Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 31 de enero de 2014

Axenda de partidos da SCD Malpica, para vindeira fin de semana:



1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 21ª :
Campo             :           “Mularedos”      (Lamela-Silleda)                       
Equipos           :           LAMELA CF    SCD MALPICA 
Data e hora      :           Domingo: 02-02-14,  16:15 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Val Castro, Daniel.-(1ª Aut.-Santiago).
Asistentes        :           Sres. Pérez Mindeguía e Reboredo Riadigos.-(.-Santiago).
Longo desprazamento da SCD Malpica a terras de Silleda, onde moi preto se atopa a localidade de LAMELA, (a uns 40 Quilómetros de Santiago) e, a onde pertence o equipo do Lamela CF.
O Lamela CF, conxunto que, como se recordará, disputou a promoción de ascenso á 1ª Aut. cos malpicáns, na tempada 11/12, ascendendo ambos; esta a facer unha campaña moi irregular, ata o punto de que se atopa no posto 15º da táboa, con 19 puntos, tan só a un dos postos comprometidos de descenso, por iso, vai ser un rival difícil de vencer, xa que loitará o indicible ante os seu público para que os puntos non se marchen do seu campo.
Actualmente, dos 20 partidos xogados, gañou 5 empatou 4 e perdeu 11, anotou 19 goles (a menos dun gol por partido de media) e encaixou 36 (1,80 de media por partido).
Pola súa banda a SCD Malpica, intentará continuar coa súa boa racha de resultados positivos (5 xornadas sen perder), á espera de que fallen os tres da cabeza e manténdose a expectativa para meterse nos postos de promoción que, de momento esta a 8 puntos, pero que nesta vindeira xornada enfronta aos dous que o preceden, e, caso de vencer en Lamela, recortaría distancias.
Os locais, contan coa baixa forzosa por sanción de Adrián Fuentes.
0 resultado da primeira volta foi:
29-09-13: SCD MALPICA  2 – 1  LAMELA CF            (Goles: 0-1, Diego Villar, 1-1, D. Castro (p). 2-1, Óscar Suárez).

                                                                                         Conxunto da SCD Malpica da 1ª volta (2-1)
1ª Autonómica xuvenil -1ª Fase – 2ª volta – Última Xornada -  22ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (Malpica)         
Equipos           :           SCD MALPICA  -  SD LAXE 
Data e hora      :           Sábado: 01-02-14,  16:15 horas           
Árbitro :               Sr. Rama Cotelo, Pablo.- (1ª Aut.-A Coruña).
Ser ou non ser, esta é a frase que lle hai que aplicar aos rapaces xuvenís da SCD Malpica, de cara vindeira xornada, que ademais é a última da primeira Fase da liga regular. Caso de vitoria, a clasificación para a 2ª Fase, esta asegurada, tamén perdendo, (sempre que perda a SD Coristanco) pode igualmente acadar a clasificación, pero mellor é non especular e intentar conseguir a vitoria, isto sería o mais seguro.
Os rapaces malpicáns, que non poderán contar para este partido co sancionado Kevin, (os Laxenses que tamén teñen a Djamel sancionado), deben poñer toda a carne no asador, pero sen presas e sen arriscar coas protestas cara o árbitro ou rivais, para poder acabar o partido cos once futbolistas que o empecen e deste xeito ter mais garantías de vitoria.
O adestrador Fernando, saberá informarlle ben deste tipo de accións que a nada conducen, calma debe ser a consigna, e atacar a portería rival pero sen desguarnecer a propia, mantendo un equilibrio entre liñas, sen nervios e precipitacións, deste xeito chegará o triunfo.
 O resultado da 1ª volta foi:
09-11-13: SD LAXE   3 –4  SCD MALPICA  (Goles: 1-0, Djamel. 2-0, Dani, 3-0, Manuel. 3-1, Jorge (p). 3-2, Pitís.3-3, Kevin. 3-4, Kevin).

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

martes, 28 de enero de 2014

Táboas dos goleadores da 1ª Aut.G.2º(Costa). "Liga da Costa" e SCD Malpica:

Continúan as loitas entre os principais goleadores das correspondentes ligas, así, na 1ª Autonómica G.2º, igualadísima vai a clasificación, entre, polo momento os tres máximos candidatos: Óscar Suárez (SCD Malpica), Quique Paluca e Roberto Pladur, ambos da SCRD Esteirana, cunha diferencia de un gol entreles.

Na 2ª Autonómica da "liga da costa", cada semana sofre variación a cabeza da táboa debido tamén a igualdade que hai esta tempada entre os máximos aspirantes ao trofeo ao mellor realizador, esta semana tócalle encabezar a táboa ao ex da SCD Malpica, agora nas ringleiras do SP. Zas, David Blanco, seguido a moi pouca distancia por Raúl (SD Sofán), Lucas (Corme CF), Juan Chans (Corme CF), Iván Rojo (SD Sofán) e Aitor (SD Fisterra).

