Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

martes, 17 de marzo de 2020

QUEDAMOS NA CASA?



Q U E D A M O S  NA  C A S A ?


E U   S I !
T I  T A M E N ?

POR SUPOSTO!  E NON SÓ UN DÍA, DOUS OU TRES... OU OS QUE FAGAN FALLA... DANDO CUMPRIMENTO E OBECENDO AO PUBLICADO POLO GOBERNO DE ESPAÑA NO BOLETIN OFICIAL DO ESTADO, AO PRESIDENTE DA COMUNIDADE AUTONÓMICA E Á REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL.

TODOS UNIDOS VENCEREMOS A ESTE P. VIRUS! (COVID-19)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

 
  

jueves, 12 de marzo de 2020

Sen "Liga da Costa" nas vindeiras dúas xornadas:


COMUNICADO DA REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL:
   
Á Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), en coordinación coas Consellerías de Sanidade e a de Deportes da Xunta de Galicia, envioulle aos clubes de todo Fútbol Base (Preferente Galicia á Biberóns), un comunicado, informando a paralización de todas as competicións deportivas de fútbol, fútbol sala e fútbol gaélico, correspondentes ás dúas vindeiras xornadas, até o día 26 de marzo actual, inclusive.

  Quedan polo tanto suspendidas, polo que atañe ao fútbol "costeiro", as xornadas do 15 e 22 de marzo do presente mes até nova orde.

Agora e sempre ca SCD Malpica"

 

sábado, 7 de marzo de 2020

Resultados e clasificacións da "Costa:

LIGA DA COSTA-AFECCIONADOS:

   Raquítico empate da SCD Malpica ante o CD Baiñas no municipal de Vimianzo; o conxunto malpicán cos mesmos vícios dos últimos partidos, retención do "coiro" individualmente en defensa e medio campo e á falta de remate na dianteira, polos escasos balóns que lles chegan en condicións, fan que continúe nunha zona de perigo polos posibles arrastres.
    Esta tarde ante un equipo candidato ao descenso e con moi escaso fútbol nas pernas dos seus futbolistas, (só xogaron ao patadón) á SCD Malpica, só tirou con perigo tres veces a porta, unha de Alb. Hombre, ao longueiro na primeira parte e dúas na segunda unha obra tamén de Alb. Hombre e outra de Aitor, que o porteiro local abortou con seguridade.
   O CD Baiñas, tivo dúas na primeira parte, pero foron mais por erros defensivos garrafales ca por acertos propios, nas dúas tiraron fora da portería, cando o mais fácil era marcar.
   Aliñación dos malpicáns:  Damián; Dimitri, (Migueliño, 46), Ceide, J. Fuentes, Belar; Laik, (Xaco, 66), Alb. Esmoris, Mante, Alb. Hombre, (Kevin, 79), Aitor, (Brais Ceán, 89), Adrián.
   Non houbo goles. (0-0).

   Incidencias: 70 seareiros nas bancadas.Tivo que saír mancado Aitor, m. 89,  
   Tarxetas: Laik e Belar.
   
   Aviso aos socios, afeccionados e simpatizantes da SCD Malpica por parte deste sinxelo comentarista, que, despois de 46 tempadas como historiador e seguidor, onde viu de todo no conxunto malpicán, vitorias, derrotas, malas arbitraxes, títulos etc. atrévese a facer unha pregunta sen ánimo de ofender a ninguén, só coa intención de que o equipo mellore:
   CREEDES QUE É PRODUCTIVO NESTES INTRES PARA O CLUBE, NUNHA SITUACIÓN DELICADA NA CLASIFICACIÓN E CON 24 FUTBOLISTAS CON FICHA NA PLANTILLA, QUE O ADESTRADOR ADRIÁN BARDANCA, TROQUE O CHANDAL DO BANQUILLO POLA VESTIMENTA DE FUTBOLISTA?
Resultados e clasificacións da xornada 25ª:
  

VETERANOS SCD MALPICA:

