Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 30 de abril de 2017

Resultados e clasificacións da "Liga da Costa", logo de desputarse a xornada 32. 
Parabéns ao CD Baio, polo cuarto título de liga que consigue, (2º de Segunda Autonómica) os outros dous corresponden a antiga 1ª Rexional; ten ademais un campionato da "Copa da Costa".

 En canto ao campionato de 1ª Infantil (zoa da Costa), este domingo celebrouse a última xornada, logrando brillantemente o UC Cee, o título de campión. Parabéns igualmente para este clube. O vindeiro fin de semana días 6 e 7 da Maio, comeza a copa cos oitavos de final.
Nesta categoría de infantís, falta por disputarse o partido Corme-Fisterra, o cal, ao non ter efectos clasificatorios de ascensos ou descensos, problamente non se xogará. 

A SCD Malpica, que, tras doce tempadas sen participar nesta categoría conseguiu unha moi meritoria oitava praza, logrando o seu dianteiro Raúl, clasificarse e segundo lugar na táboa dos goleadores con 53 tantos. Kevin, do Xallas CF, marcou 59 goles (4 de penalti).
A continuación publícanse as táboas de resultados e clasificacións, así como a foto coa plantilla do equipo de infantís da SCd Malpica:




 

lunes, 24 de abril de 2017

Resultados e clasificacións da "liga da Costa e Infantís Grupo 2º:

Trala 31ª xornada disputada da "Liga da Costa", o CD Baio, a falta de tres xornadas, é virtualmente o campión e, conseguintemente novo 1ª Autonómica.
Para a segunda praza, que da dereito a disputar a promoción de ascenso con 2º clasificado do Grupo 1º (A Coruña), son candidatos, o San Lourenzo de Verdillo, o Corme CF e o Mazaricos CF.

En canto a Primeira Autonómica Infantil, xa é campión, a falta dunha xornadam o UC Cee, que disputará a fase de ascenso a Liga Galega Infantil.

Os marcadores desta xornada disputados neste fin de semana foron os que a continuación se detallan, nas táboas elaboradas ao efecto:

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 9 de abril de 2017

Marcadores e clasificacións da Liga da Costa e Infantís:

Marcadores e clasificacións da 2ª Autonómica "Liga da Costa", onde o CD Baio dou un golpe na mesa ao imporse a un Corme CF que practicamente o alonxa do título.

A SCD Malpica, tras vencer á UD Corcubión, manténse na 6ª praza con seis puntos de vantaxe sobre a UD Cerqueda a falta de catro xornadas.

Extraordinario oitavo posto dos infantís da SCD Malpica, equipo que retornou a esta competición tras trinta anos sen participar (85/86), cunha extraordinaria cifra de goles marcados (99).

Véxanse os marcadores da xornada e a clasificación de ambas competicións:
 
NOTA: Esta semana (Días 11 e 13 de Abril 2017), disputáronse dous partidos suspendidos da xornada 28, da liga infantíl, dándose os seguintes resultados:
SD Coristanco 2-0 Corme CF
SD Fisterra      6-2 CD Concello de Zas.
Na clasificación, a SD Coristanco, con 35 puntos, sobe un posto superando As Baleas FS. 
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 2 de abril de 2017

SEGUE O DÍA A "LIGA DA COSTA" COS RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS, DESPOIS DE DISPUTADA A XORNADA, 29, O 02-04-17.
IGUALMENTE INFÓRMATE DOS RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS DA PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL, ONDE TAMÉN PARTICIPA A SCD MALPICA E NA QUE SE DISPUTOU A 27 XORNADA ENTRE 0 SÁBADO E DOMINGO DÍAS 1 E 2 DE ABRIL DO 2017:
! Agora e sempre coa SCD Malpica!