En canto aos realizadores da SCD Malpica, o veterano Óscar Suárez, que esta a vivir unha segunda xuventude, segue de indiscutible "lider" en afeccionados. En xuvenís, destaca Kevin, que o sábado marcou dous goles e por último en veteranos continúa Richard, achégadoselle un pouco, Fran.

Así as cousas, así quedan as táboas despois da última xornada disputada:



Kevin, xuvenil SCD Malpica.               David Blanco
                                                              
Roberto Pladur























AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 26 de enero de 2014

Crónicas dos partidos da SCD Malpica, da última xornada:



Resultado:       SCD MALPICA    4 – 1   SCRD ESTEIRANA  
SCD MALPICA:   Pombo; Adrián, (David Castro, 74), Manu Casal, Mario Casal, Alemán, Fernando Varela, Andrés, ©, (Eloy Cabeza, 75), Cheo, Abel, (Neucha, 65), Juan Carlos, Óscar Suárez, (M. Maradona, 62).
SCRD ESTEIRANA:  Manu; Juan, Serrano, Dani, ©, Suízo, (Adrián, 75), Varela, (Eloy, 80), Álex, Andel, Roberto Pladur, Josiño, (Raúl, 68), Simón.  
Árbitro:            Sr. Antonio Fuentes Seoane.- (1ª Aut..-A Coruña). Moi boa actuación.
Asistentes:       Sres. Pérez Gil e Dopico Pereira.-(3ª Aut..-A Coruña).  Ambos correctos.  
Goleadores:     0-1, m. 46: nada mais sacar de centro, os visitantes forzan un saque de curruncho, que botado por Andel, é rematado cun testarazo impecable por ROBERTO PLADUR. 1-1, m. 54: falta directa dende a liña de medios escorada a banda dereita efectuada a pe cambiado polo zurdo MANU CASAL, o cal de tiro raso salvando a barreira, entra na portería. 2-1, m. 58: gol olímpico de MANU CASAL, de saque de curruncho directo. 3-1, m. 60: novo saque de curruncho efectuado por Manu Casal, desta vez ao 1º pau, peitea para atrás Óscar Suárez e JUAN CARLOS, cabecea a rede no 2º pau. 4-1, m. 74: envío de Martín Maradona, en profundidade sobre CHEO, este vaise por velocidade dos defensores e, de tiro cruzado bate a Manu.
Ambiente e Incidencias:          Preto de 100 seareiros nas bancadas, nunha tarde desapacible con insistente orballo e vento do suroeste, 12º de temperatura. Non houbo mancados nin expulsados. Ao inicio do encontro gardouse un minuto de silencio por un directivo da SCRD Esteirana.   
Xogadas de perigo da SCD Malpica:   M. 15: rexeite defensivo Esteirán, que recolle Abel, este empalma un fortísimo tiro que fai lucir a Manu. M. 45: falta efectuada por Mario Casal a testa de Óscar Suárez, que para ben colocado Manu. M. 56: excelente volea de Manu Casal, que Manu, saca cunha man inverosímil. M. 57: en pleno acoso malpicán, Óscar Suárez, fai intervir  de novo a Manu, cun tiro dende cerca.             
Xogadas de perigo do SCRD Esteirana:  M. 2: Pombo, desvía a saque de curruncho un tiro de Varela, que a súa vez recollera dentro da área un rexeite do porteiro local. M. 24: saque de meta defectuoso de Pombo, que intercepta Álex, pero non controla ben “coiro” permitíndolle a Mario Casal, rexeitar o perigo. M. 48: un rexeite de Pombo, en saída fora da área, cáelle aos pes de Simón, o cal empalma un tirazo que se estrela no poste dereito. M. 83: falta directa que saca Raúl, a 5 metros da media lúa, non atalla ben o “coiro” Pombo, e, cando Roberto Pladur intentaba remachar na boca de gol, xógase o físico Alemán, rexeitando inextremis, quedando o defensor conmocionado durante uns minutos.         

Comentario:     Partido con dúas fases diferentes, na primeira, os da Esteirana, presionando insistentemente  sobre a saída dos locais lograron crear problemas ao equipo malpicán, ademais, conseguían ligar xogadas combinativas e vistosas.
A pesar de que na primeira xogada da segunda parte lograron adiantarse no marcador, o que fixeron con esta acción foi espertar aos futbolistas da SCD Malpica, que, aos poucos minutos lograban igualar e a continuación pórse por diante no marcador en dúas xogadas a balón parado do veterano Manu Casal, a partir de aí, os visitantes nada puideron facer ante a superioridade local.





















