XXVI
Edición da “Copa Deputación” da Coruña – Eliminatoria previa:
Resultado: SCD
MALPICA 1 – 1 CD BAIO
(Penaltis 4-3)
SCD
MALPICA: Pombo; Adrián, Diego, (Kevin, 68), Juanjo Rabuñal, Alemán, Fernando Varela,
Ismael, ©, Petís, (Esteban, 51), David Blanco, Martín Mara, (Alberto, 60), Juan
Carlos.
CD BAIO : Fedello; Silvariño, (Pablo
Rodríguez, 46), Jóse, Eloy Lema, Norberto, Fachal, Brais Garrido, Rubio, (Ramón,
56), Cristian, (Santi Díaz, 46), MC, Bieito.
Árbitro: Sr. Patricio Blanco, Pablo.- (1ª
Aut. A Coruña). Ascendido a 1ª Aut. esta tempada, estivo moi ben no seu
cometido. Acertando na sinalización do penalti, aínda que os malpicáns
reclamáronlle dúas penas máximas mais por agarróns dentro da área a Esteban e
derrubo a D. Blanco, nas que o Sr. colexiado, moi preto das xogadas, mandou
continuar o xogo.
Asistentes: Sres. Acuña
Piñeiro e González Rei.- (1ª e 2ª Aut. A
Coruña). Sen complicacións.
Goleadores: 0-1, m. 9: nun contraataque visitante pola banda esquerda, Bieito, envía un pase sobre Brais Garrido,
este a un metro da frontal da área, solta un punteirazo, que, tras dar na
cruceta, cólase na portería dun sorprendido Pombo. 1-1, m. 53: Saque de banda efectuado por Juanjo
Rabuñal, sobre Juan Carlos, este quebra a Norberto, penetrando na área e, cando
se dispuña a centrar e derrubado claramente polo defensor baiés , o penalti transfórmao Fernando Varela, pola dereita de Fedello.
Ambiente e incidencias: Uns 125 seareiros
nas bancadas. Tarde nubrada, aínda que conforme ía avanzando o partido saíu o
sol. 21º de temperatura. Non houbo expulsados nin mancados.
Comentario: Clásico partido
de principio de tempada con dous equipos con apenas un par de adestramentos
(ambos comezaron o martes). Os baieses, que se atoparon cun sorpresivo gol nada
mais comezar, fixéronse fortes atrás acumulando homes na retagarda, pero sen
renunciar nunca ao contraataque, cun MC, en punta que se mostrou tremendamente
combativo rápido e perigoso.
Os futbolistas malpicáns, a pesar da falta de ritmo, sacaron forzas de
fraqueza e loitaron o indicible para sacar adiante a eliminatoria, ao final,
polas ocasións creadas, tiveron un xusto premio cos lanzamentos dos penalti,
onde o seu porteiro Pombo, erixiuse a figura, parando dous deles que foron
lanzados por este orde:
SCD Malpica: 4 CD
Baio: 3
1.-Fernando Varela: gol 1.-MC: gol
2.-Alberto: gol 2.-Fachal: gol
3.-Alemán: gol 3.-Norberto: gol
4.-Juan Carlos: gol 4.-Fedello: para Pombo
5.-David Blanco para
Fedello 5.-Brais
Garrido:para Pombo.
AGORA E SEMPRE
COA SCD MALPICA!