Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 30 de agosto de 2015

Actualidade da SCD Malpica:



A SCD MALPICA NON COMPETIRÁ ESTA TEMPADA EN XUVENÍS E CADETES :

        Tras intentalo ata á última hora e logo de realizar diversas xuntanzas con pais e rapaces en idades de cadete e xuvenil, a xunta directiva da SCD Malpica, vese obrigada moi a pesar seu de competir esta tempada nas categorías de Cadetes e Xuvenís.

            Na categoría xuvenil, faino, tras 42 tempadas ininterrompidas, pero coa intención de que sexa momentaneamente, pois espera e desexa, xuntar equipo para o mes de xaneiro e retornar a competición na “vindeira” “Copa da Costa”. Os directivos malpicáns, lamentan non poder ofrecerlles aos socios na vindeira tempada 2015/16, competición de liga xuvenil, pero así tamén o quixeron os rapaces da plantilla que había de tempada pasada, renunciando a participar coa SCD Malpica, emigrando a equipos da zona.

            En cadetes, que non se competía dende a tempada 2011/12, tampouco se conseguíu reunir rapazas/ces, que optaron igualmente por emigrar a outros equipos de zona.

            Deste xeito, a SCD Malpica, viuse na obriga de enviar un escrito a F.G.F. dando de baixa, tanto ao equipo xuvenil coma o cadete, pedindo desculpas a citada F.G.F. e aos equipos aos que tiña que enfrontarse na competición ligueira, dado que o calendario xa esta confeccionado e ía a comezar a vindeira semana os xuvenís (05-09-15) e (12-09-15) os cadetes.

        AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

miércoles, 26 de agosto de 2015

Actualidade da SCD Malpica (Xuvenís e Cadetes):



¡ I N A U D I T O !:


CATRO!!!, catro!!!, son os clubes federados existentes no Concello de Malpica que compiten nas categorías Autonómicas, por este orde de antigüidade e de fundación: Buño SCD, (2ª Autonómica, 10-10-64) SCD Malpica, (1ª Autonómica, 23-07-71) UD Cerqueda, (2ª Autonómica, 10-05-80)  e SP. Seaia, (3ª Autonómica, 01-07-13). E, desgraciadamente ningún conta a data de hoxe con categorías de fútbol base.

L A M E N TA B L E !!!!!!.

Malpica, ademais de Buño e Cerqueda, conta con outras cinco parroquias: Barizo, Mens, Vilanova, Cambre e Leiloio e varios lugares pertencentes ás denominadas parroquias, entre ás que se atopan, Seaia, Beo, Vigo dos Toxos, Casas do Monte, Aviño, Seixas, San Tirso, etc., etc., etc…

Pois ben, entre todo este complexo de parroquias e lugares que conforman a contorna de todo o municipio, suman aproximadamente uns 8.000 habitantes, dos que, aproximadamente un 12 %, son rapazas e rapaces de entre 10 e 19 anos, é dicir, moi preto de 1.000, e, aínda así, ningún dos equipos malpicáns federados, son capaces de xuntar equipos de fútbol base. 

 L A M E N T A B L E !!!!!!

Á SCD Malpica, dende o seu inicio, na tempada 1973/74, participou na competición XUVENIL en 42 tempadas, non deixando nunca de competir nesta categoría, conseguindo sete títulos de campión ( o último na tempada 2011/12), e nove subcampionatos.
Igualmente, participou dezaseis tempadas na categoría de CADETES, entre as tempadas 1996/97 a 2011/12, logrando un subcampionato na tempada 2001/02. En INFANTÍS, participou durante seis tempadas, a última na 2003/04. Ten polo tanto un palmarés de competición, aínda que no é sobresaínte, si é aceptable. O que si é LAMENTABLE!!!, é, que non teña participado nunca en Benxamíns nin en Alevíns. Como tamén e LAMENTABLE!!!, que deixe de participar esta tempada ao menos en Xuvenís é Cadetes, e,  quen sabe si no futuro!!!.

O clube Buño SCD, ( fundado 10-10-64) tivo durante varias tempadas equipo de Xuvenís, deixando de facelo na tempada, 2003/04, HAI XA DEZ TEMPADAS. (non dispoño de datos de competir en Cadetes e Infantís).

L A M E N T A B L E !!!!!

A U.D. Cerqueda, (fundación, 10-05-80), participou entre a tempada 1991/92 a 2008/09, nove tempadas na categoría Xuvenil alternas, e tres tempadas na categoría Cadete (1998/99/00/01 e 2001/02). Dende a 2008/09, (6 tempadas esta sen competir na categoría xuvenil, e dende a 2001/02, trece tempadas en categoría Cadete).

L A M E N T A BL E !!!!!

Pola súa banda, o SP. Seaia CF, de nova creación (Tempada 2013/14) só leva competindo dúas tempadas, formando tan só equipo de afeccionados (?) por que?.

L A M E N T A B L E !!!!!

