Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 31 de julio de 2014

Cronica da SCD Malpica na "Copa Deputación" Da Coruña:



XXVI Edición da “Copa Deputación” da Coruña – 1ª Eliminatoria:

Resultado:           SCD MALPICA  0 – 1  CF DUMBRÍA 
SCD MALPICA: Pombo; Adrián, Kevin, (Diego, 67), Juanjo Rabuñal, Alemán, Fernando Varela, Ismael, ©, (Diego Alonso, 75), Petís, (Alberto, 58), Esteban, Martín Mara, (Almeida, 70), Juan Carlos.  
CF DUMBRÍA:     Iván; Rivi, Cespón, A. Makai, (David, 81), Aarón López, ©, Luisito, (Javi, 46), Jesús, (A. Nieto, 46), Kevin, (José, 46), Tantán, (Roberto, (x) 53), Cote, Brian.          
Árbitro:            Sr. Reborido Rodríguez, Rubén.- (1ª Aut. A Coruña). Moi ben.
Asistentes:         Sres. Recarei Añón e Boedo Varela.-  (2ª Aut. A Coruña). Ben ambos.
Goleadores:     0-1, m. 66: saque de curruncho botado por Adrián Makay, moi pechado ao segundo pau, e, cando o “coiro” parecía que ía ir fora de gol, aparece a bota de Aarón López, que o impulsa dentro da portería de Pombo, ante o asombro de defensores e porteiro malpicán.
Ambiente e incidencias: Tan só 35 seareiros nas bancadas.Onde están os socios e afeccionados da SCD Malpica,?. Hoxe era un partido para apoiar, debido a o rival de mais categoría, ademais de poder sacar uns cartos moi beneficiosos para a economía do clube coas cantidades que aporta a Deputación da Coruña, por competir.
Tarde soleada, aínda que con forte vento do N.E. que deixou a temperatura en 20º.
Xogadas perigosas da SCD Malpica: Numerosas ocasións tiveron os futbolistas malpicáns para sacar o partido adiante, anotamos as seguintes: M. 10: un pase de Juanjo Rabuñal, por enriba de defensa visitante sobre o desmarque de Fernando Varela, que este desaproveita en vaselina por enriba de Iván. M. 28: combinación ao primeiro toque entre, Juan Carlos, Esteban e Ismael, este cede a Petís, que, só ante Iván, lanza alto coa punteira. M. 31: internada de Martín Mara, que, ante a saída de Iván, pretende adornar o tiro en vaselina, pero o porteiro moi hábil, bloca en gran intervención. M. 44: un gran pase entre liñas de Petís, sobre Esteban, permítelle ao malpicán quedar só ante Iván, pero en lugar de tirar, pretende regatealo quedando sen ángulo de tiro e xa sen opcións o porteiro fáiselle co “coiro”. M. 61: un erro no rexeite do porteiro dumbriés Iván, estrelase contra o corpo de Esteban, o “coiro” sae mansamente con moito efecto hacha a portería, salvando o porteiro preto do poste dereito. M. 89: un centro de Alberto sobre o punto de penalti, rexéitao como pode a defensa, saíndo o “coiro” hacha a media lúa onde se atopa Almeida, que empalma un tiro de bolea, que sae lambendo o poste, cando se cantaba o gol.
Xogadas perigosas do CF Dumbría: M. 14: falta dende o vértice da área grande lanzada por A. Makai, que sae con moito perigo a ras do poste dereito de Pombo. M. 22: tras un saque de banda sobre a área malpicán, o “coiro” é rexeitado en curto aos pes de Cote, que, a media volta remata, salvando Pombo cos pes. M. 41: xogada individual de Cespón, dende a banda ata a liña de tres cuartos dende onde lanza un sorprendente zurdazo, que se vai lambendo o poste esquerdo de Pombo. M. .74: o xuvenil Roberto, dende 30 metros, arría un chupinazo a escuadra, que Pombo, aborta cunha gran parada. M. 85: o porteiro suplente David, que saíra en substitución de A. Makai, uns minutos antes, ten unha clara ocasión nun man a  man ante Pombo, que este aborta na súa saída.
Comentario: Un oportunísimo gol de Aarón López, mediada a segunda parte, impediu que a eliminatoria se resolvera por penaltis. É certo que a vitoria do CF Dumbría, equipo con moitas caras novas nas súas ringleiras, non foi merecida, tal como se desarroiou o partido e que os malpicáns mereceron mais, pero a inexperiencia dos rapaces na parte dianteira, con numerosos erros ante Iván, propiciaron que o CF Dumbría, mais experimentado, aproveitara por medio do seu veterano central un clamoroso despiste nun saque de curruncho.
Así e o fútbol e hai que asumilo e non queda mais remedio que desexarlle sorte a o nobre e deportivo CF Dumbría nas seguintes eliminatorias.           

