Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

martes, 31 de diciembre de 2019

SCD MALPICA "BO NADAL"


    Á XUNTA DIRECTIVA DA SCD MALPICA, DESEXA PARA TODOS OS SEUS SOCIOS,

 AFECCIONADOS E SIMPATIZANTES UN ANO 2020 CHEO DE ÉXITOS DEPORTIVOS 

NA"LIGA E COPA DA COSTA":

Agora e sempre coa SCD Malpica!

Resultados de Xuvenís e Veteranos:


   Resultados e clasificación de veteranos da xornada 13º, disputada o pasado domingo día 29-12-19:






Tamén se disputaron dous partidos de xuvenís do Grupo 2º (Costa) que foron adiados por causa do temporal o día 21-12-19. (X.14ª)
Os resultados foron os seguintes: SCRD Esteirana 3-3 E.D. Os Miudos.  Sp. Zas 4 - 0 SD Coristanco.
O resto de partidos xuvenís correspondente a esta xornada disputaranse o sábado, 04-01-20, entre eles o Cabana SD - SCD Malpica; cando se celebren todos para completar a xornada se lles informará de resultados e clasificación.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

domingo, 22 de diciembre de 2019

Resultados e clasificacións da "Costa" Afeccionados e Veteranos da SCD Malpica e outros:


AFECCIONADOS:
 Rotunda e merecida vitoria sen paliativos da SCD Malpica no campo de "San Pedro" ante á SD Castriz, o cal, a pesar da dureza empregada polo conxunto local deixando marcas físicas nas pernas dos malpicáns, éstes, nunca lle viraron a cara ao partido mostrando unha laboura de equipo encomiable acabando cunha exhibición de fútbol e goles.
 Froito desa dureza local, tivo que retirarse mancado o malpicán Alberto Hombre.

 Aliñación dos malpicáns: Damián; Juan Abelenda, Andy, Belar, Laik; Migueliño, (Marcos Núñez, 75), Alberto Hombre, (Dimitri, 58), Michi, Jairo, Aitor, Mante.

 Goleadores:  0-1, m. 33: Alberto Hombre. 0-2, m. 65: Andy. 0-3, m. 80: Jairo.

 Expulsados:  Aitor, m. 60 (SCD Malpica). Anxo e Brais, m. 63 e 90 (SD Castriz)

                                                          VETERANOS
  Os veteranos da SCD Malpica volveron a senda da vitoria cun triunfo pola mínima ante o CD Nantón, no campo das "Fontiñas".
 Con esta vitoria os veteranos malpicáns ascenden ao 5º posto da táboa.
 
 Polos malpicáns formaron: Suso; Alberto Seaia, Alberto Barizo, Nando Couto, Alberto Carballo; Mútio, Arcay, Nacho, Palermo, Richard, Suso Zas.

 Tamén xogaron: Chaves, Luís Naya, Leo, Washi, Javi Bermejo, Abel, Fº. Couto. 

 Goleadores: 0-1, m. 38: Palermo. 1-1, m. 40: Luís Giance. 1-2, m. 55: Nacho. 
                                                        
                                                          

XUVENÍS: 
   Á RFGF., SUSPENDEU A XORNADA DE FÚTBOL BASE DO S PARTIDOS DO SÁBADO.

              GOLEADORES DAS CATEGORÍAS DA SCD MALPICA:





 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 19 de diciembre de 2019

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:



Segunda saída consecutiva da SCD Malpica, por mor do calendario, xa que comeza a segunda volta do campionato. Trala xusta derrota ante á UD Cerqueda, corresponde visitar este vindeiro domingo ás 17:00 horas o campo de "San Pedro" para enfrontarse á SD Castriz.

Este conxunto foi fundado na tempada 1992/93, leva competindo polo tanto até de agora, 26 tempadas, repartidas entre: Unha na 1ª Autonómica, vinte e dúas na 2ª Autonómica e tres en 3ª Autonómica. Neste período, á SD Castriz, acadou un título de liga (T. 99/2000), tres subcampionatos de liga e dous subcampionatos da "copa da costa".

Actualmente figura na clasificación no posto oitavo con 20 puntos con, 6 partidos gañados, 2 empatados e 7 perdidos, marcou 24 goles e recibíu 28.

Así as cousas, os malpicáns acuden a "San Pedro" coa vontade de emendar o resultado negativo da semana anterior e facerse cos tres puntos nun feudo difícil, pero os futbolista de "Gurita" coñecen que non cabe outra senón queren verse fundidos nos últimos postos da táboa.

