A SCD MALPICA NON COMPETIRÁ ESTA TEMPADA EN XUVENÍS E CADETES :
Tras intentalo ata á última hora e logo de realizar
diversas xuntanzas con pais e rapaces en idades de cadete e xuvenil, a xunta directiva
da SCD Malpica, vese obrigada moi a pesar seu de competir esta tempada nas
categorías de Cadetes e Xuvenís.
Na
categoría xuvenil, faino, tras 42
tempadas ininterrompidas, pero coa intención de que sexa momentaneamente,
pois espera e desexa, xuntar equipo para o mes de xaneiro e retornar a
competición na “vindeira” “Copa da Costa”. Os directivos malpicáns, lamentan
non poder ofrecerlles aos socios na vindeira tempada 2015/16, competición de
liga xuvenil, pero así tamén o quixeron os rapaces da plantilla que había de
tempada pasada, renunciando a participar coa SCD Malpica, emigrando a equipos
da zona.
En cadetes,
que non se competía dende a tempada 2011/12, tampouco se conseguíu reunir
rapazas/ces, que optaron igualmente por emigrar a outros equipos de zona.
Deste
xeito, a SCD Malpica, viuse na obriga de enviar un escrito a F.G.F. dando de
baixa, tanto ao equipo xuvenil coma o cadete, pedindo desculpas a citada F.G.F. e aos equipos aos que tiña que enfrontarse na competición
ligueira, dado que o calendario xa esta confeccionado e ía a comezar a vindeira
semana os xuvenís (05-09-15) e (12-09-15) os cadetes.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!