Ismael e Aarón López, capis con trio arbitral.



 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

martes, 29 de julio de 2014

SCD Malpica, Previa "Copa Deputación" (2ª rolda):



XXVI Edición da “Copa Deputación” da Coruña. Primeira Eliminatoria:
Campo:            :           “Pedra Queimada”  (100 x 60)  (Malpica)
Equipos           :           SCD MALPICA – C.F. DUMBRÍA
Data e hora      :           Mércores: 30-07-14, 20:45 horas
Árbitro:            :           Sr. Reborido Rodríguez, Rubén             (1ª Aut.- A Coruña)
Asistentes        :           Sres. Recarei Añón e Boedo Varela      (2ª Aut.-A Coruña).
A SCD Malpica (1ª Aut.) e o CF Dumbría, (Pref. Aut.), volven a verse as caras nun enfrontamento, tras 4 tempadas sen facelo. Ocorreu na tempada 09/10, no partido de volta da semifinais da “Copa da Costa”, concretamente o 19-06-10, disputado na “Pedra Queimada”, co resultado favorable aos malpicáns por 2-1, goles de: Neucha (p) e David Blanco, por parte local sendo Adrián, o autor do tanto visitante.
Agora toca enfrontarse na “Copa Deputación” determinado polo sorteo e, tras os malpicáns eliminar ao correoso CD Baio, nun disputadísimo partido na tanda de penaltis.
O CF Dumbría, exento da Fase Previa, é un complicado rival para a SCD Malpica, non só pola categoría que ocupa, (Preferente Autonómica), senón, pola gran tempada que acaba de realizar na recente finalizada campaña, 5º posto entre 20 equipos.
Así as cousas, e, pese a celebrarse o partido entre semana, (problemas de datas polo formato da competición) ten aliciente abondo para que os seareiros poidan disfrutar dun gran choque, onde a diferenza de categoría, pode quedar igualada debido ao pouco tempo que ambos equipos levan de adestramentos e as numerosas incorporacións que o conxunto dumbriés aínda ten sen acoplar. A pelota polo tanto esta no “tellado” e non sería nada estraño, que os malpicáns se levaran o gato á auga, si lle poñen a gran vontade que tiveron fronte ao CD Baio..
O premio a repartir nesta 1ª Eliminatoria, son 750,00 euros, para o vencedor e 375,00, para o vencido.

AGORA E SEMPE COA SCD MALPICA!





Xogada do partido SCD Malpica-CF Dumbría (2-1) da "copa da costa" da T. 09/10, na "Pedra Queimada" (19-06-10)

lunes, 28 de julio de 2014

Crónica do partido da SCD Malpica:



XXVI Edición da “Copa Deputación” da Coruña – Eliminatoria previa:

