acto do sorteo da “LVI EDICIÓN DA COPA DA COSTA”, celebrado na Praza de Armas do Castelo de Vimianzo o pasado sábado día 23-02-19, no que se viviu unhas das xornadas mais históricas celebradas até o momento (tras 55 edicións), todo elo moi ben deseñadas e protagonizadas pola RFGF, que preside o Sr. D. Rafael Louzán, e, na que tomaron parte, ademais dos directivos dos trinta e seis equipos participantes, algúns actores da “lenda viva” da Liga e Copa da Costa convidados para o evento e homenaxeados pola RFGF, tales coma: D. Manuel Oliveira, “Manolín” ou D. José López Marcote, “Manín” grandes futbolistas e posteriormente adestradores; xornalistas coma D. José Manuel Ferreiro, “Voz de Galicia-Carballo”, D. Francisco Hermida, “Fran Hermida”, “Cadea Ser”, “Josiño” de “Radio Nordés” (presentador do acto) e D. Ubaldo Cerqueiro, coo fundador da Web “Que pasa na Costa”, embaixadora e informativa diaria do deporte da “costa”. Tamén estaba convidado, pero non puido achegarse até Vimianzo por asuntos profesionais D. Xosé Búa, da excelente Web “Piratas de Muxía”, extraordinaria laboura informativa de todo deporte “costeiro”.
Todo este evento que resultou plenamente chamativo, (Case parecido a un da Chámpions) pareceulle enormemente extraordinario ao autor deste artigo, que tamén foi convidado polo Delegado da Coruña, D. Pablo Prieto, pero desgraciadamente por asuntos familiares non puido acudir. Pero… coñecedor da historia do fútbol da “costa” dende os seus inicios (A/63/64), e, analizando a fondo todo o sucedido na “Praza de Armas” do Castelo de Vimianzo, vese na obriga de facer unha profunda reflexión, e, sen animo de ofender nin ferir sensibilidades sobre todo aos organizadores, realiza as preguntas seguintes:
Primeira: Sabían ou informóuselle aos representantes dos clubes participantes presentes, ás datas e horas dos partidos?
Segunda: Comunicóuselle aos presentes, para que é o importe de recadación da taquilla, rifas e cantina, ao ser a eliminatoria a partido único?
Terceira: Hai algún beneficio económico para transporte do equipo visitante, si na eliminatoria se enfrontan dous equipos e igual categoría ou un dos equipos é da 2ª e outro é da 3ª?
Cuarta: Informóuselle aos clubes da 2ª e 3ª Galicia, que os dous conxuntos da Preferente Galicia, (CSD Sofán e Xallas CF) e os cinco da Primeira Galicia, (SD Fisterra, CD Baio, CF Dumbría, SD Soneira e SCRD Esteirana) acaban ás súas ligas o 26 e 19-05-19, respectivamente e ás datas propostas pola RFGF, son ás do 03-03-19 (Previa) e a partires do 12-05-19, os dezaseisavos, e dicir, que os clubes de 2ª e 3ª Galicia, que teñan enfrontamentos cos anteriores mencionados, terán que celebrar ás eliminatorias entre semana, coa conseguinte perda económica?
Quinta: Comunicóuselle quen corre cos gastos arbitrais?
Por outra banda, e abundando na reflexión, non pode evitar o autor destas liñas unha “leve” crítica aos organizadores encargados de seleccionar aos convidados, o que, sen desmerecer a ningún dos que acudiron ao sorteo, houberan obviado a outros persoeiros relacionados coa historia do fútbol da “costa”, como foron os futbolistas: Pepe da Ferralla (CF Porteño), Xelucho Abella, (Buño SCD-SCD Malpica) e Camuel, (Camariñas FC) ou adestrador Quique Liñares, (Finado) ambos das décadas dos 60 e 70. Ou aos xornalistas a título póstumo “Del Valle” (Riazor-Voz de Galicia), D. José Ml. Segura, (Ideal Gallego), Gregorio Castro, (Da imprenta San Ramón-Voz Galicia-Carballo), D. Emilio Amado (Ideal Gallego), este último sen vehículo propio viaxando domingo tras domingo sempre en coche de liña a todos os campos da “costa”, todos eles tamén das décadas dos anos 60,70 e 80. Ou os “eternos” directivos D. Vicente Carril (Camariñas FC) e o Sr. Suso da Torriña (Corme CF), sempre ao fronte dos seus clubes dende a súa fundación, T. 1977/78 e 1980/81, respectivamente. Igualmente, tamén debeu ser recordado pola súa laboura didáctica e historiadora, D. Xosé Mª Lema, autor do primeiro libro da historia do CD Baio no 1989, recentemente faría o segundo tamén do mesmo clube.
Compréndese que nun evento desta envergadura, queden moitos “flocos” pendentes, pero para iso están os libros para estudalos e recoller o mais interesante dos cincuenta e seis anos do fútbol da Liga e Copa da Costa, competición que nos encheu do orgullo e paixón durante tantos anos e que por distintos motivos tivo épocas moi mellores cas actuais.

