Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 2 de febrero de 2019

REsultados e clasificacións da xornada 19ª::



    Contundente vitoria da SCD Malpica na "Pedra Queimada" ante á SD Ameixenda colista da competición. (7- 1).
   Os malpicáns a pesar da goleada, non realizaron un gran partido, con bastantes altibaixos durante os noventa minutos, o escaso público asistente, (35 afeccionados), contemplaron xogadas vistosas con outras de erros inocentes no pase, así como de exceso de individualismo, pero o inocente rival, sobre todo en defensa e portería, propiciaron que os goles foran caendo un tras outro nas súas redes.
   A pesar da derrota á SD Ameixenda, encaixou moi deportivamente a goleada, sen un mal xesto, só un minuto antes do tempo de lecer, o seu adestrador tivo un leve enfrontamento con árbitro do partido que non chegou a maiores.

   Aliñación da SCD Malpica: Ángel; Cristian, (Marcos, 46), Belar, J. Fuentes, Capelán,(Dimitri,46), Laik, Andy, (Martín, 59), Roberto, Jairo, Gonzalo, (Aitor, 61), Mante.

   Goleadores: 1-0, m. 4: Mante. 2-0, m. 9: Gonzalo. 3-0, m. 11: Andy. 4-0, m. 48: Marcos. 5-0, m. 75: Martín. 5-1, m. 77: Alex Trillo. 6-1, m. 80: Marcos. 7-1, m. 88: Martín.

   Con este triunfo á SCD Malpica, colócase na táboa con 24 puntos. 
          (Cando se dispute o resto da xornada publicarase a clasificación)  

   Os veteranos da A.V. da SCD Malpica, non foron quen de vencer ao Corme CF, conxunto este que o superaba nun punto na táboa e así continúan (31 puntos Corme e 30 Malpica), tralo empate (1-1) disputado esta mañá, na "Pedra Queimada".

    Á A.V. da SCD Malpica, formou con: Carlos; Alb. Barizo, Alb. Seaia, Nando Couto, Suso Zas, Alb. Carballo, Leo, Arcay, Palermo, Toné, Negro.
    Tamén xogaron: Chaves, Pedro, Luís Naya, Whasi e Abel.
   
    Goleadores: 1-0, m. 17: Negro. 1-1, m. 30, Andrés Vidal.

   AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!