1ª Autonómica Grupo II –2ª volta - Xornada 18ª :
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica)
Equipos : SCD
MALPICA – A POBRA CF
Data e hora : Domingo: 12-01-14, 16:00 horas.-
Árbitro : Sr. Rama Rama, Daniel.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes : Sres. Fernández Pintos e Platas Pintos.-(.-A Coruña).
Visita o vindeiro domingo a “Pedra Queimada” o conxunto de “A Pobra CF”, un rival que esta tempada non acaba de
atopar a súa posta a punto, pois esta a loitar polos postos baixos da táboa e
mira mais a cara zona de perigo ca parte alta. A Pobra CF, figura actualmente
no posto 12º, con 17 puntos a só un do descenso. Gañou 4 partidos, empatou 5 e
perdeu 8, marcou 29 goles e encaixou outros tantos.
Pola súa parte a SCD Malpica, despois da clara vitoria fronte ao Ponteceso
SD, esta a tres puntos da 3ª praza e, aínda que non poderá contar para este
partido con Ismael, sancionado por acumulación, conta con suficientes mimbres
para sacar un resultados positivo para ir restando puntos aos da cabeza.
A moral esta moi alta, pero esta non basta para quedarse cos tres puntos,
hai que loitar para conseguilos e parece ser que atrás xa quedou o pequeno bache
polo que transcorreu nas xornadas 13º 14º e 15º.
Resultado da primeira
volta:
08-09-13: A POBRA CF 2 – 2 SCD MALPICA (Goles: 1-0, m. 9: Saviola.1-1, m. 11: Juan Carlos.1-2, m.45: Óscar S. 2-2,
m. 74: Toño).
1ª
Autonómica xuvenil -1ª Fase – 2ª volta - Xornada 19ª:
Campo : “O Pinguel” (Ponteceso)
Equipos : PONTECESO
SD - SCD MALPICA
Data e hora : Sábado: 11-01-14, 16:00
horas
Árbitro : Sr. Gesto Moral, Alejandro.- (.-A Coruña).
Partido clave é co teñen os xuvenís da SCD Malpica, o vindeiro sábado en
Ponteceso, pois caso de arrincar os tres puntos do “Pinguel”, bastaralle logo
unha vitoria nas tres últimas xornadas para alcanzar un dos tres primeiros
postos da táboa que da dereito a disputar a 2ª Fase da liga.
Por tal motivo é moi necesario saír a por todas nesta xornada, centrándose
dende o primeiro minuto para conseguir a vitoria, senón despois virán os
nervios e as presas. Para este encontro o “míster” Fernando Varela non poderá
contar con Mouri, sancionado por acumulación de tarxetas do primeiro ciclo.
Resultado da 1ª volta:
19-10-13: SCD MALPICA 5–1 PONTECESO SD (Goles: 1-0: Almeida. 2-0: Pitís.
3-0: Steven. 4-0: Pitís. 5-0: Eloy. 5-1: Ismail).
XI Edición da “Liga da Costa” de Fútbol Veterano – 2ª Volta - Xornada 16ª:
Campo : “Pedra Queimada” (Malpica)
Equipos : MALPICA - AT,
MILAGROSA
Data e hora : Domingo:
12-01-14, 11:00 horas
Árbitro : Sr. Javi.-
Resultado da primeira
volta:
AT. MILAGROSA 5 – 2
MALPICA.-
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!