Resultado: SCD
MALPICA 4 – 0 PONTECESO SD
SCD
MALPICA: Pombo; Adrián, Manu Casal, David Castro, Alemán, Fernando Varela, M. Maradona, (Tato,
76), Cheo, (C), (Eloy Cabeza, 63), Abel, (Neucha, 56), Ismael, (Andrés, 67), Juan
Carlos,
PONTECESO
SD: Eusebio; Dani Cotelo, Javi Peón, Óscar Moscoso, (Lorenzo, 46), Josito,
Mendieta, Martín Puente, Alberto Recarey, Youssef, Bolón, (Yago, 46), Dieguito,
(David Brenlla, 62).
Árbitro: Sr. Acuña Piñeiro, Ángel.- (1ª Aut.-A Coruña). Moi boa labor. Futbolistas e
banco do Ponteceso, reclamáronlle unha posible mano dentro da área dun defensor
malpicán a tiro de Bolón.
Asistentes: Sres. Pérez Pol e Larrosa Pérez.- (2ª e 1ª Aut.-A
Coruña). Correctos.
Goleadores: 1-0, m. 10: Saque de banda en longo de Cheo sobre o punto de penalti, ABEL, cabecea ao poste contrario de onde se atopaba o porteiro Eusebio. 2-0, m.
12: Juan Carlos, envía un medido pase por enriba da defensa, a MARTÍN
MARADONA, o cal ante a saída de
Eusebio, bolea ao fondo da rede. 3-0, m. 43: Saque longo de portería de Pombo,
o coiro axudado polo vento, pasa por enriba dos defensores visitantes, Juan Carlos,
coa pillaría que o caracteriza, róuballe a carteira a estes e amaga o tiro,
freando o “coiro”, Óscar Moscoso, que o perseguía, engánchalle unha perna
derrubando, o claro penalti, transfórmao DAVID CASTRO, que xa leva cinco de cinco. 4-0, m. 78: Saque de curruncho botado
por Juan Carlos, ELOY CABEZA, adiantándose a
tardía saída de Eusebio, peitea ao fondo da portería.
Ambiente e Incidencias: Menos público do habitual nas bancadas, tan só 100 seareiros. Tarde con nubes e claros sen chuvia, lixeiro
vento e 11º de temperatura. Non houbo mancados nin expulsados.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: M. 36: intelixente xogada de
Ismael na medular que acaba cun medido pase entre liñas sobre o desmarque de
Cheo, este, encara a Eusebio, pero o seu tiro con mais forza que colocación
acaba estrelándose no poste esquerdo da portería. M. 65 : unha falta lateral lanzada por Eloy Cabeza, sobre a cabeza
de Juan Carlos, rematando ao traveseiro. M.
75: excelente combinación ao primeiro toque entre, Fernando Varela, Juan
Carlos, Adrián, este chega a liña de fondo enviando un pase a media lúa sobre
Eloy Cabeza, que cede cara Neucha ao borde da área e de espaldas a portería, o
cal, xirando 180º envía un tiro raso esquinado que atalla o porteiro Eusebio en
dous tempos, nunha excelente intervención. M.
78: Outra bonita combinación cun
pase a dentro da área que rexeita un defensor cara a Fernando Varela, este,
empalma un forte tiro a media altura que fai lucir a Eusebio, noutra boa
intervención do veterano porteiro pontecesán.
Xogadas de perigo do Ponteceso
SD: M. 33: falta pegada a banda
esquerda a altura de medios, lanzada con habilidade por Óscar Moscoso, non
atopa rematador e acaba estrelándose no traveseiro da portería de Pombo. M. 34: Saque de curruncho efectuado por
Josito, hai un rexeite da defensa local, caéndolle o “coiro” a Bolón, que
empalma un gran tiro, que pega nunha nube de futbolistas saíndo o “coiro” rexeitado
ao centro do campo, os de Ponteceso reclamaron penalti, o Sr. colexiado moi
preto da xogada mandou seguir o xogo.
Comentario: A SCD Malpica,
saíu a non deixarse sorprender e, en doce minutos xa tomara clara vantaxe no
marcador, condicionando moito xa a disputa do partido, perdendo a intensidade
que se produce cando o marcador vai mais nivelado. O equipo do Ponteceso SD,
quixo pero non puido, quizais psicoloxicamente afectado polo lugar que ocupa na
táboa, e coa desvantaxe de dous goles tan pronto, non soubo reaccionar e, aínda
que intentou “xogo bonito ao primeiro toque”, este foi totalmente carente de
mordente para facer dano a un conxunto coma o malpicán que, a día de hoxe é moi
superior en todas as liñas, e aínda menos mal que o poste e o traveseiro,
perdoaron que a goleada non fora mais ampla. Hai que destacar, a enorme
deportividade coa que se comportaron ambos equipos.
1ª Autonómica Xuvenil – 1ª Fase – (2ª volta) 18ª xornada:
Resultado: SCD MALPICA 6 – 0 SD
CASTRIZ
SCD
MALPICA: Manuel;, Víctor Novo, Kevin, Steven, Canario, (Chols, 84), Diego, Guille, (Almeida,
46), Mouri, (Brais, 80), Pitís, Alberto,
(Gabi, 82), Eloy, (Plejo, 84).
SD CASTRIZ
: Víctor; Bolita, Álex, Pablo, Curro, (Francés, 42), Andi, (Iván 83), José
Ángel, Balsa, (Diego, 78), Rony, (Sergio, 70), Yordi,
(C), Miguel.
Árbitro: Sr. Vilariño Hidalgo,
Alejandro- (2ª Aut.- A Coruña). Boa
labor. Invalidoulle un gol á SCD Malpica, min. 43 de partido por dubidoso fora
de xogo.
Goleadores: 1-0, m. 49:
Pitís. 2-0, m. 73: Pitís. 3-0, m. 77: Almeida. 4-0, m. 79: Pitís. 5-0, m. 84:
Almeida. 6-0, m. 85: Brais.
Ambiente e incidencias: Tan só unhas 20 persoas nas bancadas. O partido disputouse as 12:00 horas,
nunha mañá de vento, auga e frío, con 8º de temperatura. Non houbo expulsados.
No min. 42, tivo que retirarse mancado o defensa central da SD Castriz, Curro, cun problema no xeonllo da perna
dereita. O rapaz foi evacuado ao Hospital da Rosaleda en Santiago para ser
explorado. Dende aquí, queremos desexarlle unha moi pronta recuperación e que
tan só se quede nun susto.
Comentario: Partido condicionado polo forte
temporal que se sufriu na “Pedra Queimada” durante a mañá. Hora de celebración
do mesmo. A SD Castriz, que escolleu a favor do forte vento reinante, soubo
aguantar moi ben na primeira parte as embestidas dos locais, conseguindo chegar
un par de veces a portería de Manuel, que este solventou sen demasiados
problemas e retirándose ao descanso con empate a ceros.
Na segunda parte os xuvenís malpicáns co vento a favor, fixéronse co
dominio total do partido, acusando tamén os visitantes a lesión de Curro, non
obstante pese ao dominio, os rapaces da SCD Malpica, non lograron deixar claro
o resultado ata os vinte últimos minutos, a pesar de dispoñer de innumerables
ocasións para abrir a lata.
Con esta vitoria e o empate do Corme CF, os malpicáns acadan a 2ª posición
da táboa.