Resultado:           SCD MALPICA  1 – 1  CD BAIO  (Penaltis 4-3)
SCD MALPICA: Pombo; Adrián, Diego, (Kevin, 68), Juanjo Rabuñal, Alemán, Fernando Varela, Ismael, ©, Petís, (Esteban, 51), David Blanco, Martín Mara, (Alberto, 60), Juan Carlos.  
CD BAIO          :  Fedello;  Silvariño, (Pablo Rodríguez, 46), Jóse, Eloy Lema, Norberto, Fachal, Brais Garrido, Rubio, (Ramón, 56), Cristian, (Santi Díaz, 46), MC, Bieito.            
Árbitro:                            Sr. Patricio Blanco, Pablo.-       (1ª Aut. A Coruña). Ascendido a 1ª Aut. esta tempada, estivo moi ben no seu cometido. Acertando na sinalización do penalti, aínda que os malpicáns reclamáronlle dúas penas máximas mais por agarróns dentro da área a Esteban e derrubo a D. Blanco, nas que o Sr. colexiado, moi preto das xogadas, mandou continuar o xogo.
Asistentes:         Sres. Acuña Piñeiro e González Rei.-  (1ª e 2ª Aut. A Coruña). Sen complicacións.
Goleadores:      0-1, m. 9: nun contraataque visitante pola banda esquerda, Bieito, envía un pase sobre Brais Garrido, este a un metro da frontal da área, solta un punteirazo, que, tras dar na cruceta, cólase na portería dun sorprendido Pombo. 1-1, m. 53: Saque de banda efectuado por Juanjo Rabuñal, sobre Juan Carlos, este quebra a Norberto, penetrando na área e, cando se dispuña a centrar e derrubado claramente polo defensor baiés         , o penalti transfórmao Fernando Varela, pola dereita de Fedello.                        
Ambiente e incidencias:  Uns 125 seareiros nas bancadas. Tarde nubrada, aínda que conforme ía avanzando o partido saíu o sol. 21º de temperatura. Non houbo expulsados nin mancados.
Xogadas perigosas da SCD Malpica:  M. 8: excelente combinación ao primeiro toque entre, M. Mara, Juan Carlos, este cun sutil taconazo serve a Fernando V. no desmarque o medido centro deste cara o punto de penalti, remátao en carreiro Ismael, salvando Fedello, nunha gran parada. M. 15: un defectuoso rexeite cara o punto de penalti dun defensor visitante, cáelle aos pes de David Blanco, o cal erra o remate claro cando estaba só ante Fedello. M. 51: falta directa botada por Juan Carlos, que Fedello rexeita nunha gran intervención. M. 66: gran xogada por banda dereita de David Blanco, cun centro raso sobre Adrián, o cal libre de marca remata ante Fedello, pero o “coiro” sae sacando “baruta” a prol do poste. M. 75, agarrón de Eloy Lema, sobre Esteban, sen que o árbitro sinale nada. M. 90: xogada do xuvenil Alberto pola esquerda cun centro pasado sobre Esteban, pero este tira desviado cando se cantaba o gol.
Xogadas perigosas do CD Baio: M. 32: xogada individual de MC, que tras varios quebros e ámagos consigue tirar a porta, desviando o tiro in extremis Adrián, cando o “coiro” se colaba na portería con Pombo xa batido. M. 61: Falta dende a liña de tres cuartos escorada a banda dereita, moi ben lanzada por Fachal, sobre a cabeza de Eloy Lema, subido ao remate, Pombo, nunha extraordinaria intervención         rexeita o perigo.
Comentario:     Clásico partido de principio de tempada con dous equipos con apenas un par de adestramentos (ambos comezaron o martes). Os baieses, que se atoparon cun sorpresivo gol nada mais comezar, fixéronse fortes atrás acumulando homes na retagarda, pero sen renunciar nunca ao contraataque, cun MC, en punta que se mostrou tremendamente combativo rápido e perigoso.
Os futbolistas malpicáns, a pesar da falta de ritmo, sacaron forzas de fraqueza e loitaron o indicible para sacar adiante a eliminatoria, ao final, polas ocasións creadas, tiveron un xusto premio cos lanzamentos dos penalti, onde o seu porteiro Pombo, erixiuse a figura, parando dous deles que foron lanzados por este orde:

SCD Malpica:   4                                                         CD Baio:   3   
1.-Fernando Varela:      gol                                          1.-MC:              gol
2.-Alberto:                    gol                                          2.-Fachal:         gol
3.-Alemán:                   gol                                          3.-Norberto:      gol
4.-Juan Carlos:             gol                                          4.-Fedello:        para Pombo
5.-David Blanco            para Fedello                             5.-Brais Garrido:para Pombo.              




 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 25 de julio de 2014

Previa do partido da SCD Malpica:



XXVI Edición da “Copa Deputación” da Coruña. Eliminatoria Previa:
Campo:            :           “Pedra Queimada”  (100 x 60)  (Malpica)
Equipos           :           SCD MALPICA – CD BAIO
Data e hora      :           Domingo: 27-07-14, 19:00 horas
Árbitro:            :           Sr. Pablo Patricio Blanco          (1ª Aut.- A Coruña)
Asistentes        :           Sres. Acuña Piñeiro e González Rei       (1ª e 2ª Aut.-A Coruña).
Da comezo para a SCD Malpica, unha nova tempada (aínda que a “Copa Deputación, considérase da pasada), pero as plantillas dos equipos están modificadas, pois logo do 30 de Xuño a efectos prácticos, xa os equipos e sobre todo os futbolistas, soen buscar novas prazas para a vindeira tempada.
Así as cousas, correspóndelle ao clube malpicán, con caras novas na plantilla; retornan David Blanco (Sp. Zas) e Diego  (SD Sofán); abrir a “Copa Deputación” no seu campo fronte a un CD. Baio, tamén con moitas variantes nas súas ringleiras.
Con estas novidades e ademais, sen apenas adestramentos en ambos equipos, (ambos comezaron a adestrar o Martes) se presentan na “Pedra Queimada” nun incerto partido, no que o factor campo pode influír favorablemente ao conxunto local, pero non hai que olvidar que, o C.D. Baio, é un equipo con homes moi perigosos, no que destaca o seu goleador, Martín MC.
A Deputación da Coruña, agasalla ambos equipos pola súa participación, cun fixo de 450,00 Euros, mais 375,00 euros, para o vencedor da eliminatoria, na que como saben é a partido único, con tanda de penaltis en caso de empate a goles. A recadación en taquilla, será repartida a partes iguais, previo pago antes, cos cartos da recadación, do importe do desprazamento.

AGORA E SEMPE COA SCD MALPICA!