    

COMUNICADO DA R.F.G.F (20-12-19):

Á RFGF, EN COMUNICACIÓN EFECTUADA NA TARDE DE HOXE A TODOS 

OS CLUBES DE GALICIA, SUSPENDE A COMPETICIÓN DE FÚTBOL DE 

TODOS OS PARTIDOS QUE SE DEBEN DISPUTAR O SÁBADO 21-12-19, 

POR CAUSAS DO MAL TEMPO QUE ADVERTE O SERVIZO DE 

METEREOLOXÍA.       

                            

 XUVENIS:

Desprazamento a Cabana dos xuvenís da SCD Malpica, conxunto que esta a facer unha tempada moi irregular debido maiormente a falta de efetivos en cada partido, dúnha plantillas de 21 futbolistas, por distintos motivos, cada domingo só se presentan a xogar once ou doce (?). Descoñecemos as causas, pero a falta de compromiso de cando estampan á sinatura, parece o motivo mais destacado.

                                                VETERANOS:

 Os Veteranos da SCD Malpica, viaxan este domingo a Nantón, onde "Nas Fontiñas", campo, dos poucos que quedan na "costa" de herba natural, enfróntanse ao CD Nantón, equipo que marcha nos últimos postos da clasificación, pero que ultimamente parece que espertou, e, vaille plantar cara aos malpicáns, os cales, parecen que perderon algo de "fuelle" nestes últimos partidos.

          CAMPOS, HORARIOS E ÁRBITROS DA XORNADA:


1ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 16ª :

Campo            :           “San Pedro”                 (Castriz, 98 x 60, herba artificial)                     
Equipos           :           SD CASTRIZ   SCD MALPICA   
Data e hora     :           Domingo: 22-12-19, 17:00 horas   
Árbitro             :          Sr. David Cancela García, (2ª Galicia, colexio da C. M.)
                                   - - - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 14ª:
Campo            :           “As Redondas”                         (Cabana, 91 x 58, herba artificial)        
Equipos           :           CABANA SD    SCD MALPICA 
Data e hora     :           Sábado: 21-12-19,  16:30 horas         
Árbitro            :           Sr. Manuel Espasandín Romar, (2ª Galicia, colexio C. da Morte)
                                    - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 12ª :

Campo            :           “As Fontiñas”   (Nantón, 105 x 66, herba natural)
Equipos           :           CD NANTÓN    VETERANOS SCD MALPICA  
Datas e hora    :           Domingo: 22-12-19, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. David Vázquez Lema, (1ª Galicia, colexio da Coruña)
                                       - - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 14 de diciembre de 2019

Resultados e clasificación da xornada:"Liga da Costa",Veteranos, Xuvenís:

"LIGA DA COSTA"

    Negativa derrota da SCD Malpica ante unha mellor UD. Cerqueda, sobre todo mais eficaz ante o gol, que a fai descender tres postos na clasificación.
   O conxunto da UD Cerqueda usando as armas da presión e anticipación, amparadas por unha encomiable preparación física, non dou respiro ao equipo malpicán, si a isto engadimos, as facilidades defensivas, os graves erros no remate, e, as perdas por exceso de ragates dos centrocampistas, atopamos un xusta vitoria do equipo local.

   Aliñación da SCD Malpica: Damián; Brais Ceán, (Marcos Núñez, 66), Kevin, Juan Abelenda, (Dimitri, 58), Laik; Jairo, Alberto Hombre, Michi, Pace, Aitor, Andy.

   Goleadores: 1-0, m. 19: Nicolás. 2-0, m. 39: Iván Mato. 2-1, m. 43: Alberto Hombre (p). 3-1, m. 46: Iván Rojo.

    Ambiente e incidencias: Uns 100 seareiros nas bancadas. Tarxetas por parte da SCD Malpica: (A) Aitor. (A) Jairo.



 
  VETERANOS:
   A maior xuventude do conxunto "A Piña" resolvíose no campo cunha vitoria sin paliativos; os Veteranos da SCD Malpica tremaron dos visitantes cunha derrota mínima, até o min. 76, logo a xuventude impuxose á veteranía. (0-3).
   Aliñación malpicán: Carlos; Luís Naya, Nando Couto, Alberto Seaia, Albert Barizo; Mútio, Leo, Alberto Carballo; Palermo, Richard, Washi.
    Tamén xogaron: Arcay, Nacho, Abel, Fdo. Couto.
   Goleadores: 0-1, m. 28: Torres. 0-2, m. 76: Torres. 0-3, m. 79: Alejandro.


