Resultado: CD
UNIÓN 1 – 1 SCD MALPICA
CD UNIÓN: Eloy Fungueiriño; Artur, Rafa, Santi, Andrés, Víctor, Cristian, (Álex, 59),
Breogán, Jacobo, (Rodrigo, 80), Abel, © (Sergio, 71), Ángel, (Palmiro, 59).
SCD
MALPICA: Pombo; Adrián, Manu Casal, Alemán, David Castro, Fernando Varela, Andrés,
©, (Mario Casal, 59), Cheo, (Eloy Cabeza, 75), Abel, (Neucha, 64), Juan Carlos,
Óscar Suárez, (Tato, 75) (Abraham, 86).
Árbitro: Sr. Martínez Barral.- (3ª División.-Santiago). Moi ben.
Asistentes: Sres. Piñeiro Rial e Garaboa Fdez..-(2ªAut.-Santiago).
Correctos.
Goleadores: 1-0, m. 11: saque de curruncho efectuado por Ángel, rexeita en curto a
defensa malpicán, o “coiro” chégalle aos dominios de Cristian, situado na media
lúa, este empalma un tiro moi forzado debido ao acoso dos defensores visitantes
moi encima da xogada, “o coiro” queda solto preto do punto de penalti, a
defensa quédase quieta ao ver un futbolista local que saía do fora de xogo,
crendo que o árbitro ía sinalalo, pero SANTI, chega de atrás e marca a bocaxarro. 1-1,
m. 22: libre indirecto, ao borde da área pequena local, por unha cesión ao
porteiro, o árbitro moi acertadamente, manda repetir a execución da mesma, por
moverse da barreira un futbolista local, Cheo, desta 2ª vez, toca en curto
sobre MANU CASAL, que empalma un tiro de zurda que bate a Eloy F.
Xogadas de perigo do CD
Unión: M. 5: primeira xogada de perigo a cargo do escurridizo dianteiro local, que nun
alarde de velocidade, deixa atrás á defensa malpicán, plántase ante Pombo, este
tapa moi ben a porta e obriga a que o tiro saia lambendo o poste. M. 24: un saque de falta efectuada por
Breogán á altura de medios, é rematada dentro da área pequena polo capitán
Abel, alto, por moi pouco. M. 48: de
novo Pombo, salva unha clara ocasión de gol, saíndo ata o borde da área aos pes
de Jacobo.
Comentario: Partido intenso o
celebrado na tarde de hoxe no “Municipal das Vilas”, entre dous equipos que
saíron ao ataque dende o primeiro minuto, sen claro dominador, aos ataques do
CD Unión, respondía o equipo da SCD Malpica atacando en tromba, non obstante,
as oportunidades durante todo o encontro foron escasas, debido ao orde e
colocación das defensas que se impuxeron as dianteiras na maior parte do
partido, e, cando estas creaban perigo, respondían os porteiros con notable
acerto.
En resumo, foi un partido moi disputado, xogado moi deportivamente cunha
arbitraxe perfecta, e na que os seareiros desfrutaron do a veces bo fútbol
realizado.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!
XI edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano–2ª volta) 17ª Xornada:
Resultado: ERBECEDO
1 –1 MALPICA
Árbitro: Sr.
Gerardo.- Aceptable
Comentario: Partido moi
disputado carente de bo fútbol, debido ao mal estado do terreo de xogo, moi
embarrado.
Mútiu, autor do gol dos veteranos do Malpica