Con estes datos a vista, os verdadeiros afeccionados ao fútbol, sobre todo os que non pertencen ao municipio malpicán, penso que non teñen mais remedio que opinar negativamente sobre o que sucede co fútbol base en todo Concello; a pouca importancia que lle dan os dirixentes, tanto políticos como directivos, os pais e nais das/os rapazas/ces que da a sensación que os queren ver mais facendo “botellón” ca facendo deporte, e, os propios rapaces que emigran de todas as parroquias e lugares da contorna para irse a clubes de Concellos limítrofes en vez de ser partícipes e representantes dos seus propios clubes vestindo a súas camisolas e defendendo os escudos das súas parroquias. A inmigración, escapa das guerras de África cara Europa e as/os rapazas/ces, escapan de Europa (os clubes do seu pobo) para África (clubes de fora do seu Concello).

L A M E N T A B LE !!!!!

Hai que dicir tamén que en todo municipio malpicán, predominan os “LOCALÍSMOS” en vez da “UNIÓN” todos queren ser líderes, pero tamén poderían selo, formando equipos de fútbol base e lugar de equipos de afeccionados, CATRO EQUIPOS DE FÚTBOL AFECCIONADO NUN MUNICIPIO TAN PEQUEÑO!!!! O que se fai deste xeito e boicotearse uns aos outros.

L A M E N T A B L E !!!!

            A nova directiva da SCD Malpica, que este ano iniciou a súa andaina no clube, intentou formar dous equipos de fútbol base, Xuvenís e Cadetes, contaba para elo coa colaboración da Consellería de Deportes do Concello malpicán, para sufragar algúns dos gastos que estes dous equipos ocasionan, e, aínda que a planificación deportiva para levar a cabo a creación destas categorías non foi a mellor, debido ao pouco tempo coa que se contou,  non tivo a resposta necesaria por parte de nais, pais e rapazas/ces, de todas as parroquias e lugares que forman o municipio, nin tampouco se contou co apoio real ou moral de colaboración das directivas dos demais clubes, para poder chegar a acordos entre todos coa intención de que calquera dos clubes recomendara algunha rapaza ou rapaz da súa parroquia ou lugar, aínda que fora a préstamo, para polo menos que houbera algunha categoría de base, aínda que logo retornara ao seu clube xa como afeccionado.

L A M E N T A B L E !!!!!


Así as cousas, e, a falta de ONCE días para o comezo da competición Xuvenil  e  DEZAOITO a de Cadetes, á SCD Malpica, único equipo do Concello inscrito na Federación Galega de Fútbol para tomar parte en ambas ligas e xa co calendario feito, teña que remitir un escrito ao ente federativo, para dar de BAIXA ambos equipos, o Xuvenil, tras 42 anos de participación ininterrompida.

L  A  M  E  N  T  A  B   L  E !!!!!









AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

lunes, 24 de agosto de 2015

Actualidade da SCD Malpica



TROFEO FESTAS DO MAR” (Triangular – 45 minutos):

Equipos participantes:    SP. MEICENDE (2ª Aut.). ORILLAMAR SD ( 1ª Aut.). SCD MALPICA, (1ª Aut.).
1º partido:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (100 x 60)  (Malpica)
Data e hora      :           Sábado: 22-08-15         18:00 horas.- 
Equipos           :           SP. MEICENDE  1 – 0   ORILLAMAR SD
Goleadores      :           0-1, m. 18: Jano, tras un centro chut dende a banda dereita que sorprendeu ao porteiro             Estevez.
Comentario      :           Un Sp. Meicende moi presionante, non deixou xogar comodamente a un Orillamar SD mais
técnico, aproveitando moi ben o contraataque e conseguindo o gol nunha xogada sen relativo perigo.            

2º partido:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (100 x 60)   (Malpica)
Data e hora      :           Sábado: 22-08-15         19:00 horas.-   
Equipos           :           SCD MALPICA  0 – 1   ORILLAMAR SD      
Goleadores      :           0-1, m. 31: saque de falta directa, lanzada maxistralmente a escuadra por Brais, coa zurda.
Comentario      :           Partido nivelado con escaso fútbol e algúns malos modos por parte de ambos equipos. Ao
final resolveu un gol de falta directa. As mellores oportunidades tívoas o visitante Piquer, en dous man a man co porteiro local Víctor, que este detivo moi acertadamente. Os malpicáns tiveron romos en ataque.
3º partido:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (100 x 60)   (Malpica)
Data e hora      :           Sábado: 22-08-15         20:00 horas
Equipos           :           SCD MALPICA   0 – 1  SP MEICENDE
Goleadores      :           0-1, m. 10: Ezequiel, transforma claro penalti.
Comentario         :              Melloraron en ataque os malpicáns neste segundo partido, tendo un man a man, Martín Uru, (22), Luís,
                                               alto, (38) e finalmente Charro, salvando un defensor na mesma liña de gol, (43).
                                               Os de Meicende, que se atoparon cun penalti ao inicio do partido, souberon seguir presionando coma no primeiro partido que lles valeu para conseguir a vitoria e o trofeo. Perduraron os malos modos no equipo local, algo que deben corrixir na competición ligueira se non queren verse sancionados na maioría dos partidos.

CLASIFICACIÓN FINAL:          1º SP. Meicende, 6 puntos. 2º Orillamar SD, 3 puntos. 3º SCD Malpica, 0 puntos.






AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!