XUVENÍS: 
 
  Os xuvenís da SCD Malpica caen na "Pedra Queimada" ante un Corme CF mais efectivo (0-4).
 Os malpicáns, que se presentaron a xogar con once futbolistas xustos, dunha plantilla de vinte, debido a enfermidades e sancións, plantaron cara a un Corme moito mais efectivo.
 Formación da SCD Malpica: Javi Núñez; Iker,Villa,Souto,Bello;Amarelle,Renzo,Ramós, Iván Vidal,Costi,Álex.
Goleadores:0-1,m.3:Hugo.0-2,m.38:Javi Bermúdez.0-3,m.51:Hugo.0-4,m.76:Borja Torrado.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 
   

jueves, 12 de diciembre de 2019

Axenda de partidos da SCD Malpica nesta fin de semana:


   Visita este fin de semana á SCD Malpica o campo de "Xaviña" de Buño, para enfrontarse ao segundo rival local da tempada, á UD Cerqueda, campo, onde os de Cerqueda celebran os seus partidos.
   Á UD Cerqueda, clube pertentecente ao Concello malpicán, foi fundado na T. 1980/81; leva competindo na categoría de afeccionados, 20 tempadas, repartidas en dúas fases: (T. 80/81 á T.85/86 = 6 Tempadas. E, da T. 2005/06 á actual = 14 Tempadas). Destas, 9 foron en 2ª Rexional (hoxe 2ª Galicia) e, 11 na 3ª.
  Durante as 20 tempadas conseguiu un título de liga de 3ª Autonómica na T. 14/15. Nesta  campaña (19/20), ocupa actualmente o posto 13º con 15 puntos, gañou 4 partidos, empatou 3 e perdeu 7, materializou 26 goles encaixando 29.
   Á SCD Malpica, trala vitoria agónica a xornada anterior ante o SP. Zas, acude a Xaviña coa intención de regresar cos tres puntos, que lle alivien un pouco na clasificación e poder pasar dos 20 puntos necesarios nesta primeira volta para respirar sen agobios, co fin de intentar pronto chegar aos 40 puntos que certificacn a salvación.
   Esta empresa no vai ser moi doada, posto que á UD Cerqueda, tamén porá todos os medios deportivos ao seu alcance para lograr os puntos que lles deixen respirar fora dos postos de perigo.
  Así as cousas, preséntase un partido moi igualado, que, posiblemente se resolverá por acertos ou desacertos puntuais.  

    X U V E N I  S :
   Os xuvenis, que descansaron a xornada pasada, reciben na "Pedra Queimada" ao perigoso Corme CF, na que, esperan dunha vez por todas iniciar a senda das vitorias, para elo, o seu "mister" "Gurita" realizou un para de fichaxes que mellorará o rendemento do equipo.
V E T E R A N OS: 
   Os Veteranos da SCD Malpica, tralo parénteses do pasado domingo (non houbo liga), recibirán o domingo na "Pedra Queimada" ao conxunto de "A Piña" equipo revelación da tempada que esta a facer un moi regular campaña, pero os malpicáns, que aspiran a meterse entre os seis mellores para disputar a promoción de ascenso loitarán pola vitoria.
Campos, árbitros e horarios dos partidos:
 

2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 15ª :

Campo            :           “Xaviña”                       (Buño, 99 x 60, herba artificial)            
Equipos           :           UD CERQUEDA   SCD MALPICA   
Data e hora     :           Domingo: 15-12-19, 17:00 horas   
Árbitro             :          Sr. Bruno Méndez Castro, (Terceira División, Colexio da Coruña)
                                   - - - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 13ª:
Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)      
Equipos           :           SCD MALPICA   CORME CF 
Data e hora     :           Sábado: 14-12-19,  16:00 horas         
Árbitro            :           Sr. Rai Reborido Rodríguez, (3ª Galicia, colexio C. da Morte))
                                    - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 11ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           VETERANOS SCD MALPICA –  A PIÑA 
Datas e hora    :           Domingo: 15-12-19, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Daniel Martínez Ferreiro , (2ª Galicia, colexio C. da Morte)
                                       - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!


   

sábado, 7 de diciembre de 2019

Resultados e clasificacións Xuvenis e Afeccionados"Costa":

   Agónica vitoria da SCD Malpica na "Pedra Queimada" ante o Sp. Zas, (1-0).
   Os malpicáns, relaxadísimos na primeira parte, ante o que consideraban unha "pera en doce" polo posto de "faroliño vermello" que ocupa o Sp. Zas, non foron quen de disparar nin un tiro a porta neste tempo. É verdade, que os sportinguistas, cunha marcaxe individual e presionante sobre os homes clave malpicáns, derrocharon unha preparación física encomiable, e, aínda que, tampouco tiraron nada a gol, lograron chegar ao tempo de "lecer" cun empate xusto ao marcador.
   Na segunda parte mellorou a intensidade do partido en ambos equipos, abríndo liñas os sportinguistas nos primeiros 15 minutos e sorprendendo aos malpicáns e, o que non habían conseguido facer nos primeiros 45 minutos, (tirar a gol) nestes, bombardearon con insistencia a porta de Damián, aínda que iso sí, sen eficacia.
   Pola súa banda os sorprendidos locais, despois destes primeiros minutos espertaron, e comezaron tamén a acosar a portería visitante, con balóns de Aitor  buscando as bandas na que os centros se repetían pero o gol non chegaba; houbo no min. 78 un remate ao poste por parte local, e, por fin no minuto 90, unha xogada individual de Jairo no vértice da área, váise de dous rivais e o seu centro pasado ao segundo pau, permítille a Mante introducir o "coiro" na portería, ante o delirio de futbolistas e afección malpicán.