26-02-19
(Este é un artigo escrito a iniciativa propia por Luís E. Porto)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 23 de febrero de 2019

Avance informativo deportivo:"Copa da Costa", Resultados da xornada e clasificacións:


   LVI EDICIÓN DA "COPA DA COSTA"

   Celebrado esta mañá no Castelo de Vimianzo, o sorteo da LVI Edición da "copa da costa" da tempada 2018/2019,  á SCD Malpica, que quedou exento da fase previa a celebrar o día 03-03-19, terá que enfrontarse nos dezaseisavos de final ao Xallas CF, de Preferente Galicia, a partido único.
   O partido, disputaráse no campo de "Pedra Queimada" de Malpica, posiblemente o día 12 ou 17-05-19. As datas están supeditadas a que o conxunto xallense, que ten preferencia, por estar inmerso na liga, teña libre ou non.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 


   Continúan os veteranos da Asociación da SCD Malpica dando boas novas aos seus seguidores, esta mañá venceu claramente ao Xornes FC (3-0), nun partido disputado ante un magnífico sol e unha temperatura agradable.
    Tamén continúa o goleador Palermo, distanciándose dos seus perseguidores na primeira  posición da táboa.

   Goleadores:  1-0, m. 37: Palermo. 2-0, m. 50: Palermo. 3-0, m. 70: Luís Naya.
    NORABOA! AOS VETERANOS:

    Á SCD Malpica, hagasalla á U.D. Monte Louro coa perda de dous puntos, tirando pola borda unha vantaxe de dous goles a cero. O conxunto muradán, acepta amistosamente o agasallo, que lle vale un empate e á suma dun punto que lle pode valer para salvar a categoría.
   Un calamitoso erro entre o porteiro e os centrais locais ao saque de portería, permítelle ao dianteiro Juan Caamaño, interceptar o "coiro" e golear a porta valeira. Logo no último segundo da prolongación, un penalti sen sentido de Andy sobre un dianteiro visitante que xa non chegaba ao "coiro" sérvelle aos de Óscar Leis para acadar á igualada.

   SCD Malpica: Ángel; Andy, Belar, Juan Fuentes, Cristian; Capelán, David, (Marcos, 56), Aitor, (José, 62), Jairo, Gonzalo, Mante, (Dimitri, 89).

   Goleadores: 1-0, m. 36: Jairo, ao resolver unha liorta dentro da área pequena. 2-0, m. 51: Juan Fuentes, de testarazo tras un  saque de curruncho. 2-1, m. 63: saque en curto de portería de Ángel sobre os dous centrais que volvía de espalda ao "coiro", Juan Caamaño, (o mais listo da escola) aproveita o despiste e marca a porta valeira. 2-2, m. 90+4: derradeira xogada cun "coiro" colgado sobre a área local, o cal cando o dianteiro non chegaba é cargado inocentemente por Andy, o penalti, sobre o silvato final, mándao a rede Gabriel Hermida.
Lamentable... 
 

TÁBOA DE RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS: 



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 22 de febrero de 2019

Axenda de partidos da SCD Malpica, esta fin de semana:


   Segundo partido consecutivo en propio campo da SCD Malpica, recíbese á UD Monte Louro, conxunto que, esta tempada non lle esta saíndo nada ben a competición ligueira a pesares de contar cun formidable adestrador como é, Óscar Leis.
   Á UD Monte Louro (Muros), comezou na "liga da costa" na tempada 1981/82, causando baixa na 1988/89. De novo causou alta na T. 1991/92 e baixa outra vez na 2009/10 para ser alta novamente na 2011/12 e na que continúa...
   Ao longo de todo ese período sinalado, leva disputadas 35 tempadas, coa actual, das cales: 25 son na 2ª Categoría e 10 na 3ª. Conseguiu tres subcampionatos de liga (1 na 2ª Rexional e 2 na 3ª Autonómica), así como a disputa dunha semifinal de "copa".
   Os malpicáns, trala derrota a pasada xornada ante o "lider", ven neste partido, caso de gañar, a posibilidade de practicamente salvar a categoría, pois o equipo de Louro penúltimo na táboa con 16 puntos, quedaría distanciado a 14 puntos e xa resultaría unha distancia presumiblemente insalvable a falta de oito xornadas.
   Trátase polo tanto dun chamado "partido trampa" pero que os rapaces malpicáns adestrados por Adrián Bardanca "Gurita" se van a tomar moi en serio, ademais, o "mister" malpicán, recupera para esta xornada a Capelán, Cristian, Belar e algún outro mais, que por distintos motivos non puideron estar ante o Mazaricos.

