Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 8 de febrero de 2019

Axenda de partidos da SCD Malpica, desta semana:


   Tócalle esta fin de semana á SCD Malpica visitar o campo de "San Andrés",  para enfrontarse ao SP. Zas.
   Este equipo, que se atopa nestes intres clasificado no posto 10º da táboa con 24 puntos, os mesmos ca os malpicáns, pero con mellor golaverás a favor destes últimos, foi fundado na tempada 1975/76, que coa actual, leva competindo corenta e tres tempadas repartidas asi: Catro en Preferente, Nove na 1ª Autonómica, Vinte e nove na 2ª Autonómica e Unha na 3ª Autonómica, só deixou de competir unha que foi na 1987/88, expulsado pola FGF.
   O Sp. Zas, ao longo de todas campañas de competición conseguiu Catro títulos de liga, (1 de 1ª Autonómica e 3 de 2ª Autonómica), igualmente ten no seu poder un título da "copa da costa" (T. 2005/06).

   Así as cousas, os esportinguistas, moi ben dirixídos por lo seu téctnico Manolo Corredoira, vánlle por as cousas moi difíciles aos malpicáns de Gurita.


2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 20ª:

Campo            :           “San Andrés”    (Zas, 92 x 57, herba artificial)              
Equipos           :           SP. ZAS      SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 10-02-19, 16:30 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Santiago Lobón Martínez, ()
Agora e sempre coa SCD Malpica!