Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

lunes, 10 de agosto de 2015

Actualidade da SCd Malpica:



XV EDICIÓN DO TROFEO DA “MOSTRA DA OLERÍA”, (Triangular – 45 minutos):

Equipos participantes:    U.D. CERQUEDA, (2ª Aut.). SCD MALPICA, (1ª Aut.). BUÑO SD, (2ª Aut.)
1º partido:
Campo             :           “Xaviña”    (99 x 60)   (Buño)
Equipos           :           U.D. CERQUEDA  1 – 0  SCD MALPICA
UD CERQUEDA:    Gesto; Darío, (Juanjo, 44), Pailos, Atu, Sergio, Pazos, © Luchi, (Brais, 28) ,Manu, Martín, (Javi Gemelo, 33), Lorenzo, Fernando.(Tamén xogaron: Jonás, Ángel,Uru, Eloy).
SCD MALPICA:                  Víctor; Carlos Mallo, Lil, Alberto, Eloy, Dímaga, Petís, Martín Mara, Almeida, Martín Uru, Charro, ©.
Árbitro             :           Sr. Pablo Casal. (afeccionado, algo contemplativo coas tarascadas)
Goleadores:     :           1-0, m. 18: un centro bombeado dende a banda dereita sobre o punto de penalti, é mal rexeitado polo porteiro malpicán Víctor, na súa saída de puños en semi erro, o “coiro” cae a chumbo intentando rexeitalo un defensor malpicán con tan mala fortuna que bate nas pernas de Pazos penetrando na portería.
Comentario      Partido soso e bastante trabado, onde os de Cerqueda abusaron mais do contacto físico. Quizais, por aquilo de equipo de inferior categoría (2ª Aut. contra 1ª Aut.) desquiciando aos malpicáns que non paraban de protestar ao árbitro.
            En canto ao xogo, polos motivos mais enriba expostos, foi bastante malo, saíndo os de Cerqueda mais enchufados ao inicio do partido, froito delo, ademais do gol no m. 18, tiveron no 10 un tiro alto de Manu dende boa posición errando Martín, só ante Víctor un clara ocasión.
            Pola súa banda a SCD Malpica, nunca tivo soltura para librarse do forte e pesado contacto rival, anotamos un testarazo de Almeida a boca xerro a centro de Alberto, que parou moi ben Gesto (m. 13) e un centro chut de Dímaga que desvía a saque de curruncho Gesto.

2º partido:
Equipos           :           BUÑO SCD   2 - 2  SCD MALPICA
BUÑO SCD:        Toni; M. Dourado, Juan Antelo, Dimitri, Dani Mato, D. Dourado, (Emilio, 41), Jorge Pombo, Dani Calvete, Neucha, (Iván Mato, 42), Santi, Fran Borrazás. (Tamén xogaron: Casais, Richard).
SCD MALPICA:  Víctor: (Ángel, 37), Eloy, Carlos Mallo, Alberto, Lil, Dímaga, Marín Uru, Petís, Martín Mara, Sergio, (Almeida, 22), Charro.
Árbitro:            Sr. Pablo Casal (afeccionado). Deixouse influír polos futbolistas  locais na sinalización do penalti.
Goleadores:     0-1, m. 7: Alberto, de falta directa a escuadra. 0-2, m. 24: Almeida, a rexeite de Toni a tiro de Charro.
1-2, m. 32: cambio de orientación de Neucha sobre Jorge Pombo, o cal gáñalle a partido ao seu marcador a bate a Víctor no man a man, 2-2, m. 36: penalti que lle indican ao árbitro os xogadores locais por suposta mano de Eloy. O árbitro atopábase a mas de 50 metros da xogada, Neucha transforma a pena máxima.
Comentario:     Partido con algo mellor xogo por parte da SCD Malpica, pero sen alardes, ante un Buño SCD, cohibido nos primeiros instantes pero que a medida que avanzaban os minutos ía apoderándose do centro do campo, sobre todo despois do min. 28, na que os de Malpica, quedaron cun home menos, por expulsión de Martín Uru por reiteradas protestas ao árbitro, e iso que neses intres os malpicáns mandaban no marcador cun 2-0, despois de que Alberto, en saque de falta directa, enviaba o “coiro” por enriba da barreira as redes de Toni, logo sería Almeida o que culminaba unha xogada de Charro pola esquerda, aproveitando o rexeite do porteiro oleiro, tivo de novo Alberto, noutro saque de falta a oportunidade de marcar, pero o “coiro” estrelouse na cruceta. Logo os locais aproveitaron moi ben as súas oportunidades fronte a un equipo con 10.
            Á SCD Malpica, despois da brillante actuación fronte ao Corme CF, na “Copa Deputación”, veñen decaendo algo no seu xogo, tamén é verdade que faltaron homes claves, tanto fronte ao SP. Cidade coma nos partidos de hoxe no que debutou o “moreno” Lil.

3º partido:
Campo             :           “Xaviña”    (99 x 60)   (Buño)
Equipos           :           S.D. BUÑO    0 – 0   U D CERQUEDA
Árbitro               Pablo Casal  (afeccionado, o seu partido mais completo, aínda sen convencer a ambos equipos).
Comentario:     A UD Cerqueda, mais regular no cómputo dos tres partidos, proclamouse vencedor da XV edición do  “Trofeo da Olería”.
            Mandou mais neste encontro o Buño, que só lles valía a vitoria para alzarse con trofeo e tivo á ocasión de ouro nos pes de Jorge Pombo, pero o seu tiro, despois dunha serie de rexeites , estrelouse no traveseiro da portería do Cerqueda. Equipo este que, ao servirlle o empate, soubo nadar e gardar a roupa.

CLASIFICACIÓN FINAL:          1º UD Cerqueda: 4 puntos.  2º Buño SCD: 2 puntos. 3º SCD Malpica: 1 punto.

Nota: Para dilucidar un posible empate, houbo lanzamentos de tandas de penaltis nos dous primeiros partidos, na que a SCD Malpica, venceu a UD Cerqueda por 5-3, empatando co Buño 3-3, aínda que os oleiros lanzaron 5 por 4 da SCD Malpica (5). (Equipos e árbitro desorientados?)





AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!