   Pola súa banda á A.V. da SCD Malpica, recibe tamén na "Pedra Queimada" ao Xornes FC, conxunto qué, a pesares de que é a súa 1ª tempada de participación na liga, figura polo medio da táboa.
   Os malpicáns, que levan catro xornadas sen perder e, están encaramados nunha excelente 3º posición, afrontan con moito interés este partido, para poder aproximarse aos dous primeiros postos.
Datas, horas, campos e árbitros para o domingo:   
  

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 22ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                      
Equipos           :           SCD MALPICA     UD MONTE LOURO
Data e hora     :           Domingo: 24-02-19, 16:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Héctor Pérez Álvarez, (Colexio da Coruña)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 21ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60 herba artificial)
Equipos           :           A.V. SCD MALPICA  – XORNES FC 
Datas e hora    :           Domingo: 24-02-19, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Lucas Vicente Vidal, (Galicia, Colexio da Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 17 de febrero de 2019

Resultados e clasificacións da "Costa" xornada 20ª:

    
    Á SCD Malpica, sae amplamente derrotado na "Pedra Queimada" ante un Mazaricos CF, con moito oficio, (0-3).
   O "lider", que aposta mais polo fútbol práctico ca o "xogo bonito" utiliza moita intesidade en todas súas accións, abusando do fútbol contacto e asfisiando aos seus rivais cunha presión constante.
    Pola súa banda os futbolistas do "mister Gurita", hoxe con numerosas baixas nas súas ringleiras, a pesares de recibir  o primeiro gol no min. 12, e que puideron remontar nesta primeira parte, a non ser por dúas extraordinarias intervencións do porteiro visitante a tiros de Jairo e Gonzalo, aguantaron até o min. 63, momento na que chegou a expulsión de Laik, que ademais ocasionou o segundo gol. Logo con dez, a SCD Malpica, xa se entregou.

    Aliñación da SCD Malpica: Eusebio; Mante, Jorge, Dimitri, J. Fuentes; Laik, Andy, Gonzalo, Jairo, Aitor, Marcos, (David, m. 68).
    Ambiente:  100 seareiros nas bancadas.
    Árbitro: Sr. Edgar Soto (Preferente Galicia) 
    Goleadores: 0-1, m. 12: Roberto Amoedo. 0-2, m. 63: Estefano, 0-3, m. 66: Sergio Barbeira. 
                                              VETERANOS:
   Continúa a boa racha de triunfos da Asociacion de Veteranos da SCD Malpica, esta maña na "Pedra Queimada", derrotaron con todo merecemento ao "colista" Os Arcos, (4-1).
   
   Deste xeito, os veteranos malpicáns soben un posto na táboa clasificatoria, encaramándose á 3ª posición. Destaca tamén no conxunto, o goleador Palermo, o cal, con 27 goles, é o máximo artilleiro da categoría.

     Goleadores: 1-0, m. 10: Arcay. 2-0, m. 47: Palermo. 2-1, m. 59: José Atº Lema, 3-1, 72: Palermo. 4-1, m. 80: Palermo.

    TÁBOAS DE RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS
   








AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

 

sábado, 16 de febrero de 2019

Partidos da SCD Malpica desta semana:

   
   Este domingo no campo de "Pedra Queimada" disputase o partido da xornada, pois enfróntanse o "lider" Mazaricos CF e á SCD Malpica, dous equipos separados por 21 puntos, que, de primeiro, fai que o favorito sexa o conxunto mazaricán, pero que os malpicáns, pese á distancia de puntuación non dan por perdido, dado que esperan conseguir a súa terceira vitoria cosecutiva.
    A data de fundación do Mazaricos CF, achégase a Tempada 1991/92 o cal até á actual leva competindo 28 tempadas, repartidas entre: Unha na Primeira Rexional, Dezaseis na Segunda e Once na Terceira. Durante este tempo, acadou Dous títulos: Un na Segunda (1993/94) e Un na Tercera (2000/01).
   Na presente Tempada o Mazaricos CF, esta levando unha competición de liga casi perfecta, con 15 partidos gañados, 3 empatados e só 2 perdidos, acredita 66 goles a favor e tan só 14 en contra, suma 48 puntos nas vinte xornadas disputadas, o único que lle esta poñendo as cousas difíciles é o Corme CF, con 45 puntos.
   Asi as cousas, esperase unha gran entrada na "Pedra Queimada" xa que o partido promete.

   Pola súa banda, os Veteranos da SCD Malpica, enfróntanse ao "faroliño vermello", os veteranos da Raxería os Arcos, de Baio.
    Tralo descanso da semana pasada, os veteranos malpicáns, queren continuar colleitando triunfos que os aproxime aos postos de honra da táboa. (actualmente van 4º).

 

A continuación infórmase dos campos, datas, horas é árbitros dos partidos

2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 21ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                      
Equipos           :           SCD MALPICA     MAZARICOS CF
Data e hora     :           Domingo: 17-02-19, 16:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Carlos Señarís Balsas, (Colexio da Costa da Morte)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 20ª:

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60 herba artificial)
Equipos           :           A.V. SCD MALPICA  – RIO GRANDE RAXERÍA OS ARCOS 
Datas e hora    :           Domingo: 17-02-19, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Alberto Baña Tajes, (2ª Galicia, Colexio da Costa da Morte)
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!