Ultima xornada da primeira volta da "Liga da Costa" e primeira xornada da segunda volta da 1ª Autonómica de Veteranos.
Tras dar a vadalada fronte ao Corme CF na pasada xornada, corresponde á SCD Malpica, desprazarse á "Vila do Pondal" o vindeiro domingo para enfrontarse ao Ponteceso SD, conxunto este, que vai 3º na táboa, redondeando ata estes intres unha grande tempada.
O Ponteceso SD, fundado o 28-12-63, debutou na "liga da costa" na Tempada 1963/64, sendo un dos clubes fundadores desta liga.
Ao longo das 52 tempadas que leva competindo (só estivo sen competir dúas tempadas: 2000/2001 e 2001/2002), acadou 6 títulos de liga e 4 de copa, sendo un dos clubes da costa mais laureado.
Moi ben lle teñen que saír as cousas aos homes de Adrián Bardanca (Gurita), para puntuar no "Pinguel" campo actual do Ponteceso SD, debido a calidade que este clube atesoura nesta tempada. Non obstante o adestrador malpicán, que poderá contar con todos seus efectivos para este partido, salvo Belar, (mancado) e Aitor (sancionado), espera inculcarlle ao seus futbolistas o "talismán" que lles serviu para triunfar ante o Corme CF.
Pola súa banda á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, trala apertada vitoria ante á SD Sofán á pasada semana, recibirá na "Pedra Queimada" ao Soandres CF, debutante este ano liga de veteranos.
Campos, árbitros e horarios dos partidos:
2ª Galicia Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 15ª:
Campo : “O Pinguel” (Ponteceso,
95,30 x 58,20, herba artificial)
Equipos : PONTECESO SD – SCD MALPICA
Data e
hora : Domingo: 23-12-18, 16:00 horas.-
Árbitro : Sr. Pablo Rama Cotelo, (Preferente Galicia, colexio A
Coruña)
1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 14ª:
Campo : “Pedra Queimada“ (Malpica,
100 x 60, herba artificial)
Equipos : A.V.
SCD MALPICA – SOANDRES CF
Datas e
hora : Domingo:
23-12-18, 10:30 Horas.-
Árbitro : Sr. Lucas Vicente Vidal, (3ª Galicia, Colexio Costa da
Morte)