1ª Autonómica Xuvenil – 1ª Fase – (2ª volta) 20ª xornada:
Resultado: SCD MALPICA 0 – 0
CD BAIO
SCD
MALPICA: Manuel; Jorge, Víctor Novo, Canario, © Steven, Mouri, (David 46), Eloy, Guille,
Pitís, Diego, Kevin, (Almeida, 68).
CD BAIO: Guille; Efe, Alberto, José Atº., David, Michi, Pedro, (Anxo, 62), Kevin, © Cristian
Pazos, (Xoel, 72), Oreiro, Estefan, (Alfonso, 85).
Árbitro: Sr. Borja Sánchez García.- (1ª Aut..- A Coruña). Boa actuación.
Goleadores: Non houbo goles.
Ambiente e incidencias: A entrada mais raquítica da tempada, con tan só 12 seareiros, 6 deles de
Baio. Tarde nubrada e fría con chuvia intermitente, 8º de temperatura. Non
houbo mancados. Foi expulsado por dobre amarela o local Diego, m. 80.
Xogadas perigosas do CD
Baio: M. 78: un centro
pola dereita do baiés Kevin, remátao a bocaxarro Estefan, salvando Manuel moi
ben colocado o gol. M. 89: un contraataque do Baio pola
esquerda culmínao Oreiro cun gran tiro raso ao primeiro pau, salvando Manuel a
saque de curruncho nunha boa parada.
Os malpicáns, que saíron bastante relaxados nos primeiros vinte minutos,
como se non lles fora nada no envite, espertaron algo entre os min. 21 e 45,
logrando combinar algunha xogada de mérito, pero tanto Kevin e Pitís, ambos por
dúas veces, non culminaron con acerto as súas claras ocasións.
Na segunda parte, o xogo estivo mais nivelado, aínda que os malpicáns
chegaban mais a portería defendida con moito acerto por un activo Guille, que
desbarataba unha e outra vez os tímidos
ataques dos futbolistas da SCD Malpica, que nos dos últimos partidos entraron
nunha dinámica negativa.
AGORA E
SEMPRE COA SCD MALPICA!