   Á SCD Malpica de Veteranos, derrotou a domicilio por goleada (2-4), ao colista da categoría SD Fisterra, cumpríndose deste xeito o pronostico da diferencia entre ambos na táboa clasificatoria.
   Os veteranos malpicáns, que desperdiciaron un penalti (Palermo) nada mais comezar o encontro, recuperáronse deste percance e acabaron arroiando as fisterráns.
  Xogaron polos malpicáns: Chaves; Nando Couto, Alb. Barizo, Alb. Seaia, Luís Naya; Alb. Carballo, Leo, Arcay, Palermo, Nacho, Richard.
  Tamén xogaron: Washi, Abel, Fdo. Couto.
  Goleadores: 0-1, m. 27: Luís Naya. 0-2, m. 36: Richard. 1-2, m. Alejandro. 1-3, m. 45: Nacho. 1-4, m. 57: Richard. 2-4, m. 81: Daniel.   
Resultados e clasificacións da xornada: 


1ª XUVENIL GRUPO 2º:

   23ª Xornada da liga da "costa" xuvenil na que continúa mandando a clasificación o Outes CF, a continuación moi preto del, figuran, Cabana SD e SD Soneira, a tan só un e dous puntos.
   Así as cousas, só tres equipos aspiran ao título, por que mais lonxano aparece á CSD Sofán, con sete puntos de diferencia.
Resultados e clasificación da xornada 23ª: 



AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 5 de marzo de 2020

Partidos da Costa desta semana:

   Trala escandalosa derrota ante o Cabana SD, a pasada xornada, ten á SCD Malpica, á posibilidade de congratularse cos seus socios e afeccionados este vindeiro domingo co seu desprazamento a Vimianzo, onde no campo "Municipal", se enfrontará ao CD Baiñas, conxunto que non esta a dar a verdadeira valía coa xente coa que dispuxo ao longo desta tempada.
  Aos malpicáns tamén lle fan falla os puntos coma á auga de maio, se non queren verse con moitos apuros de descenso, pois só suman trinta puntos e, nas seis xornadas que faltan hai que sumar como mínimo seis, para alcanzar os 36 puntos que esta tempada, tal como están os de mais abaixo fan falla e iso xa contando cos arrastres.
  O CD Baiñas, conxunto relativamente mozo na "Costa", fou fundado na T. 2012/13, leva por tanto competindo sete tempadas repartidas entre cinco en Segunda e dúas en Terceira, até a data, acadou o título de campión de liga na T. 2013/14, na Terceira Autonómica e foi semifinalista na "copa" na T. 2016/17, eliminado pola SD Fisterra.
   Esta tempada marcha clasificado no posto 14ª con 21 puntos de, 6 partidos gañados, 3 empatados e 15 perdidos, materializou 34 goles e encaixou 57 goles.

 VETERANOS:

  Os Veteranos da SCD Malpica, co se "mister" Dourado ao fronte, teñen un desprazamento longo, nada mais e nada menos que a Fisterra, equipo este que ocupa un dos últimos lugares da táboa.
  Os Veteranos malpicáns, que no que vai da segunda volta do campionato só perderon un partido co "lider", esperan continuar coa boa racha, coa intención de subir ou manter o 4º posto que ocupan na táboa clasificatoria que da dereito a disputar a promoción de ascenso.




Axenda de partidos da SCD Malpica para a fin de semana:

2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 25ª :

Campo            :           “Municipal de Vimianzo”           (Vimianzo,98 x 59, herba artificial)                   
Equipos           :           CD. BAIÑAS    SCD MALPICA 
Data e hora     :           Domingo: 08-03-20, 17:00 horas   
Árbitro             :          Sr. Óscar Rei Sánchez, ( , Colexio da Coruña)
- - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 22ª :

Campo            :           “Arasolís”                                 (Fisterra, 95 x 54, herba artificial)
Equipos           :          SD FISTERRA VETERANOS   VETERANOS SCD MALPICA 
Data e hora      :          Domingo: 08-03-20, 10,00, horas                                                                    Árbitro             :          Sr. Manuel Rodriguez Rojo                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                  
- - - - - - - - - - - - - -- -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!