Trala escandalosa derrota ante o Cabana SD, a pasada xornada, ten á SCD Malpica, á posibilidade de congratularse cos seus socios e afeccionados este vindeiro domingo co seu desprazamento a Vimianzo, onde no campo "Municipal", se enfrontará ao CD Baiñas, conxunto que non esta a dar a verdadeira valía coa xente coa que dispuxo ao longo desta tempada.
Aos malpicáns tamén lle fan falla os puntos coma á auga de maio, se non queren verse con moitos apuros de descenso, pois só suman trinta puntos e, nas seis xornadas que faltan hai que sumar como mínimo seis, para alcanzar os 36 puntos que esta tempada, tal como están os de mais abaixo fan falla e iso xa contando cos arrastres.

Esta tempada marcha clasificado no posto 14ª con 21 puntos de, 6 partidos gañados, 3 empatados e 15 perdidos, materializou 34 goles e encaixou 57 goles.
VETERANOS:
Os Veteranos da SCD Malpica, co se "mister" Dourado ao fronte, teñen un desprazamento longo, nada mais e nada menos que a Fisterra, equipo este que ocupa un dos últimos lugares da táboa.

Axenda de partidos da SCD Malpica para a fin de semana:
2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 25ª :
Campo : “Municipal de Vimianzo” (Vimianzo,98
x 59, herba artificial)
Equipos : CD. BAIÑAS –
SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo: 08-03-20, 17:00 horas
Árbitro : Sr. Óscar Rei Sánchez, ( , Colexio da Coruña)
- - - - - - - - - - - - - -
1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 22ª :
Campo : “Arasolís” (Fisterra,
95 x 54, herba artificial)
Equipos : SD
FISTERRA VETERANOS – VETERANOS SCD MALPICA Data e hora : Domingo: 08-03-20, 10,00, horas Árbitro : Sr. Manuel Rodriguez Rojo
- - - - - - - - - - - - - -- -