  Formación da SCD Malpica: Damián; Mante, Kevin, (Brais Ceán, 70), Belar, (Dimitri, 84), Laik; Migueliño, (Marcos Núñez, 61), Andy, Michi, Jairo, Aitor, Esmorís. 

   Goleadores: 1-0, m. 90: xogada individual de Jairo dentro da área qué, tras zafarse de dous contrarios centra ao segundo pau, alí chega Mante lanzado e  remata a gol. 

   Ambiente e incidencias: Tan só unhas 75 persoas nas bancadas, nunha tarde sen chúvia e con sol, 12º de temperatura. O malpicán Marcos Núñez, recibiu tarxeta amarela xunto con dous futbolistas e adestrador visitantes.
 Resultados e clasificacións da xornada:






 
 Publícanse a continuación os resultados e clasificación da 1ª Galicia de xuvenís disputados na tarde de hoxe, correspondentes á 12ª xornada na que non participou á SCD Malpica por corresponderlle descanso, trala retirada do SD San Lourenzo:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 5 de diciembre de 2019

Axenda de partidos da SCD Malpica para esta fin de semana


   Correspóndelle á SCD Malpica este vindeiro domingo, recibir no se campo da "Pedra Queimada" ao Sp. Zas, conxunto veterano na "Liga da Costa", pois, leva competindo, dende a súa fundación na Tempada 1975/76, un total de 43 tempadas, repartidas entre: 4 en Rexional Preferente (hoxe Preferente Galicia), 9 en 1ª Rexional (hoxe 1ª Galicia), 29 en 2ª Rexional (hoxe 2ª Galicia) e 1 en 3ª Rexional (hoxe 3ª Galicia).
   O Sp. Zas, durante ás 43 tempadas indicadas, conseguiu, 4 título de liga (T. 89/90, 92/93, 06/07 e 09/10) e, 1 da "Copa da Costa" final disputada ante á SD Castriz (0-1 e 4-0), na T. 05/06.
   A este histórico da "costa", non lle están a saír moi ben ás cousas esta tempada, xa que na actualidade, aínda no foi quén de lograr una vitoria e figura fundido no último posto da táboa con 4 puntos dun total de 13 xornadas disputadas.
  Pola súa banda á SCD Malpica, que, logrou un sufrido empate (1-1) na súa vista a Coristanco a xornada anterior, espera acercarse, nestas dúas xornadas que faltan para finalizar a primeira volta do campionato, aos 20 puntos, moi necesarios para alcanzar ao final da liga os 40 e verse libre de posibles arrastres.
   Para conseguilo, hai que comezar este domingo por vencer ao Sp. Zas e logo despois presentarse en Xaviña ante á UD Cerqueda para acabar de facer os "deberes".
    Para este primeiro compromiso ante o Sp. Zas, o "mister" local Adrián Bardanca (Gurita), perde ao central Juan Fuentes e ao todo terreo Alberto Hombre, ambos por sanción; pero recupera a Aitor, tralo paro por sanción e a Michi Castro, recuperado das súas doencias tras tres xornadas mancado. Tamén conta o "mister" coa nova fichaxe de Jairo, procedente do Laracha CF que xa debutou en Coristanco.

   Así as cousas, e, si o tempo o permite, espérase unha boa entrada na "Pedra Queimada" coa ilusión por parte dos afeccionados que os tres puntos queden na casa para sumar e achegarse a meta dos puntos enriba indicados.
Horario, campo e árbitro:   


2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 14ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”                    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA   SP- ZAS 
Data e hora     :           Domingo: 08-12-19, 16:15 horas   
Árbitro             :          Sr. David Castreje Ferrío, (1ª Galicia, Colexio da Coruña)
                                   - - - - - - - - - - - - - - 
    NESTA VINDEIRA XORNADA, Á SCD MALPICA XUVENIL DESCANSA E OS VETERANOS DA SCD MALPICA, NON TEÑEN COMPETICIÓN.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!