Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

viernes, 3 de enero de 2014

Axenda de partidos da SCD Malpica, para esta fin de semana:



1ª Autonómica Grupo II –1ª volta - Xornada 17ª :
Campo             :           “Pedra Queimada”         (Malpica)                     
Equipos           :           SCD MALPICA – PONTECESO SD
Data e hora      :           Sábado: 04-01-14,  16:00 horas.-  
Árbitro             :          Sr. Acuña Piñeiro, Ángel.-(1ª Aut.-A Coruña).
Asistentes        :           Sres. Pérez Pol e Larrosa Pérez.-(.-A Coruña).
Adiántase ao sábado o partido de rivalidade ente a SCD Malpica e o Ponteceso SD, dous equipos que noutras tempadas disputaban partidos a cara de can pola nobre e deportiva rivalidade existentes entre ambas localidades, berce de magníficos futbolistas.
No que levamos desta tempada as situacións dos dous equipos é bastante diferente, pois mentres o conxunto malpicán figura situado nos postos altos da táboa (5º clasificado), os da vila do Pondal, ocupan o último posto, despois de dezaseis xornadas con, 2 partidos gañados, 4 empatados e 10 perdidos, contan con dezaseis goles a favor e encaixaron corenta e catro, suman tan só de momento 10 puntos.
De todos os xeitos, os pontecesáns, aínda non dixeron a última palabra nesta liga xa que contan cunha plantilla de futbolistas moi moza e, en calquera momento poden rexurdir, pois os rapaces con que contan estanse a acoplar estupendamente para iniciar a escalada, que por que non, pode comezar o vindeiro sábado en Malpica.
Ben farían os malpicáns saír a por todas dende o primeiro minuto e non menosprezar a este perigoso rival, xa que ademais da xuventude coa que conta nas súas filas, a rivalidade que existe entre as dúas localidades fai que o partido sexa tremendamente disputado, olvidándose, unha vez saltado ao terreo de xogo, a diferenza na táboa.  
Resultados da tempada pasada:
06-12-12:  PONTECESO SD   1 – 1   SCD MALPICA               (Goles: 1-0, m. 6, Brais. 1-1, m. Adrián).
10-03-13:  SCD MALPICA       2 – 2   PONTECESO SD           (Goles:                 0-1, Brais. 1-1, D. Blanco. 1-2, Toniño. 2-2: Jorge, p.p.).

1ª Autonómica xuvenil -1ª Fase – 2ª volta - Xornada 18ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”         (Malpica)         
Equipos           :           SCD MALPICA  -  SD CASTRIZ
Data e hora      :           Sábado: 04-01-14,  12:00 horas           
Árbitro :                       Sr. Vilariño Hidalgo, Alejandro.- (.-A Coruña).
Para non coincidir co partido dos afeccionados, o partido dos xuvenís, adiántase para as 12:00 horas do sábado, así, este día haberá dobre xornada na “Pedra Queimada”, coa visita do penúltimo clasificado a SD Castriz, conxunto debutante este ano na categoría e que, ata o momento, gañou 3 partidos, empatou 1 e perdeu 12, acredita 26 goles e recibiu 73, conta con 10 puntos.
Así as cousas, os malpicáns, co equipo xa ao completo, despois de cumprir sanción os castigados polo Comité, non debera ter problemas para sacar un resultado positivo coa fin de continuar nos postos que dan dereito a disputar a 2ª Fase da Liga Regular, pero ollo! que ninguén regala nada e, para gañar hai que suar a camiseta, sen olvidarse que xa na 1ª volta e, despois dun 0-3 favorable, acabamos pedindo a hora rematando cun 2-3.
Resultado da 1ª volta en Castriz:
12-10-13:   SD CASTRIZ   2–3  SCD MALPICA  (Goles: 0-1: Pitís. 0-2: Pitís. 0-3: Almeida. 1-3: Johny. 2-3: Johny).

O PUNDONOROSO FUTBOLISTA MALPICÁN ELOY VILAS, DEIXA A SCD MALPICA:

Despois dun breve paso pola SCD Malpica, o bravo futbolista malpicán, Eloy Vilas, causa baixa federativa para enrolarse no Cabana SD.
Eloy Vilas, tras formarse como futbolista na SCD Malpica, pasando por todas as categorías do clube dende a T. 99/00, 00/01, 02/03, 03/04, 05/06, 08/09, 09/10, 10/11, en total 8 tempadas sen contar esta última e nas que conseguiu 37 goles, foise a CD Baio, na que realizou dúas excelentes tempadas 11/12  e  /12/13, retornando ao equipo onde se formou como futbolista na T. 13/14.
Na actual campaña e, logo de comezar xogando como titular na 1ª xornada, tivo unha sanción inxusta de 4 partidos, que o apartaron do equipo titular, despois e, dado que os compañeiros que o supliron atravesaron unha boa racha de resultados o que encaramou ao equipo aos primeiros postos da táboa, resultoulle difícil volver a entrar de titular no conxunto, e iso puido ser a causa de querer cambiar de aires.
Os socios e seareiros da SCD Malpica, que o van votar en falta no centro do campo, pois é un todo terreo,deséxanlle unha feliz marcha e unha tempada chea de éxitos no seu novo equipo o Cabana SD, pero tamén, desexan un pronto regreso, pois aínda lle quedan moitos triunfos que disfrutar coa SCD MALPICA.
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!