Resultado: SCD
MALPICA 4 – 1 SCRD ESTEIRANA
SCD
MALPICA: Pombo; Adrián, (David Castro, 74), Manu Casal, Mario Casal, Alemán, Fernando
Varela, Andrés, ©, (Eloy Cabeza, 75), Cheo, Abel, (Neucha, 65), Juan Carlos,
Óscar Suárez, (M. Maradona, 62).
SCRD
ESTEIRANA: Manu; Juan, Serrano, Dani, ©, Suízo, (Adrián, 75), Varela, (Eloy, 80), Álex,
Andel, Roberto Pladur, Josiño, (Raúl, 68), Simón.
Árbitro: Sr. Antonio Fuentes Seoane.- (1ª Aut..-A Coruña). Moi boa actuación.
Asistentes: Sres. Pérez Gil e Dopico Pereira.-(3ª Aut..-A Coruña). Ambos
correctos.
Goleadores: 0-1, m. 46: nada mais sacar de centro, os visitantes forzan un saque de curruncho, que botado
por Andel, é rematado cun testarazo impecable por ROBERTO PLADUR. 1-1, m. 54: falta directa dende
a liña de medios escorada a banda dereita efectuada a pe cambiado polo zurdo MANU CASAL, o cal de tiro raso
salvando a barreira, entra na portería. 2-1,
m. 58: gol olímpico de MANU CASAL, de saque de curruncho directo. 3-1,
m. 60: novo saque de curruncho efectuado por Manu Casal, desta vez ao 1º
pau, peitea para atrás Óscar Suárez e JUAN CARLOS, cabecea a rede
no 2º pau. 4-1, m. 74: envío de
Martín Maradona, en profundidade sobre CHEO, este vaise por
velocidade dos defensores e, de tiro cruzado bate a Manu.
Xogadas de perigo da SCD
Malpica: M. 15: rexeite defensivo Esteirán, que recolle Abel, este empalma un fortísimo
tiro que fai lucir a Manu. M. 45:
falta efectuada por Mario Casal a testa de Óscar Suárez, que para ben colocado
Manu. M. 56: excelente volea de Manu
Casal, que Manu, saca cunha man inverosímil. M. 57: en pleno acoso malpicán, Óscar Suárez, fai intervir de novo a Manu, cun tiro dende cerca.
A pesar de que na primeira xogada da segunda parte lograron adiantarse no
marcador, o que fixeron con esta acción foi espertar aos futbolistas da SCD
Malpica, que, aos poucos minutos lograban igualar e a continuación pórse por
diante no marcador en dúas xogadas a balón parado do veterano Manu Casal, a partir
de aí, os visitantes nada puideron facer ante a superioridade local.
1ª Autonómica Xuvenil – 1ª Fase – (2ª volta) 21ª xornada:
Resultado: SD CORISTANCO 5 – 4 SCD MALPICA
SD
CORISTANCO: Nacho; © Iván, (Suárez, 61), Rubén,
Jorge, Brandón, Varela, Bértoa, Navarro, Fondo, Chiqui, (Brais, 61), Jhoni.
SCD
MALPICA: Manuel; Jorge, Víctor Novo, © Canario, Steven, Mouri, (David 72), Eloy,
Guille, Pitís, Almeida, (Brais, 90+4), Kevin.
Árbitro: Sr. Manuel Casanova Vázquez.- (2ª Aut..- A Coruña). Moi mal. Sancionou dúas faltas inexistentes a favor dos locais ao borde da área, que significaron
o 2º e 3º goles. Concedeu o 4º gol do Coristanco, cando o seu autor, estaba en
clarísimo fora de xogo. En liñas xerais andou despistado e sen autoridade, deixándose
influír por futbolistas e público.
Xogadas perigosas da SD
Coristanco: M. 35: falta botada por Jorge, dende o
medio do campo moi colocada e con moita forza, enviada con moitos apuros por
Manuel a saque de curruncho. M. 54: logo
dun saque de banda lateral que un defensa malpicán peitea para atrás,
permítelle a Chiqui, quedar só ante Manuel, pero o seu tiro moi colocado pero
frouxo deteno o porteiro visitante. M.
60: Falta botada por Jorge, que
Manuel envía a saque de curruncho nunha gran intervención.
Comentario: Partido con mais
oportunidades de gol por parte dos rapaces malpicáns, pero que nesta ocasión
quizais polos nervios, erraron lamentablemente diante de Nacho, ademais, non
contaron cun árbitro imparcial e deixaron dous ocos na barreira en sendas
faltas, que custaron dous goles. A SD Coristanco, por medio do seu goleador Jorge,
aproveitou moi ben ditos erros.
Agora, tanto CF Corme, SD Coristanco e os malpicáns, terán que esperar a
derradeira xornada, para saber cal dos tres se clasifica para a segunda fase, o
CF Corme e SCD Malpica, dependen deles mesmos, por mellor puntuación daqueles e
mellor golaveraxe particular da SCD Malpica.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
XI edición da
“Liga da Costa” de Fútbol Veterano– (2ª volta) 18ª Xornada:
Resultado: MALPICA
3 –3 PORTEÑO
Árbitro: Sr.
Pichu.- Moi mal, castigou aos malpicáns
con dous penaltis, un, foino o outro só existiu na súa imaxinación.
Goleadores: 1-0, m. 21: Richard. 1-1, m. 25: Pablo (p). 1-2, m. 28: José Martínez. 2-2, m. 32: Fran. 2-3, m. 80: Pablo (p). 3-3, m. 90: Fran.
Comentario: Partido dominado
nun 80% polos veteranos malpicáns, pero os penaltis, resolveron a igualada.