1ª Autonómica Xuvenil – 1ª Fase – (2ª volta) 21ª xornada:                                            

Resultado:       SD CORISTANCO   5 – 4   SCD MALPICA  
SD CORISTANCO:  Nacho; © Iván, (Suárez, 61), Rubén, Jorge, Brandón, Varela, Bértoa, Navarro, Fondo, Chiqui, (Brais, 61), Jhoni.
SCD MALPICA:  Manuel; Jorge, Víctor Novo, © Canario, Steven, Mouri, (David 72), Eloy, Guille, Pitís, Almeida, (Brais, 90+4), Kevin.
Árbitro:  Sr. Manuel Casanova Vázquez.- (2ª Aut..- A Coruña). Moi mal. Sancionou dúas faltas inexistentes  a favor dos locais ao borde da área, que significaron o 2º e 3º goles. Concedeu o 4º gol do Coristanco, cando o seu autor, estaba en clarísimo fora de xogo. En liñas xerais andou despistado e sen autoridade, deixándose influír por futbolistas e público.  
Goleadores:     0-1, m. 2: saque de curruncho botado por Pitís, remate frouxo de Jorge, Almeida moi oportuno desvía  a rede. 1-1, m. 10: saque de falta de Rubén, dende a divisoria dos dous campos, Jorge, no punto de penalti sen oposición cabecea a rede logo de pegar no poste. 1-2, m. 15: Almeida, controla o “coiro” co peito dentro da área, escórase a unha banda e centra o 2º pau, Kevin, de testarazo bate a Nacho. 2-2, m. 20: saque de falta dende a media lúa efectuada por Jorge, que aproveita a mala colocación da barreira.      3-2, m. 25: de novo Jorge, aproveita o oco que lle deixa a barreira, e bate a Manuel de saque de falta no borde da área. 3-3, m. 44: Eloy, efectúa o saque dunha falta dende a liña de medios directamente a porta, non atalla ben Nacho e Pitís, aproveita para lograr o empate. 4-3, m. 69: Suárez, recibe dun compañeiro na media lúa en claro fora de xogo, encara a Manuel e báteo por baixo. 5-3, m. 74: Suárez intérnase pola banda esquerda centra dende a liña de fondo e Jhoni, adiántase á blocaxe  de Manuel no primeiro pau. 5-4, m. 76: xogada individual de Kevin pola banda esquerda, o cal dun espléndido voleón de zurda, bate a Nacho.
Ambiente e incidencias: Uns 110, seareiros nas bancadas da “Rocheira”, tarde nubrada con constante orballo e 12º de temperatura. Non houbo mancados nin expulsados.
Xogadas perigosas da SD Coristanco: M. 35: falta botada por Jorge, dende o medio do campo moi colocada e con moita forza, enviada con moitos apuros por Manuel a saque de curruncho. M. 54: logo dun saque de banda lateral que un defensa malpicán peitea para atrás, permítelle a Chiqui, quedar só ante Manuel, pero o seu tiro moi colocado pero frouxo deteno o porteiro visitante. M. 60:  Falta botada por Jorge, que Manuel envía a saque de curruncho nunha gran intervención.
Xogadas perigosas da SCD Malpica:  M. 45+1: centro moi pechado de Eloy que Pitís empalma no 2º pau fora por pouco. M. 46: combinación entre Almeida e Kevin, con disparo deste que detén Nacho. M. 48: pase en profundidade de Kevin sobre Pitís, este encara a Nacho e cruza saíndo o “coiro” lambendo o poste. M. 56: Eloy, executa unha falta con efecto que sae lambendo a escuadra. M. 79: internada de Kevin, vaise por velocidade dos defensas, e no man a man con Nacho, este fáiselle co “coiro” tirándoselle aso pes. M. 84: pase de Víctor Novo sobre Kevín o cal en boa posición dispara, pero crúzaselle un defensor saíndo o “coiro” a saque de curruncho. 
Comentario:     Partido con mais oportunidades de gol por parte dos rapaces malpicáns, pero que nesta ocasión quizais polos nervios, erraron lamentablemente diante de Nacho, ademais, non contaron cun árbitro imparcial e deixaron dous ocos na barreira en sendas faltas, que custaron dous goles. A SD Coristanco, por medio do seu goleador Jorge, aproveitou moi ben ditos erros.
Agora, tanto CF Corme, SD Coristanco e os malpicáns, terán que esperar a derradeira xornada, para saber cal dos tres se clasifica para a segunda fase, o CF Corme e SCD Malpica, dependen deles mesmos, por mellor puntuación daqueles e mellor golaveraxe particular da SCD Malpica.

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!




XI edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano– (2ª volta) 18ª Xornada:
Resultado:       MALPICA   3 –3   PORTEÑO
Árbitro:            Sr. Pichu.-  Moi mal, castigou aos malpicáns con dous penaltis, un, foino o outro só existiu na súa imaxinación.
Goleadores:     1-0, m. 21: Richard. 1-1, m. 25: Pablo (p). 1-2, m. 28: José Martínez. 2-2, m. 32: Fran. 2-3, m. 80: Pablo (p). 3-3, m. 90: Fran. 
Comentario:     Partido dominado nun 80% polos veteranos malpicáns, pero os penaltis, resolveron a igualada.