Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 28 de diciembre de 2018

BO NADAL !! e Goleadores da SCD Malpica:


     Cando nois atopamos no ecuador da "Liga da Costa" de Afeccionados e Veteranos, publícanse as táboas dos goleadores dos equipos da SCD Malpica:
    Ao mesmo tempo que, e, debido ás festas do nadal, aproveitamos para desexarlles aos lectores deste blogue, así como, aos socios e seguidores dos equipos da SCD Malpica, un BO NADAL e un vindeiro e saudable ano 2019, reflexado nunha estampa "postal" dunha preciosa "vila" de Malpica de Bergantiños.

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
 

domingo, 23 de diciembre de 2018

Resultados e clasificacións "liga da costa" xornada 15ª:

   Terceira xornada sen perder da SCD Malpica, a escalada iniciada en Muxía, continúa no equipo malpicán, parece que, o adestrador Adrián Bardanca (Gurita), dou cos mimbres idóneos, para, xornada a xornada, escaparse dos postos baixos da táboa.
   Esta tarde no campo de "O Pinguel", nun partido vibrante, con momentos de moi bo futbol, Ponteceso SD e SCD Malpica asinaron un empate que deixou contentos á os dous equipos, a pesares de que os malpicáns  adiantaronse con dous goles pero os locais conseguiron igualar a contenda sen deixar nunca de crer nas súas posibilidades.
   Goleadores: 0-1, m. 5: xogada de Brais Lado por banda esquerda, cun centro medido ao segundo pau e testarazo impecable de Juan Fuentes0-2, m. 27: Dani Casal, de falta directa. 1-2, m. 44: Matías, penalti. 2-1, m. 71: Iván, de espléndido testarazo a centro de recarey.
 Formación da SCD Malpica: Eusebio; Mante, Brais Ceán, (Migueliño, 46), Jorge, J. Fuentes, Laik, (Dimitri, 57), Andy, (Marcos, 72), Jairo, Brais Lado, Gonzalo, Dani Casal.
 
   Continúa a excelente racha dos veteranos da SCD Malpica, esta mañá venceron na "Pedra Queimada" ao vice pecha cancelas da categoría o Soandres CF.
   No foi fácil a vitoria nin moito menos, pois esta non chegou até os derradeiros 25 min. do partido.

   Goleadores: 01, m. 26: Duarte. 1-1, m. 35: P. Porta dun defensor visitante. 2-1, m. 65: Palermo. 3-1, m. 77: Palermo.

Resultados e clasificacións despois da 14ª e 15  xornadas: 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!




viernes, 21 de diciembre de 2018

Partidos da SCD Malpica para este fin de semana:


   Ultima xornada da primeira volta da "Liga da Costa" e primeira xornada da segunda volta da 1ª Autonómica de Veteranos.
   Tras dar a vadalada fronte ao Corme CF na pasada xornada, corresponde á SCD Malpica, desprazarse á "Vila do Pondal" o vindeiro domingo para enfrontarse ao Ponteceso SD, conxunto este, que vai 3º na táboa, redondeando ata estes intres unha grande tempada.
   O Ponteceso SD, fundado o 28-12-63, debutou na "liga da costa" na Tempada  1963/64, sendo un dos clubes fundadores desta liga.
   Ao longo das 52 tempadas que leva competindo (só estivo sen competir dúas tempadas: 2000/2001 e 2001/2002), acadou 6 títulos de liga e 4 de copa, sendo un dos clubes da costa mais laureado.
   Moi ben lle teñen que saír as cousas aos homes de Adrián Bardanca (Gurita), para puntuar no "Pinguel" campo actual do Ponteceso SD, debido a calidade que este clube atesoura nesta tempada. Non obstante o adestrador malpicán, que poderá contar con todos seus efectivos para este partido, salvo Belar, (mancado) e Aitor (sancionado), espera inculcarlle ao seus futbolistas o "talismán" que lles serviu para triunfar ante o Corme CF.

   Pola súa banda á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, trala apertada vitoria ante á SD Sofán á pasada semana, recibirá na "Pedra Queimada" ao Soandres CF, debutante este ano liga de veteranos.
                                         Campos, árbitros e horarios dos partidos:


               2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 15ª:
Campo            :           “O Pinguel”    (Ponteceso, 95,30 x 58,20, herba artificial)                     
Equipos           :           PONTECESO SD   SCD MALPICA   
Data e hora     :           Domingo: 23-12-18, 16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Pablo Rama Cotelo, (Preferente Galicia, colexio A Coruña)

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 14ª:

Campo            :           “Pedra Queimada“        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           A.V. SCD MALPICA    SOANDRES CF
Datas e hora    :           Domingo: 23-12-18, 10:30 Horas.-
Árbitro            :           Sr. Lucas Vicente Vidal, (3ª Galicia, Colexio Costa da Morte)

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 16 de diciembre de 2018

"Liga da Costa", resultados e clasificacións X.14ª:


    Á SCD Malpica, esperta da súa sonambulencia e vence con autoridade ao "lider" Corme CF na "Pedra Queimada".
   Os malpicáns, guiados por Gonzalo e o debutante Jairo incomensurables no primeiro tempo, embotellaron ao potente equipo cormelán na súa área, deixando a un Alejo en solitario e sen oportunidades en todo este tempo.
   Na segunda parte coa saída do renqueante Lucas ao campo, o dominio do Corme CF, foi moito mais acusado, pero os defensores da SCD Malpica, non só saíron airosos neste cometido, senón que foron letais nos seus contraataques, nas que luciron as habilidades de Brais Lado e D. Casal.
   Así formou á SCD Malpica: Ángel Lamas; Mante, Brais Cean,(José, 67), Jorge, Juan Fuentes, Jairo, Andy, Aitor, Brais Lado, (Massar, 85), Gonzalo, (Marcos, 81), Dani Casal.

   Goleadores: 1-0, m. 44: Dani Casal, de falta directa. 2-10, m. 77: Brais Lado, en xogada individual, tras un contraataque. 3-0, m. 94: Dani Casal, ao resolver un barullo dentro da área.

   VETERANOS: Terceira victoria consecutiva dos veteranos da A.V. do Malpica, desta vez ante un gran rival, á SD Sofán, os malpicáns, souberon sobreporse ás inclimencias do tempo, derrochando un aporte físico encomiable con remontada incluída.

   Goleadores:  0-1, m. 5: Antonio Muiño. 1-1, m. 66: Mútiu. 2-1, m. 79: Abel.

Resultados e clasificacións da xornada: 




AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!